15/10/21

Hora do conto e actividades infantís: 18 a 22 de outubro 2021

Hora do conto e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Luns 18 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
TÍTULO: “Contos do mundo: Irene no Sahara"

Martes 19 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Unha bruxa moi legal"

Mércores 20 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Animaliños"

Xoves 21 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Moc Moc-MeRe Clown
TÍTULO: “Os contos do avó: lendas e hisorias de Galicia"

Xoves 21 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos de outono"

Venres 22 de outubro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos de tres eran tres"
 
                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Ramiro Neira na Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 14/10/2021

Gravación do espectáculo "En branco" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 14 de outubro a cargo de Ramiro Neira
 
Podes vela (ata as 12:30 do 17/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeRamiro!

Recomendacións en Radioleiros: 15 outubro 2021

- Infantil (nenas-os a partir de 3 anos): 
"Na cola para a Arca", texto de Antonis Papatheodoulou e ilustracións de Iris Samartzi. Editado por Kalandraka.

Os protagonistas, unha parella de ratiños namorados que pasean pola fraga e observan unha ringleira de animais moi diferentes, a maioría en parellas, que falan dun suceso que vai ter lugar, no que xoga un papel importantísimo un tal Noé, que acaba de construír unha Arca. A situación vólvese máis desacougante cando comezan a caer as primeiras pingas… e alguén di que se achega un gran dioivo. 

- Mozas-os e adultas-os:
"Seda" de Alessandro Baricco. En Anagrama.

Unha viaxe a través dos sentidos, das emocións, con encontros e suxestións que transforman ao protagonista. Este, Hervé Joncour é un tranquilo comprador e vendedor de vermes de seda que percorre o mundo na procura de remesas sen contaminar. Está casado con Hélène e vive en Lavillededieu, un pobo fránces adicado case por completo á manufactura da seda. Cando a materia prima comeza a escasear, viaxar ata o misterioso Xapón, é a única solución...

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.  

Iván Davila en Ler conta moito na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) 14/10/2021

Gravación do espectáculo "Contos na lareira" que puidemos ver na sesión de Ler conta moito na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) o 14 de outubro a cargo de Iván Davila.
 
Podes vela (ata as 11:30 do 17/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeIvánDavila!

14/10/21

Lía Magalia na Hora do conto na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 13/10/2021

Gravación do espectáculo "Contos pola igualdade" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) o 13 de outubro a cargo de Lía Magalia.
 
Podes vela (ata as 13:30 do 16/10) clicando nesta ligazón:  QueroContosDeLíaMagalia!

11/10/21

1º trimestre nas Tertulias Literarias (Virtuais) de Rialeda

Biblioteca Central Rialeda. Perillo

Programación Grupo A:

- La herencia, de Vigdis Hjorth

    (29 de setembro a 20 de outubro)
- El fin de semana, de Bernhard Schlink
    (20 de outubro a 3 de novembro)
- O exército de fume, de Manuel Gago
    (3 a 17 de novembro)
- El héroe discreto, de Mario Vargas Llosa
    (17 de novembro a 1 de decembro)
- La hondonada, de Jhumpa Lahiri
    (1 a 15 de decembro)
- Sin muertos, de Alicia Giménez Bartlett
    (15 de decembro a 12 de xaneiro)

Programación Grupo B:

- Ébano, de Ryszard Kapuściński
    (29 de setembro a 13 de outubro)
- Una educación, de Tara Westover
    (13 a 27 de outubro)
- La tribuna, de Emilia Pardo Bazán
    (27 de outubro a 10 de novembro)
- Feliz idade, de Olga Novo
    (10 a 24 de novembro)
- A corazón abierto, de Elvira Lindo
    (24 de novembro a 22 de decembro)
- La lotería, de Shirley Jackson
    (22 de decembro a 19 de xaneiro)