17/7/09

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 17 de xullo:




Infantil (de 10 a 12 anos):
"Circo Rigatoni" de Pinto & Chinto editado por Everest Galicia

Mozos-as e adultos-as: "Elegía para un americano" de Siri Hustvedt editado por Anagrama



Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/7/09

Felices aniversarios Sr. Darwin!!!

Porto Darwin nas Malvinas, Cidade Darwin en Australia, Illa Darwin nas Galápagos e Praza Charles Darwin en Perillo, no Concello de Oleiros, son algúns dos moitos lugares adicados ao científico inglés que este ano celebra dobre aniversario.
A Biblioteca Central Rialeda quere agasallar ao autor de "A orixe das especies" coa exposición bibliográfica PRAZA CHARLES DARWIN: expo conmemorativa do bicentenario do seu nacemento e dos 150 anos da teoría da evolución que se pode visitar no vestíbulo, cos recursos da nosa biblioteca e os paineis informativos elaborados polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas.