29/7/16

Recomendacións en Radioleiros: 29 de xullo

http://www.ipernity.com/doc/284673/42655604/in/album/863040
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=pb%2Cwrdl&q=alfaguara&idx=au%2Cwrdl&q=ende&idx=ti&q=momo&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Infantil-xuvenil (10-12 anos):
"Momo" de Michael Ende, en Alfaguara.
Un conto clásico de Michael Ende no que narra a historia dunha nena orfa que vive nas ruínas dun anfiteatro, xusto nas aforas dunha cidade de Italia, sen nome. Momo posúe a extraordinaria habilidade de “saber escoitar”, polo que ten moitísimos amigos cos que convive felizmente. Pero esta atmosfera pracenteira remata coa chegada dos “Homes Grises”, uns estraños individuos que representan o Banco do tempo que farán que a xente se obsesione con aforrar tempo e deixen de facer todo aquilo que se considera unha perda de tempo: as artes, a imaxinación ou mesmo durmir. Momo será a súa maior ameaza, xa que a súa habilidade é un obstáculo para os plans dos Grises: Ela perde moitísimo tempo mentres escoita aos demáis. Unha auténtica metáfora da vida e unha crítica ao modelo racional que ten a sociedade de entender o tempo.
 
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=pepa+a+loba&idx=pb%2Cwrdl&q=xerais&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Mozos-as e adultos-as:
"Pepa a Loba" de Carlos G. Reigosa, editado por Xerais.
Aínda que xa con anterioridade, Carlos Reigosa tratou a figura de Pepa a Loba nunha reportaxe de investigación xornalística, nesta novela rescata a esta muller sen par que xa se empezaba a perder na nebulosa da tradición e nos ofrece unha novela de amor sobre un fondo de insólita violencia. A historia desta bandoleira galega que tanta sona acadou por terras galegas empeza cando é xulgada polo asasinato do seu home e condenada a cadea perpetua.
Tras fuxir do cárcere e saldar as contas pendentes co verdadeiro asasino, decide vivir, xunto co seu namorado á marxe da lei, desa lei que tan inxustamente a condenara.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.