A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) comeza 2017 cunha exposición de libros e películas titulada "Triángulos".
Esa forma xeométrica amosa tres vértices e tres lados que non sempre son iguais: como no amor. Complicadas ecuacións que non cadran, sumas que restan ou multiplican as relacións.
Ofrecemos 25 libros que falan de debilidades, traicións, sentimentos, paixón, ese motor que en ocasións manexa as almas e os corpos ao seu antollo. Proximamente terás á túa disposición unha escolma de películas que presentan historias con tres cantos e múltiples arestas.