3/3/23

Hora do conto: de 7 a 10 de marzo de 2023

Hora do conto: de 7 a 10 de marzo de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 7 de marzo, ás 18:30  Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
TÍTULO: “A biblioteca que viaxaba polo tempo”
CONTACONTOS: Olga Abad

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 8 de marzo, ás 18:30  Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
TÍTULO: “A viaxe de Maruxiña”
CONTACONTOS: Olga Abad

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 9 de marzo, ás 18:30 Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
TÍTULO: “Princesos e Principetas”
CONTACONTOS: Raquel Galavís

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 9 de marzo, ás 18:30  Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
TÍTULO: “Bravas”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 10 de marzo, ás 18:30  Celebramos o Día da Muller
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “A roda das tres donas”
CONTACONTOS: Charo Pita

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 10 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
TÍTULO: “O neno que non quería ser azul e a nena que non quería ser rosa”
CONTACONTOS: Proyecto Bululú 

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.


Recomendacións en Radioleiros: 3 marzo 2023

Cuberta de "Catro plumas de dinosauro" de Rosa Aneiros. Ilustrado por Xulia Pisón
Recomendacións en Radioleiros: 3 marzo 2023- Infantil (nenas-os de 8 a 10 anos): 
"Catro plumas de dinosauro" de Rosa Aneiros. Ilustrado por Xulia Pisón. En Xerais.
Dispoñible en Galicia Le
Xoel, un apaixonado dos dinosauros, vivirá unha auténtica aventura durante unha visita ás Fragas do Eume.  
 
Cuberta de "Diarios y cuadernos: 1941-1995" de Patricia Highsmith- Mozas-os e adultas-os: 
"Diarios y cuadernos: 1941-1995" de Patricia Highsmith. Editado en Anagrama.
Dispoñible en eBiblio
Pouco dada a conceder entrevistas, os diarios e cadernos atopados despois do seu falecemento ábrennos novos camiños para saber os pensamentos, vivencias e proxectos dunha das mellores escritoras do século XX. Desde os anos corenta na cidade de Nova Iorque, pasando por Texas até as últimas décadas en diversos lugares de Europa, esta obra amósanos unha autora sempre ao límite no plano vital e creativo.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


Actividades de promoción da lectura: 6 a 10 de marzo 2023

Actividades de promoción da lectura: 6 a 10 de marzo 2023

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 6 a 10 de marzo:
 
Luns 6 de marzo: 
- 10:30 alumnas-os de 1º de EP e 12:15 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós) .
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz. 
Martes 7 de marzo: 
- 10:30 e 12:15 alumnas-os de 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz. 
Xoves 9 de marzo: 
- 10:15 alumnas-os de 3º e ás 11:45 alumnas-os de 4º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Brinca vai: de aquí a acolá" con Paco Nogueiras. 
Venres 10 de marzo: 
- 10:15 alumnas-os de 1º e 11:30 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"A vella da botella" con Lía Magalia.
 
Xoves 9 de marzo: 
- 10:20 e 11:50: alumnas-os de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Espectáculo poético" con Yolanda Castaño.

 

1/3/23

Case que 3000 alumnos-as dos centros de ensino de Oleiros participarán nas actividades de fomento da lectura nas Bibliotecas Municipais

Un curso máis as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organizan a Programación de actividades de fomento da lectura dirixidas ao alumnado dos centros de ensino deste Concello, co obxectivo de fomentar a lectura, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos seus respectivos centros de ensino.
Levaranse a cabo na Biblioteca Central Rialeda (perillo), na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), no Teatro As Torres e na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros). 
 
