- Infantil (a partir de 4 anos):
Dentro deste libro viven dous crocodilos, de Claudia Souza, con ilustracións de Ionit Zilberman.
Verdemar.
Un libro para os máis cativos arredor dos medos e a inseguridade, todo con moito humor.
- Mocidade e persoas adultas:
La derrota de Occidente, de Emmanuel Todd.
Akal.
A guerra entre Rusia e Ucrania sérvelle a Todd para reflexionar sobre o acontecido nas últimas décadas e o futuro a medio e longo prazo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.