4/4/14

7 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda

Obradoiro xuvenil de poesía a cargo da poeta Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda para alumnado do IES Neira Vilas.

- 9,40 h. - 4º ESO A e C
- 11,40 h. - 4ª ESO B

Consulta a dispoñibilidade das obras de Yolanda Castaño nas nosas bibliotecas.

Hora do conto: de 7 a 11 de abril

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 7 de abril
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: "O Airas e o paraugas máxico", "A miña veciña éche unha bruxa", "Onde está o nariz de Pinocho?"
 
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 8 de abril
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “O xoguete máxico”, “O meu mellor amigo”, “Chega o inverno”
 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 9 de abril
Para nenos-as de 1 a 4 anos:
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “Contos para bebés”
Para nenos-as de 5 a 10 anos:

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20Conto
CONTACONTOS: Pizpireta
TÍTULOS: “O Ratonciño Pérez”, “Frederick”, “A casa de cartón”
 
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 9 de abril
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “A casa dos gatos”, “Galiño Pelado”, “La maceta vacía”
 
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 10 de abril
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: “A princesa sabichona", "10 raniñas viaxeiras", “Choven chapeus!”
 
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 11 de abril
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “A bruxa regañadentes”, “Un pesadelo no meu armario”, “O neno que foi buscar o vento nordés”, “Cocorico”, “A granxa”
(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. A sesión para nenos-as de 1 a 4 anos se realizará ás 17:00, e as demáis ás 18:30)

Recomendacións en Radioleiros: 4 de abril

http://www.ipernity.com/doc/284673/31639001/in/album/594169
- Xuvenil (a partir de 12 anos):

A coroa de Napoleón: un misterio para Tintimán na Coruña, de Jaureguizar ; ilustracións de Matalobos.
Edicións Xerais. Colección Un misterio para Tintimán, 2

Entretida obra sobre a representación que se realiza anualmente na Coruña da Batalla de Elviña, encadrada dentro das Guerras Napoleónicas.

Tintimán é un estudante de instituto ao que lle morreu seu pai, que era un coñecido xornalista. A raíz
desto fai colaboracións para o xornal compostelán no que el traballaba, debido a que o director ten certo sentimento de culpa pola súa morte. 

Tintimán leva un tempo vivindo no piso que fóra de seu pai, polo que sempre anda acompañado do seu gato, o señor Grozni, que vai ter un papel importante na aventura.

O goberno francés cedeu a valiosa coroa de Napoleón para a conmemoración desta batalla, polo que é enviado á Coruña para cubrir esta celebración. A súa amiga Mónica conséguelle un disfrace para introducirse entre a xente que participa no acto, onde vai a coñecer a Sonia, unha fermosa moza que lle vai axudar provocando os celos de Mónica. Como non sabe moito deste acontecemento histórico solicita a axuda do seu padastro, que é profesor de historia no seu instituto e que tamén é o que lle xustifica as faltas a clase.

Durante os actos un misterioso cabaleiro vai roubar a coroa diante de todos e sen que ninguén interveña, porque moitos pensaron que formaba parte da programación. O xornal encarga a Tintimán que a recupere e escriba a historia...


- Para moz@s e adult@s:

Leonora, de Elena Poniatowska
Seix Barral. Premio Biblioteca Breve 2011

Unha novela baseada na vida de Leonora Carrington. Unha muller rebelde destinada a medrar entre a aristocracia como a rica herdeira dun magnate británico da industria téxtil. Cun carácter inquieto, desde pequena desafiou as convencións sociais, ata que marchou para dedicarse a pintar e ser unha muller libre.

Esta famosa pintora surrealista viviu unha historia de amor co tamén pintor surrealista Max Ernst. Coñeceu en París a Salvador Dalí, Joan Miró, André Breton ou Pablo Picasso.

Por Max Ernst padece un problema mental cando el foi enviado a un campo de concentración pola súa condición de xudeu, durante a II Guerra Mundial. A causa da guerra marchou de Francia para España e aquí, por ordes de seu pai, internárona nun centro psiquiátrico de Santander, do que escapou, trasladándose a Lisboa onde se refuxia na embaixada de México. De aí viaxa a Nova York e despois marcha para México onde puido continuar dedicándose á pintura e á escritura.

Esta  novela é como unha homenaxe de Poniatowska a súa amizade coa artista e está baseada en numerosas conversacións que mantivo con ela e no que leu, tanto escrito por ela como sobre ela.

