19/6/15

Só para ti: guía de lectura para o verán 2015

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21794.pdf
Presentamosche a guía de lectura titulada  "Só para ti", formada por 125 recomendacións de libros, dvd e cd.

Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes idades, distintos gustos,  intereses e preferencias.  Os libros que se recomendan para nenos/as e adolescentes figuran clasificados por idades, para as que se consideran máis axeitados.

Nesta época en que hai máis tempo libre, na que nos deleitamos co sol e o mar, desexamos compartir libros, discos e películas que nos agradaron. Boas historias e bos libros para divertir e emocionar, reflexionar e aprender, mirar e observar, ver e escoitar.

Son 125 libros, DVD e CD que hai nas bibliotecas
municipais e que se poden levar en préstamo para as casas. Uns divirten, outros emocionan, fan pensar, provocan a reflexión ou aportan novos coñecementos.

Feliz verán e un cordial saúdo desde as bibliotecas municipais de Oleiros.

Recomendacións en Radioleiros: 19 de xuño

http://www.ipernity.com/doc/284673/38658760/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116820- Infantil (menores de 6 anos):
"Erik e o construtor de soños", texto de Kike Gómez e ilustracións de Dani Padrón, en Bululú.
Un neno coñece a Erik, construtor de soños, e vai con el para acompañalo no seu traballo. Fantasía e imaxinación neste relato que conta cunhas magníficas ilustracións e unha edición moi coidada, ideal para regalar. Este libro está recomendado na guía de verán "Só para ti".
Bululú e unha editorial coruñesa (2012) interesada especialmente no mundo da ilustración.

 
- Mozos-as e adultos-as:
"Nos vemos allá arriba" de Pierre Lemaitre, editado por Salamandra.
O remate da I Guerra Mundial e os anos posteriores visto a través de tres protagonistas que se reincorporan á vida cotiá. Un mundo que xa non é o seu afrontado de diversas maneiras dadas as novas circunstancias e as diferentes actitudes. Premio Goncourt para este paseohttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111836  pola Francia da época que mestura análise social, política e psicolóxica.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/6/15

Horario das túas bibliotecas durante xuño, xullo, agosto e setembro 2015

 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21770.pdf
Eis os horarios das bibliotecas para o verán 2015, (clica na imaxe e accede aos horarios de todas as bibliotecas durante os meses de xullo, agosto e setembro).

Recordámosvos que na Biblioteca Central Rialeda poderedes renovar os libros e outros materiais daquelas bibliotecas que estean pechadas. Iso si, deberás facer a devolución dos libros ou o material que teñas en préstamo na biblioteca onde o retiraches. Se a biblioteca correspondente está pechada, espera a que abra para facer a devolución.
 

Informávosmos tamén que a Biblioteca Central Rialeda en Perillo, a Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz, e a Biblioteca Mª José Trincado en Mera estarán abertas ao público durante o verán.

Podedes contactar connosco ou consultar calquera dúbida sobre o horario chámandonos á Biblioteca Central Rialeda, no teléfono 981 639511, envíandonos un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org, ou a través de CONTACTA BIBLIOTECAS.

Queremos desexar un feliz verán a todas as persoas que nos seguen a través do noso blog, da web do Concello de Oleiros, de twitter @bibloleiros e por suposto a todos-as os-as nosos-as lectores-as e usuarios-as!!!