O 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía, e con el queremos promover a lectura de obras de poesía e recoñecer o valor poético como símbolo da creatividade humana.
- Realización de exposicións bibliográficas con obras de poesía en todas as bibliotecas
Durante o mes de marzo, na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) a mostra bibliográfica titulada "Varios premios" con obras recoñecidas con importantes galardóns como “Feliz Idade” de Olga Novo, “Tempo fósil” de Pilar Pallarés, “Gloria” de Julio Martínez Mesanza, “Ficciones para una autobiografía” de Ángeles Mora, “Nueva York después de muerto” de Antonio Hernández, “Os ángulos da brasa” de Manuel Álvarez Torneiro, “Y todos estábamos vivos” de Olvido García Valdés. Todas recibiron o Premio Nacional de Poesía, pero tamén con outras do Premio de Poesía Johan Carballeira, Jaime Gil de Biedma, Hiperión, etc.
- Realización do video"Cantigas en grande" na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
A partir das estrofas lidas e comentadas nas sesións dos Club de Lectura en galego e recollidas no dosier “Lírica medieval galego-portuguesa”, realizado polas profesionais encargadas da Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz, Pepe Taboada, moderadora de ditas tertulias creou unha composición de cantigas a partir dos versos escollidos polas-os compoñentes dos dous grupos de lectura como homenaxe ás-aos xograres e conmemorar o Día da Poesía.
- Actividades para o público infantil
Todas as sesións infantís levaranse a cabo ás 18:30 h. e estarán dirixidas a nenas e a nenos a partir de 6 anos.
- 21 de marzo: "Versos comestibles" a cargo de Ana Carreira, na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).
- 23 de marzo: "Cantando os cantares" a cargo de Truque Matruque, na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Achegará a un público infantil unha das obras máis importantes da literatura galega "Cantares gallegos" da gran poeta Rosalía de Castro, a través dun concerto interactivo e cuns ritmos actuais. Marcos Acuña cantará varios dos poemas que figuran nesta magnífica obra.
- 24 de marzo: "Esconxuros de verbas" a cargo de Ramiro Neira, na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé).
Durante o mes de marzo: "O peixe, o verso. O mar, o poema" na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Verso a verso (peixe a peixe), faremos un mar de poemas. Escolleremos versos propios ou alleos que escribiremos dentro do animal mariño do noso gusto. Colorearémolos e expoñerémolos para facer un mar de versos.
- Actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino público
- 21 de marzo: "Ilustrando en verso" a cargo do ilustrador Enrique López, para alumnado de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
- 22 de marzo: "Contacontos en verso" a cargo da poeta Yolanda Castaño, para alumnado de 1º e 2º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
- Actividades para mocidade e público adulto
No Club de lectura da Biblioteca Central Rialeda (Perillo), grupo B:
Lectura de poesías de Darío Xohán Cabana, principalmente da súa obra Ábrelle a porta ao día, pero tamén de poemas, traducidos ao galego por este autor, das obras do "Cancioneiro" de Francesco Petrarca e da "Divina Comedia" de Dante Alighieri.

NON CANTAN OS PAXAROS
por onde nace a auga,
non se oia ningún canto.
Que se faga o silencio.
Que se faga o silencio,
que só se sinta a auga
como escoa e decorre.
Que se faga o silencio
mentras a fonte escoe,
mentras a auga corra.
Que se faga o silencio.
Darío Xohán Cabana