10/9/21

Ler conta moito e actividades infantís: 13 a 17 de setembro 2021

Ler conta moito e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
 
Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 13 de setembro
AVISO: Suspéndese a actividade “A fada pirata" que ía levar a cabo o grupo Os Furabolos por razóns alleas ás Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 15 de setembro
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Paco Nogueiras
TÍTULO: “Radio Bulebule”

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 16 de setembro
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Tricotrí Teatro
TÍTULO: “Monstros de dez minutos”

Venres 17 de setembro 
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Pakolas
TÍTULO: “Rockeamos todas con Pakolas"

Venres 17 de setembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257
CONTACONTOS: Trécola Teatro
TÍTULO: “Sen medo"                                                        

AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

* O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 10 setembro 2021

- Infantil:

"Cancións para Ana Lúa"
de Xavier Seoane; ilustracións de Correa Corredoira. En Xerais.

Un canto poético á infancia de gran fermosura e musicalidade complementado co magnífico traballo plástico de Correa Corredoira.
 
- Mozas-os e adultas-os:

"El imperio del algodón: una historia global" de Sven Beckert. Editado por
Crítica.

Profesor de Historia na Universidade de Harvard, Beckert estuda con detalle a que foi a maior industria do mundo até o 1900. Cun papel sobranceiro no capitalismo dos últimos trescentos anos, este libro aporta datos da fabricación e comercialización deste produto omnipresente a día de hoxe.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


8/9/21

Libros para entender a situación da muller afgana

Desde a Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro (Santa Cruz) recomendamos unha serie de lecturas para nenas-os, mozas-os e adultas-os que abordan a conmovedora e dramática historia de nenas e mulleres que sofren a violencia de gobernos que varren cos seus dereitos fundamentais de educación, sanidade e liberdade.

Clica na imaxe para ver a selección de obras.

7/9/21

Ler conta moito e a Hora do conto, de setembro a decembro nas Bibliotecas Municipais

Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos a partir de 6 anos. Nos meses de setembro a decembro, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 56 sesións de diferentes actividades infantís para fomentar á lectura e animar a que visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Estas actividades realizaranse a través de narración ou dramatización dunha ou varias historias, pero tamén haberá música, maxia e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Todos os actos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e  a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía.

Aforo limitado: É imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización.

Ler conta Moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros, pero tamén se planificaron outras exclusivamente municipais para completar a programación destes meses.

Os obxectivos que se intentan conseguir son fomentar a lectura a través do pracer e o gusto por esta, que se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito e promover o descubrimento da diversidade dos libros. Preténdese introducir as nenas e os nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, para que vexan que tamén se divirten e pasan momentos agradables cos libros.

Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais ou acceder á programación detallada nesta ligazón.

Todas as sesións realizaranse presencialmente ás 18:30 horas na biblioteca correspondente, pero tamén poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/ e da Web municipal http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas  a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións dos venres serán a partir do luns) e durante 48 horas.

As nenas e nenos que non poidan asistir presencialmente animámolos a que as vexan no formato audiovisual e se divirtan con estes contacontos.

AVISOS
* Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, nas sesións presenciais será necesario notificar os datos persoais dos/as participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

* O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.