11/8/17
Recomendacións en Rialeda: 11 agosto 2017
- Infantil (nenas-os maiores de 4 anos):
"A mellor sopa do mundo" texto de Susanna Isern e ilustracións de Mar Ferrero. En OQO.
Nun lugar escondido do bosque a Tartaruga está a preparar a comida. Mentras tanto, fóra, os animais do bosque, vense sorprendidos por unha forte tormenta de neve polo que non teñen máis remedio que refuxiarse na casa da Tartaruga, no momento no que a auga para preparar a sopa está a ferver, así que a medida que os hóspedes entran, van ofrecendo novos ingredientes. No exterior, escurece e vai frío. Dentro da casa, o recendo da sopa vai enchendo a estancia.

- Mozas-os e adultas-os:
"El diagnóstico" de Edith Wharton. Editado por Rey Lear.
Paul Dorrance, o protagonista, é un solteiro acomodado, lixeiramente hipocondríaco, ao que os médicos acaban de certificarlle a súa boa saúde, momento no que decide deixar a Eleanor, a súa amante, para vivir unha vida libre de ataduras. Sen embargo á beira do teléfono atopa un informe médico que lle descobre a “verdade” sobre o fatal desenlace da súa enfermidade. A perspectiva cambia e Eleanor recibe unha proposición de matrimonio.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
9/8/17
A medida, películas de todas as tallas: XL, L, M, S
Despois das Lecturas a medida, lecturas de todas as tallas, eis as películas de todas as metraxes!
XL, películas que andan polos 180 minutos: Carlos, Cleopatra, Fanny & Alexander, Gigante, King Kong e Lo que el viento se llevó. Da L temos aquelas que van dos 150’ aos 170’: Amores perros, Baaría, Boyhood, Casino, Interstellar, Medianoche en el jardín del bien y del mal.

Ao redor dos 120 minutos pertencen as películas da talla M: El año de las luces, Con faldas y a lo loco, La juventud, Jane Eyre, El mismo amor la misma lluvia e Nuestra hermana pequeña. S, estas películas duran aproximadamente 90’: Las mujeres de verdad tienen curvas, Le week-end, Llévame a la luna, Mi semana con Marilyn, Molière en bicicleta, Un novio para mi mujer.
Probe e leve o que máis lle acaia!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)