24/11/23

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: 27 de novembro a 1 de decembro de 2023

Ler conta moito, Obradoiros e a Hora do conto: 27 de novembro a 1 de decembro de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Luns 27 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
TÍTULO: “Pipo, o paxaro que non sabía voar”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Martes 28 de novembro, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
TÍTULO: “Ollo, piollo”
CONTACONTOS: Chus Álvarez


Mércores 29 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Contos para cazar biosbardos”
CONTACONTOS: Charo Pita

Xoves 30 de novembro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “O conto de sempre contado ao revés”
CONTACONTOS: Fran Amil

Venres 1 de decembro, ás 18:30  
Para crianzas de 5 anos en adiante (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
TÍTULO: “Un Nadal cheo de contos”
CONTACONTOS: Tarabelos
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 24 novembro 2023

"As filloas de Manola" de R.J. Peralta, ilustrado por Blanca Millán
Recomendacións en Radioleiros: 24 novembro 2023- Infantil (crianzas a partir de 3 anos):
"As filloas de Manola" de R.J. Peralta, ilustrado por Blanca Millán. Editado por Galaxia.
Dispoñible en GaliciaLe
A avoa Manola ten ganas de cear filloas. Acende a lareira con carozos e piñas e prepara o amoado pero, cando leva unhas cantas feitas, empezan a chegar as visitas para pedirlle un pouquiño disto ou daquilo e todos aproveitan para comer unhas poucas filloas. Será quen a avoa de gozar da súa cea?
"Bailaréis sobre mi tumba" de Alba Carballal
- Mocidade e persoas adultas:
"Bailaréis sobre mi tumba" de Alba Carballal. En Seix Barral.
A historia comeza o día do afundimento do petroleiro grego Andros Patria, o 31 de  decembro de 1978, e remata en 2002, ano da catástrofe do Prestige. En "Bailaréis sobre mi tumba" as grandes catástrofes medioambientais cambian as vidas dos personaxes da novela cos que nos mergullaremos no ambiente do nacemento da conciencia ecoloxista, da movida viguesa e da ruta do Bakalao na Valencia dos anos noventa. Unha lectura aceda e crítica que percorre a historia recente de Galicia e parte da historia contracultural de todo o país.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.