Historia que é continuación do coñecido libro infantil “La ovejita que vino a cenar”
Anteriormente, a ovelliña “Estofado” e o lobo coñecéranse accidentalmente, agora xa son os mellores amigos, pero os animais do bosque non entenden esa amizade e sempre teñen medo de que o lobo se zampe a Estofado. Os dous amigos deciden compartir a súa amizade cos outros animais pero ninguén se fía do lobo. Entón este decide invitar aos seus outros amigos lobos: Zarpa, Gruñido e Mordisquiño. Unha auténtica horda intentará salvar a Estofado sin entender que as cousas non sempre suceden como as imaxinamos.
Amizade, valentía, diversidade, diferenzas, estereotipos e prexuízos son termos para tratar coas nosas crianzas tras a lectura desta historia.
- Mozas/os e adultas/os:
Corre o ano 1793, época do reinado de Gustavo IV en Suecia. Un corpo sen identificar ao que lle faltan as catro extremidades, os ollos, os dentes e a lingua, aparece flotando nun lago de Estocolmo. Ao cargo da investigación estarán Mikel Cardell, un veterano da guerra sueco-rusa de 1788 e Cecil Winge, un avogado ao que a tise estalle a dar unha pequena tregua.
Magníficos personaxes, vívidas e exhaustivas descricións. Un thriller histórico que analiza a psicoloxía dun crime atroz a través dunha parella de investigadores ao máis puro estilo de Tintín e o capitán Haddock.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.