Un excelente retrato desta muller diferente, mito e lenda do surrealismo, ao mesmo tempo que nos aproxima ás vangardas da primeira metade do século XX.

Elena Poniatowska é Premio Cervantes 2013.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/4/14

Ler para saber A CIENCIA: 4 de abril

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 4 de abril ás 18:30 h., para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.


Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

Teremos un charla de divulgación científica titulada "Matemáticas aplicadas á construción", a cargo de Isabel Martínez Lage, doutora enxeñeira de camiños, canais e portos, profesora de enxeñería da construción da Universidade da Coruña.


A obra de teatro Valados no Teatro Colón, a prezo reducido para socios-as de Bibloleiros

http://issuu.com/bibloleiros/docs/cartel_obra_valados
A obra de teatro Valados, inspirada na obra homónima do escritor Agustín Fernández Paz, é a historia de Helena e Xoel, da súa amizade, da súa vila, chea de vida. Un vento fantasmagórico róuballes a felicidade e o amor e convirte as fermosas diferenzas entre as persoas, en terribles prexuízos... 

Valados está interpretada pola actriz Estefanía Gómez e os actores Ramiro Neira e Xurxo Cortázar e está recomendada para nenos-as maiores de 8 anos.
O lugar de representación é o Teatro Colón da Coruña e as datas son:
- Domingo 6 de abril ás 18:00.
- Luns 7, martes 8, mércores 9 e xoves 10, ás 16:30.
O prezo é de 5 €. Presentando o carné de Bibloleiros, 3 €.

4 e 8 de abril: Trinke Trinke en As Torres. Santa Cruz

No Teatro "As Torres" de Santa Cruz.
Actividade dirixida ao alumnado de Educación Infantil do CEIP Luis Seoane.

- 4 de abril ás 10,20 h. - 5 anos A e B
- 4 de abril ás 12,00 h. - 4 anos A e B
- 8 de abril ás 10,20 h. - 3 anos A e B

A Compañía Trinke Trinke vai poñer en escena o espectáculo "O cole de lonxe de todo".

1/4/14

Tertulia literaria en Rialeda: 2 de abril (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Sauce ciego, mujer dormida" de Haruki Murakami.
Documentación
Obras de Haruki Murakami nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "El amor no es un verso libre" de Susana Fortes.

2 abril: inicio 3º trimestre da Tertulia Literaria en Rialeda (Grupo A)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-17843.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 3º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.
 


Datas:
- Abril: días 2 e 30
- Maio: días 14 e 28
- Xuño: día 11

 Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.

31/3/14

En abril, libros mil: propostas para o mes do libro e da lectura

Presentámosche unha serie de actividades para o mes do libro e da lectura. As sete bibliotecas municipais acollerán diversas propostas para todas as idades, tanto público en xeral como para o alumnado dos centros públicos do Concello. 

Da ciencia para tod@s de Ler para Saber ata o encontro literario co escritor Santiago Jaureguizar para falar da súa obra "A coroa de Napoleón". Tamén achegaráse o ilustrador Xosé Tomás para impartir novos obradoiros de banda deseñada e Yolanda Castaño iniciará a mozas e mozos á creación poética. 

Ademáis, exposicións temáticas e contacontos con Pedro Brandariz, Marisa Irimia e outr@s, recitais de poesía e dramatizacións literarias con Soledad Felloza xunto con espectáculos como "Abrapalabra" de Matapiollos Teatro e "Hip hop, poema pop" de Modestos Contos de Broadway, completarán o noso mes do libro e da lectura.

Aurora Marco no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
Aurora Marco é catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Faculdade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. As súas liñas de investigación preferente son Lingua, Literatura e Xénero. 


Ten publicado unha vintena de libros e máis de cen artigos en revistas especializadas e actas de congresos científicos. Na súa ampla bibliografía podemos destacar entre outros: Ramón Otero Pedrayo: teatro ignorado (1991), As precursoras (1993), Mulleres e educación en Galiza (2002), Dicionario de mulleres galegas: das orixes a 1975 (2007), Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011) e como editora, Teresa Alvajar López: memorias dunha republicana (2012).
 
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/
guerrilla antifranquista galega, Fausto, Margarida e aqueloutro, Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura (ed.), As silenciadas (dvd), Avilés de Taramancos, Dicionario de Mulleres Galegas.
Datos obtidos de Edicións Laiovento