12/3/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 12 de marzo:
- Adolescentes (a partir de 14 anos):
"Blanca oscuridad" de Geraldine Mc Caughrean editado por Alfaguara.
Impresionante e á vez dura historia sobre a Antártida.
Sym é unha adolescente moi imaxinativa, pero que está algo illada a causa dunha xordeira. Está obsesionada pola Antártida e especialmente polo seu querido Titus (que é o capitán Oates, un explorador da Antártida xunto a Scott).
A protagonista irá contando unha experiencia que a leva ata o Polo Sur.
Unha novela xuvenil na que Sym demostra a súa capacidade de supervivencia e superación.
- Mozos-as e adultos-as:
"Paraíso inhabitado" de Ana María Matute
en Destino.
Unha obra que recrea o paso da infancia á madurez. A protagonista, Adriana, vainos contando distintos sucesos acontecidos durante a súa infancia. Como as persoas máis próximas a ela eran dúas mulleres que traballaban na casa: a Tata María (unha muller maior que xa coidara a súa nai) e a cociñeira Isabel. Ambas dábanlle e demostrábanlle agarimo, líanlle (no caso da Tata) ou contábanlle contos, ocultaban as súas trastadas, etc; xunto coa súa tía Eduarda, transgresora e que representa a liberdade. Por outro lado estaba súa nai, unha fermosa, pero fría e distante muller moi preocupada polas aparencias e as intransixentes monxas do colexio onde estudaba.
Faise amiga de Gavi. Un neno que vive no mesmo edificio, que é coidado por Teo un home que se encarga de todo o da casa e da súa titoría.
Adriana e Gavi sofren a soidade polo que se refuxian en imaxinativos xogos, diferentes fantasías ou na lectura. Fronte a eles están “os Xigantes” que son os maiores.
Este libro reflexa a vida cotián dunha nena da burguesía española nos anos previos á Guerra Civil.
É unha fermosa e emotiva obra, que podemos chamar autobiografía novelada, na que mestura realidade e imaxinación, escrita coa mestría que caracteriza a Ana Mª Matute, que presenta a infancia como unha etapa delicada e marabillosa, pero, como dixo a propia autora “que marca para toda a vida”.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


11/3/10

LER PARA SABER: 12 de marzo


Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18,30
Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
"Algúns seres microscópicos curiosos"
Irene Rodríguez Chas e Alicia Santalla Santiso, alumnas do CEIP Valle-Inclán realizará unha introdución sobre "Os volcáns" previamente á charla a cargo de Concepción Herrero López, doutora en Bioloxía e Vicerreitora de Investigación da Universidade da Coruña.
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

Hora do conto na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós: venres 12 de marzo


Ola: espérote na Biblioteca "Ánxel Fole de Nós o venres 12 de marzo ás 18:30 para escoitar ao Rato Camifuco da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "Historias de ratiños: O baño, Nubes, Rato vello, A viaxe".

10/3/10

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 11 de marzo


Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 11 de marzo ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Soledad Felloza contará: “El jardín de Babai”, "¿Quién ha visto las tijeras?", "Cocodrilo se enamora", "El contador de historias". Para os-as maiores de 6 anos Ramiro Neira contará: "O león e os coellos” (conto de Marrocos), “O mono e as tartarugas” (conto de Filipinas).

9/3/10

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 10 de marzo


Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 10 de marzo ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto. Os títulos serán: "El jardín de Babai", "¿Quién ha visto las tijeras?", "Cocodrilo se enamora", "El contador de historias".

Hora do conto na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: martes 9 de marzo


Ola: espérote na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove o martes 9 de marzo ás 18:30 para escoitar a Fran Insua na hora do conto. Os títulos serán: "A verdadeira historia dos tres porquiños", "Había unha vez unha casa", "Madlenka".

Tertulia Literaria en Rialeda: 10 marzo 2010 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)

Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Los Buddenbrook" de Thomas Mann
Consulta e descarga a nosa documentación

Obras de Thomas Mann no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros

8/3/10

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 8 de marzo


Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 8 de marzo ás 18:30 para escoitar a Fran Insua na hora do conto. Os títulos serán: "O lobo que quería ser ovella", "O libro da avoa", "A merenda do señor verde"