18/11/22

Hora do conto e Obradoiro para público infantil: 22 a 25 de novembro 2022

- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.

Martes 22 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 6 anos en adiante (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Rato canguro"
CONTACONTOS: Trinke Trinke Teatro

Mércores 23 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338) 
ESPECTÁCULO: “Os libros da titiriteira"
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

Xoves 24 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Contacontos con Pablo Díaz"
CONTACONTOS: Pablo Díaz
 
Xoves 24 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “Contos de trasnos e meigallos”
CONTACONTOS: Iván Davila
 
Venres 25 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Imos buscar un oso”
CONTACONTOS: Lía Magalia
 
Venres 25 de novembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507) 
OBRADOIRO: “Atrapa o morcego: obradoiro para tempos de outono”
MONITORADO: Dinamo
 
 
                                                       AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 23 novembro 2022 (Grupo B)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h.

Comentario de "O frío azul" de Ramón Caride
Coa colaboración da profesora xubilada de lingua e literatura galegas Rosa Gª Vilariño
Documentación

Seguinte lectura: "Un amor" de Sara Mesa

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 22 novembro 2022 (Grupo A)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro"

17:30 a 19 h.

Comentario de "El colibrí" de Sandro Veronesi
Documentación

Seguinte lectura: "El héroe discreto" de Mario Vargas Llosa

Recomendacións en Radioleiros: 18 novembro 2022

- Infantil (a partir de 6 anos):

Madeira e metal, de Laura Rey Pasandín, con ilustracións de Laura Romero
Baía

Aixa é unha nena de aldea que un día ten que marchar coa súa familia á cidade. Para combater a tristura que lle produce deixar o seu lar busca a ledicia a través da música.

Conto que nos achega ao sentimento tan noso e tan universal como é a morriña e a súa expresión a través da música.


- Mozas/os e adultas/os:

El peligro de estar cuerda, de Rosa Montero
Seix Barral

Versión dixital en eBiblio
Audiolibro en eBiblio

Neste libro, a cabalo entre o ensaio e a ficción, Rosa Montero indaga sobre os vínculos que unen xenialidade e loucura.
A autora comparte con nós a súa experiencia persoal, curiosidades asombrosas de como funciona a nosa mente e a vida de grandes creadores e creadoras que escandalizaron ao mundo.
O resultado é unha lectura que absorbe, partindo do proceso creativo para acabar explorando o  sentido último da vida.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/11/22

AVISO: O venres 18 de novembro 2022 a Biblioteca de Dorneda permanecerá pechada

A Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda permanecerá pechada ao público o venres 18 de novembro.

Pregamos desculpen as molestias

"As damas da escena", mostra bibliográfica na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) que conmemora o centenario do nacemento de María Casares

Nesta mostra recollénse as obras presentes de María Casares na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) e que abrangen a súa traxectoria, tanto vital como “dama da escena” aclamada no mundo enteiro.
O 21 de novembro de 1922, nacía na casa familiar da Rúa Panaderas da Coruña esta nena que tivo que saír exiliada a Francia con motivo da guerra fraticida que asolou o noso país.
Ademáis da obra relacionada directamente coa súa carreira dramática, recollemos tamén a obra doutras escritoras ou actrices españolas que fixeron da escena a súa vida, desde María de Zayas Sotomayor ata María Pujalte, actriz galega. Esta expo está dirixida ás-aos usuarias-os adultas-os que visiten a biblioteca durante o mes de novembro.

15/11/22

Charla “Reflexións sobre a enerxía” a cargo de Emilio Menéndez Pérez en Rialeda

Charla “Reflexións sobre a enerxía”.
Día: mércores 16 de novembro.
Hora: 20:00 h.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo), a cargo do enxeñeiro Emilio Menéndez Pérez.

O enxeñeiro Emilio Menéndez Pérez reflexionará sobre a enerxía desde un punto de vista histórico. Desde a situación actual de Galicia como exportadora de enerxía eléctrica, realizará unha revisión do sistema enerxético galego, principalmente nos séculos XX e XXI, tanto en esquemas de xeración como na participación de empresas, locais primeiro e logo de fóra, coa incidencia ambiental e social derivada do anterior. Emilio Menéndez Pérez é doutor Enxeñeiro de Minas. Foi Subdirector de I+D de Endesa e Profesor Honorario de Universidade.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo da sala.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 16 novembro 2022 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h.

Comentario de "Beleza vermella" de Arantza Portabales
Coa colaboración da profesora xubilada de lingua e literatura galegas Rosa Gª Vilariño
Documentación

Seguinte lectura: "Las lealtades" de Delphine de Vigan

14/11/22

Hora do conto e Obradoiros para público infantil: 16 a 18 de novembro 2022

- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 16 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Princesos e principetas”
CONTACONTOS: Raquel Galavís

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 17 de novembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Atrapa o morcego: obradoiro para tempos de outono”
MONITORADO: Dinamo

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 18 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Leo e os números”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Novidades dvd cine -xeral e adultas/os- en Rialeda (novembro 2022)

 Descarga a guía premendo na imaxe