19/5/17

Boletín de novidades 18 maio 2017

https://drive.google.com/open?id=0B95bhc9HVVwOVVBwZ3hMd0tiU2c

Recomendacións en Radioleiros: 19 maio 2017

https://soundcloud.com/bibloleiros/19052017-recomendacions-en-radioleiros
 https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=gali%C3%B1a+azul&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):
"A galiña azul" de Carlos Casares. Editado por Galaxia.
 

A galiña de Leoncio ten unha cor diferente e canta doutro xeito por iso o alcalde, Manolito Listón quere desfacerse dela. Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade, a formiga esquiadora... personaxes tenros e inesquecibles cos que Carlos Casares desliza a súa mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1210258 
- Mozas-os e adultas-os:
"Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro. En Galaxia.
 

Carla acaba de ser abandonada polo seu home. De súpeto dáse de fociños cunha nova situación e a crúa realidade dille que a súa vida xirou ao redor da valía profesional e persoal de Xabier, mentres ela asentía e calaba… É hora de que Carla escriba a súa propia historia.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 22 a 26 de maio 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello de 22 a 26 de maio:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 22 de maio:
- 10:20 h. - 3º e 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós)
"As laranxas máis laranxas", a cargo de Soledad Felloza.

Mércores 24 de maio:
- 10:20 h. - 3 anos do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Cacaracá", a cargo de Soledad Felloza.

 

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 23 de maio:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 3º A e B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 4º A e B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"As laranxas máis laranxas", a cargo de Soledad Felloza.

Mércores 24 de maio:
- 10:50 h. - 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Clío, a musa excéntrica", a cargo de Ramiro Neira.

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Xoves 25 de maio:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 1º A e B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 1º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"As laranxas máis laranxas", a cargo de Soledad Felloza.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros