17/4/21
Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) 16/04/2021
16/4/21
Hora do conto: 19 a 23 de abril 2021 #bibliotecasegura #culturasegura
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 19 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Aventuras no bosque”
Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 20 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “A volta ao mundo en menos dunha hora"
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 21 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Contamundos”
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 22 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Cousas de bruxas”
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 22 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Carmen Domech
TÍTULO: “Contos de libros contentos”
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 23 de abril
AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “En busca dos monstros"
AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.
Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 15/04/2021
Recomendacións en Radioleiros: 16 abril 2021
“Hay muchas clases de besos...
Tantos como colores tiene el amanecer.”
“A mí los que más me gustan
son los besos voladores...
¿Los conoces? Se dan de lejos...
A veces, vuelan impulsados por
la mano a su lugar o flotan
sobre una nube dejándose llevar.
Salen a montones... Como
cometas de colores jugando a ver
cuál toca primero el sol.”
O texto está acompañado polas delicadas ilustracións de Aldara Prado, nas que quere representar a diversidade do amor, reflectida na variedade de bicos.
Mª Inés Cuadrado nunha entrevista publicada en La Voz de Galicia di que «Los besos, como cualquier otro gesto, son capaces de transmitir lo más sutil de nosotros mismos». Para ela, os que destacan son os bicos voadores porque “Pensar que si doy algo de amor al universo alguien lo recibirá me parece importante”. E define esta obra como “una historia reparadora, que invita a seguir contando para crear mundos mejores».
- Mozas-os e adultas-os:
"Dos amigos" de Iván Turguénev. En Ediciones Invisibles.
Viazovnín, un terratenente culto, un home de mundo ao que a fortuna deixou de serlle favorable, volve á casa familiar e mantén unha amizade co veciño Krupitsyn, un ex-tenente de cabalería, non moi culto pero reflexivo . Ambos son moi diferentes entre si, tanto na idade, como na forma de vestir, na condición social ou na cultura que teñen. Os dous amigos deixan pasar os días falando de temas diversos, ata que Krupisyn aconsella a Viazovnín que se case e ofrécese para presentarlle algunhas candidatas.
Viazovnín acepta que Krupitsyn lle busque esposa. Visitan varias casas nas que hai algunha muller posible candidata. Isto sérvelle ao autor para ir mostrándonos a sociedade do momento (dentro desta clase social) e a súa forma de vida. Segundo van facendo estas visitas, cada un deles vai reflexionando sobre o que ven e os distintos acontecementos.
Unha obra moi agradable de ler, que a editorial incluíu na colección “Pequeños placeres”, un título que lle vai moi ben, porque é un pracer lela. Nela podemos apreciar algúns dos arquetipos de Turguénev: o mozo de clase alta ocioso e o home da terra humilde, fronte á muller rica e prepotente, con tanta cultura como arrogancia, baseada na figura da súa propia nai que o marcou negativamente.
Diversos estudos destacan as referencias e paralelismos desta novela con Eugene Oneguin de Puskhin e o propio autor a cita e refírese a ela en varias frases da obra.
Un bo libro, escrito cunha boa prosa, que nos transporta á época narrada e cuns personaxes moi ben definidos.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
14/4/21
Abril Mes do Libro: recomendacións para mozas/os e adultas/os
23 de abril: Día Internacional do Libro
Celebra o día compartindo estas suxestións que che ofrecemos: novelas, obras de banda deseñada, biografías, obras de divulgación e outros xéneros. 64 obras de recente adquisición distribuídas nas sete bibliotecas municipais.
Sen dúbida, un bo plan. Esperamos a túa visita!
Abril Mes do Libro: recomendacións para público infantil e xuvenil
Abril, Mes do Libro. Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Para tomar un respiro dixital e encher a túa mente coa fascinación da lectura pausada ou da palabra escoitada, presentámosche esta selección de títulos recén adquiridos nas Bibliotecas Municipais.
12/4/21
Hora do conto: 14 a 16 de abril 2021 #bibliotecasegura #culturasegura
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 14 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “As bruxas de abril”
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 15 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “O neno que se comía todos os contos”
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 16 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Carmen Domech
TÍTULO: “Contos de libros contentos"
AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.
Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 14 abril 2021 (Grupo B)
Comentario de El Aleph, de Jorge Luis Borges
Documentación
Seguinte lectura: Tierra de Campos, de David Trueba
Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: 13 abril 2021 (Grupo A)
Comentario de Un amor, de Alejandro Palomas
Documentación
Seguinte lectura: La vegetariana, de Han Kang