Comezarase o 1 de marzo e realizaranse ata finais de maio. Serán 148 sesións e nelas participarán cerca de 3000 alumnas-os de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato, acompañados do seu profesorado.
No dossier presentado aos centros de ensino figuran 35 actividades diferentes, das que o profesorado de cada un dos centros de Oleiros seleccionou un total de 19, que son as que mellor se adaptan á súa programación escolar. En función da idade, do curso que estean realizando e da escolla de cada profesor ou profesora, o alumnado poderá visitar a Biblioteca Central Rialeda, recrearse con contacontos e a narración de historias, achegarse á mitoloxía e coñecer algo da construción da Torre de Hércules, divertirse con espectáculos musicais, gozar con pezas de teatro, deleitarse coa poesía, coñecer a produción literaria de autores-as como Rosalía de Castro, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Álvaro Cunqueiro, Julio Cortázar, Yolanda Castaño e Francisco Fernández del Riego, que é o escritor homenaxeado este ano con motivo do Día das Letras Galegas, etc.
 
Algunhas das actividades que se levarán a cabo son:
Contacontos como As aventuras de Mariña con Galeatro; A vella da botella con Lía Magalia; Avó e Contos no ar con Ramiro Neira; Pipo, o paxaro que non sabía voar con Trémola Teatro; Aprendendo a querer e Asociación de animais solidarios con Trinke Trinke.
Concertos como Contando números, cantando cores con Pablo Díaz; Brinca vai: de aquí a acolá con Paco Nogueiras e Pequena Ramona con Pakolas.  
Espectáculos poéticos coa escritora Yolanda Castaño.
Coñecer a vida e a obra da insigne autora Rosalía de Castro con A miña historia a cargo de Trémola Teatro.
Coñecer a obra de escritores-as como Álvaro Cunqueiro con Feirantes; de Fina Casalderrey e de Agustín Fernández Paz con Contos de aquí, ambas a cargo de Ramiro Neira.
Saber quen foi Ánxel Casal con Contos nosos a cargo de Ramiro Neira.
Coñecer o proceso creativo con Ilustrando en verso a cargo de Enrique López.
Descubrir un abano de obras pictóricas de todo o mundo con Aproximación á ilustración a cargo do ilustrador Óscar Villán.
Aproximarse á nova mitoloxía con Superheroes ou viaxar a través das viñetas en Viaxe en viñetas co ilustrador Miguel Cuba.
Achegarse á microficción con O bo, si breve... ou relacionar o humor e a linguaxe con Pártome e móndome... a cargo da poeta Isabel Andrés.
Aprender sobre a Torre de Hércules con Hércules e o xigante a cargo do arquitecto Enrique López.
Achegamento á vida e á obra de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano con motivo do Día das Letras Galegas con Unha viaxe vivida a cargo de Ramiro Neira.
 
Con todos estes actos pretendemos favorecer o acceso ao libro en condicións de igualdade para todos os cidadáns; promover a lectura; participar en procesos de creación e expresión oral e escrita; fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva e colaborar no proceso de desenvolver a imaxinación e a creatividade. Desde as bibliotecas municipais de Oleiros traballamos para conseguir novos e mellores lectores e lectoras que contribúan a crear unha sociedade máis culta, libre e solidaria.

Actividades de promoción da lectura: 1 a 3 de marzo 2023

Actividades de promoción da lectura: 1 a 3 de marzo 2023
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 1 a 3 de marzo:
 
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Venres 3 de marzo:
- 10:15: alumnas-os de 3º e 4º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Brinca vai: de aquí a acolá" con Paco Nogueiras.
 
Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 1 de marzo:
- 10:15: alumnas-os de 3º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Brinca vai: de aquí a acolá" con Paco Nogueiras.
Xoves 2 de marzo:
- 10:20: alumnas-os de 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Espectáculo poético" con Yolanda Castaño.
 
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Mércores 1 de marzo:
- 10:15: alumnas-os de 4º de EI e 11:30: alumnas-os de 5º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Xoves 2 de marzo:
- 10:15 e 11:30: alumnas-os de 6º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Venres 3 de marzo:
- 10:15 e 11:30: alumnas-os de 3º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.