16/2/18

Hora do conto e actividades infantís: 19 a 22 de febreiro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 19 de febreiro, ás 18:30 
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)      
CONTACONTOS: Rato Fuco de Trinke Trinke
TÍTULO: “Avós”

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 20 de febreiro, ás 17:30  
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)        
MONITORADO: Sonia Ojea
OBRADOIRO: “Obradoiro de encadernación (scrapbooking)”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 21 de febreiro, ás 17:30  
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)       
MONITORADO: Pedras: artesanía e patrimonio
OBRADOIRO: “As galiñas dos ovos de conto”
Xoves 22 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos 
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Plash!!!”

Actividades de promoción da lectura: de 19 a 23 de febreiro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello, de 19 a 23 de febreiro:
 

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Luns 19 de febreiro:
- 10:30 e 11:45: Alumnas-os de 1º de Primaria
do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Continentes", con Chus Álvarez.
Martes 20 de febreiro:
- 10:30: Alumnas-os de 4º de Infantil
do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Mans", con Pablísimo.
Mércores 21 de febreiro:
- 10:15 e 11:30: Alumnas-os de 2º de Primaria
do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Mans", con Pablísimo.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 20 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do
IES Miraflores (Oleiros)
"Las ingeniosas del hidalgo", a cargo de Soledad Felloza.
Mércores 21 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 2º de ESO do
IES María Casares (Santa Cruz)
"O corazón delator e outros contos", a cargo de Soledad Felloza.
- 11:30: Alumnas-os de 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"O corazón delator e outros contos", a cargo de Soledad Felloza.
Xoves 22 de febreiro:
- 10:35: Alumnas-os de 4º de ESO do
IES María Casares (Santa Cruz)
"Viaxe en viñetas", a cargo de Miguel Cuba.
Venres 23 de febreiro:
- 10:35: Alumnas-os de 4º de ESO do
IES María Casares (Santa Cruz)
"Viaxe en viñetas", a cargo de Miguel Cuba.

Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

Recomendacións en Radioleiros: 16 febreiro 2018

https://youtu.be/yKMiMdHujTQ
- Infantil-Xuvenil (de 8 a 10 anos):https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1245647
Muriel, de María Canosa
Xerais

Muriel narra a historia dun neno que bota de menos á súa avoa. Con ela facía cantidade de cousas que daban sentido á vida do rapaz pero un día deixou de estar con eles. Daquela, Muriel sentiuse como un náufrago… canto botaba de menos á avoa!!… con ela todo era sinxelo e todo era posible. Pero un día aparecen na súa vida uns personaxes máxicos que lle devolven a felicidade e as gañas de soñar.

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1205394El hermano del famoso Jack, de Barbara Trapido
Libros del Asteroide

Katherine, unha xoven británica que nos anos 70 comeza os estudos de Filosofía e Letras, acude a unha reunión co seu profesor de filosofía, Jacob Goldman ao que lle sorprendeu á singular interpretación que a rapaza fixera da lectura de "Emma" de Jane Austen. Neste encontro, a fascinación é mutua, xa que Katherine ve no profesor un referente masculino, un erudito de modais embrutecidos, un home que vive na campiña inglesa coa súa peculiar familia e coa que Katherine, por razóns fortuitas, empezará a relacionarse. 

Trapido constrúe unha historia fresca, con diálogos francamente inxeniosos e áxiles. Mantén ese equilibrio tan difícil entre dor e humor, gracias un humor dirixido á intelixencia do lector.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.