13/10/25

Parabéns, László!!!

Parabéns, László!!!
László Krasznahorkai, natural da pequena cidade de Gyula (surleste de Hungría), é o gañador do Premio Nobel de Literatura 2025. A Academia Sueca outorgou o galardón "pola súa obra convincente e visionaria que, no medio do terror apocalíptico, reafirma o poder da arte". O comité do Nobel sinalou que “é un grande escritor épico da tradición centroeuropea, que se estende desde Kafka ata Thomas Bernhard, e se caracteriza polo absurdo e o exceso grotesco”.

O país maxiar recibe este premio por segunda vez. En 2002 foi Imre Kertész quen gañou o Nobel de Literatura.

Lévate en préstamo os libros de László Krasznahorkai que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Parabéns, László!!!
Gratulálok!!!

Luns 13 de outubro: Presentación Tertulias Literarias nas Bibliotecas Municipais 2025-2026

Teatro As Torres. Santa Cruz.
Luns 13 de outubro ás 18:30 h.

Presentación da tempada 2024-2025. 

Coa presenza de Silvia Salgado (moderadora), Mª Xosé Santos Zas (Concelleira de Cultura) e persoal bibliotecario.

Hora do conto e Ler conta moito: 15 e 16 de outubro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 15 e 16 de outubro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 15 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “O magosto con Nano”
CONTACONTOS: Raquel Queizás

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 16 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Os libros da titiriteira”
CONTACONTOS: A xanela do Maxín

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.