4/12/15

Recomendacións en Radioleiros: 4 de decembro

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110977- Xuvenil:
 "O fío vermello", texto de An Alfaya. Ilustrado por Fran Bueno. En Xerais.
Carlo é un rapaz preocupado polo destino do seu irmán maior, Nicola, que se alista como soldado profesional e desaparece na guerra. Enfadado polos silencios familiares que o rodean, decide manifestarse trasladándose a vivir á terraza do seu edificio, exercendo a tarefa de astrónomo afeccionado que tanto lle gustaba ao seu irmán.

- Mozos-as e adultos-as:
"Voces de Chernóbil: crónica del futuro" de Svetlana Alexiévich, en Debolsillo.
A xornalista e escritora bielorrusa recoñecida co Premio Nobel de Literatura deste ano, recolle neste libro o testemuño das persoas afectadas polo desastre tecnolóxico máis grave do século XX, a explosión do reactor atómico na central de Chernóbil. Converténdose na voz dos verdadeiros protagonistas, como o monólogo desgarrador de Liusia, a xove esposa
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=119083 do bombeiro Vasia, que ve como o seu amor se vai desfacendo en anacos ao mesmo tempo que o corpo da súa parella.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/12/15

3 e 4 de decembro: Conmemoración-Homenaxe 30 anos da Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=124736&name=DLFE-23115.pdf

3 de decembro:

- 10,30 e 12 h.:  Máxicosons con Álvaro Muras, no que un músico e un mago promoven a lectura nunha posta en escena onde a maxia e a música se unen para facer unha aventura entre libros, cun formato orixinal, interactivo e divertido. 
Ás 10:30 h  para o alumnado de 5º e 6º de primaria e ás 12 h. para o alumnado de 3º e 4º de primaria do Colexio Isidro Parga Pondal. 

- Ás 20 horas:  
Actuación dun quinteto do Grupo de Gaitas Santaia

Intervencións de:
- Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros.
- Esther Garrido Pan, Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.
- Mª Luz Corral Uzal, Bibliotecaria municipal. 

Recital de poesías de Rosalía de Castro por mozas de Santaia.

Actuación do magnífico grupo musical Luar na Lubre

Aviso importante: debido a que o auditorio ten unha capacidade limitada é imprescindible recoller invitación na mencionada biblioteca.

Paralelamente realizarase unha exposición de fotografías antigas da parroquia de Liáns titulada Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes e unha mostra bibliográfica dos primeiros 75 libros da Biblioteca e o Centro de Documentación da Muller.

4 de decembro:

- 10,30 e 12 h.: Merenda con pan de millo con Migallas. Actuación baseada no libro-disco “Pan de millo” no que se combinan cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. 
Ás 10:30 h para o alumnado de 1º e 2º de primaria e ás 12 h para o alumnado de educación infantil (4 e 5 anos).

A Biblioteca Pública Municipal e o Centro de Documentación da Muller foron creados no ano 1985 polas persoas que formaban parte da Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz. Mercaron os libros que serían os fondos bibliográficos fundacionais, adquirindo un gran número de obras de temática relacionada coa muller. Posteriormente o Concello aumentou ese fondo inicial coa adquisición de máis exemplares e anualmente vaino ampliando e actualizando. Propuxéronlle ao equipo de Goberno municipal que levara o nome de Rosalía de Castro e que fose unha biblioteca destinada á muller. Tamén a dotaron de algúns mobles feitos polo carpinteiro do pobo. 

A decisión desta comisión de festas, formada na súa maioría por mulleres, e co apoio de todo o pobo que colaborou moitísimo coa comisión, foi exemplar para aqueles tempos, pois loitaron sempre por  achegar a cultura, as nosas tradicións e a nosa lingua aos seus veciños e veciñas. Fermoso e singular exemplo de respecto e amor ao pobo.

Tertulia literaria en Rialeda: 2 de decembro (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-23108.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El loro de Flaubert" de Julian Barnes.
Documentación
Obras de Julian Barnes nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "La fórmula preferida del profesor" de Yoko Ogawa.