26/8/16

Recomendacións en Radioleiros: 26 de agosto 2016

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1198244- Infantil (de 6 a 8 anos):
"A burra Ramona" de Paula Carballeira; con ilustracións de Xosé Tomás. Editado por Baía.
A burra Ramona era unha burra que xa estaba farta de traballar, comer e durmir, agora quería voar. Miraba ao ceo e preguntábase que se sentiría, como sería voar. Así que sentou e alí quedou, e o señor Xosé, o seu dono, como non tiña forma de facer que Ramona fora cara adiante nin cara atrás, decidiu ficar alí con ela. Pero Ramona sentara no medio do camiño por onde tiña que pasar a xente, así que ninguén podía pasar, nin a señora Baia que por alí paseaba, nin a familia Castro,  nin as bruxas que ían cara o mar. Así que todos decidiron ficar alí coa burra Ramona, ata que se aproximou un exército que facía tremer a terra, un exército co que viaxaba o mesmísimo rei e quería pasar polo camino. Pero Ramona non era unha burra normal, era unha burra que quería voar, así que…
Quen podería máis, o rei ou a burra Ramona???

 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=Nora+Webster&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Mozos-as e adultos-as:
"Nora Webster" de Colm Toíbín, en Lumen.
A novela está ambientada en Enniscorthy, unha cidade irlandesa de finais da década de 1960 e principios de 1970. Arranca pouco despois da morte, tras unha breve enfermidade, de Maurice, marido de Nora durante 21 anos. As súas dúas fillas maiores están estudando fóra, e Nora vive na súa casa cos seus dous fillos pequenos. Non ten aforros, a súa pensión é pequena e vive nunha cidade na que non abundan as novidades. Esa cidade coñece a vida de Nora e ese coñecemento oprímea, séntese exposta á compaixón e ás suposicións da xente. O seu home, un preciado mestre de escola, era o que tiña máis encanto dos dous. Descubriremos que ata a nai e as irmás de Nora prefirían a compañía de Maurice  antes que a dela.
Todo narrado coa prosa exquisita, elegante e pausada de Colm Toíbín.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/8/16

39'6 ºC: libros a temperatura de verán

  https://goo.gl/photos/vgTkMiocMgFukK9Y7
  https://goo.gl/photos/vgTkMiocMgFukK9Y739'6 ºC é a temperatura máxima absoluta rexistrada até agora n'A Coruña.
Foi un 28 agosto de 1961*.
 
39'6 ºC: libros a temperatura de verán é unha expo que podes ver no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda onde poderás atopar novelas con arrecendo canicular, fragrancia de praia e piscina, aroma de amores efémeros, perfume de viaxes inesquecibles. Agardamos que as altas temperaturas te acheguen á boa sombra da Rialeda e leves en préstamo algunha destas propostas estivais.
*(fonte: http://www.aemet.es)