20/5/16

24 maio 2016: Conferencia de Mercedes Queixas sobre Manuel María en Santa Cruz

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-10-05-2016-2050064Teatro As Torres de Santa Cruz
Ás 10,50 h.
Dirixida a alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato

Mercedes Queixas, escritora e profesora de lingua e literatura galega no ensino secundario, explicará os aspectos biográficos máis significativos de Manuel María, o autor ao que este ano se lle dedicou o Día das letras Galegas, así como a importancia e características fundamentais da súa obra. 

No seu libro sobre Manuel María “Labrego con algo de poeta: biografía de Manuel María” publicado pola editorial Galaxia, a profesora segue o roteiro vital e literario do poeta destacando o seu amor aos próximos, á casa, á tribo chairega, á nación galega, ao pobo, á cultura, á literatura e á lingua galega, e explica como todo isto confluíu nunha espléndida obra literaria.

Actividade patrocinada pola editorial Galaxia.


24 maio 2016: "Babacontos con Manuel María" na Biblioteca de Oleiros

http://www.urdime.net/#!babacontos/c22mrBiblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros
Ás 18:30 h.
Actividade dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos

“Babacontos con Manuel María” a cargo de Larraitz
Unha actividade de narración oral na que contos e poesías de Manuel María forman parte do seu repertorio, dando a coñecer, aos nenos e nenas, algunhas das poesías de “Os soños na gaiola” e o conto “O bigote de Mimí”.

Actividade correspondente ao programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 23 maio 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.guardian.co.uk/culture/2009/jan/03/per-petterson-interviewNa Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "Salir a robar caballos" de Per Petterson.

A seguinte proposta consistirá na entrega de obras poéticas de Manuel María, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.

As Letras Galegas nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23929.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23929.pdfDentro do amplo programa que as Bibliotecas Municipais de Oleiros dedicarán ao Día das Letras Galegas, que este ano ten como protagonista ao ilustre escritor Manuel María e para conseguir os obxectivos de achegar a figura deste excelente autor, dar a coñecer os seus principais poemas, as súas obras máis destacadas, as súas características máis significativas e promover a lectura dos seus libros, levaranse a cabo en todas as bibliotecas municipais diversas actividades:


Actividades para público infantil (todas ás 18:30 h.):

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
- 5 maio: Atopando soños por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
- 9 maio: Poemas e contos musicados con Manuel María por Marisa Irimia (maiores de 5 anos)

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
- 11 maio: Quixera ser...soñador por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
- 12 maio: O carteiro en bicicleta: contos para homenaxear a Manuel María por Caxoto (maiores de 5 anos)

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
- 13 maio: A chave de abrir o mundo: contos para homenaxear as Letras Galegas por Soledad Felloza (maiores de 5 anos)

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
- 24 maio: Babacontos con Manuel María a cargo de Larraitz (maiores de 4 anos)
Actividade do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.


Mostras bibliográficas:

Tamén se organizará nas sete bibliotecas municipais a mostra bibliográfica titulada “Ronsel de Manuel María” formada por obras escritas polo autor e outras que falan del, tanto da súa produción literaria como da súa biografía, así como marcapáxinas conmemorativo, murais e encrucillados.

En tres bibliotecas (Biblioteca Central Rialeda, Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz e Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda) poderase ver a exposición de imaxes, fotografías e portadas de diferentes libros da súa autoría titulada “A esencia máis nosa: Manuel María e a súa obra en imaxes”.


Actividades para o alumnado dos Centros de Ensino Público: conferencias, concertos e recitais

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz (Teatro As Torres)
- 24 maio ás 10:50 h.: Conferencia divulgativa sobre a biografía e obra de Manuel María, a cargo da escritora e profesora Mercedes Queixas. Dirixida a alumnado de ESO e bacharelato.

- 6 e 13 maio ás 12:45 h.: Teatro de guiñol: concerto de Pirilampo musicando poemas de Manuel María. Dirixidos a alumnado de educación infantil e primaria.

- 18 de maio ás 10:15 h. e 11:30 h.; 25 maio ás 10:30 h. e 11:45 h.: Manuel María: o vento na palabra na voz da actriz Soledad Felloza. Poesías seleccionadas das obras Os soños na gaiola e Versos do lume e o vagalume de Manuel María. Dirixidos a alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º  de ensinanza primaria.






http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23927.pdf

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=36737&name=DLFE-23925.pdf


18/5/16

Hora do conto: 19 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24123.pdf
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 19 de maio, ás 18:30
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Mans"

 




                 

Tertulia literaria en Rialeda: 18 maio 2016 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-24001.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Un paraíso inalcanzable" de John Mortimer.
Documentación

A seguinte obra programada é "La puerta" de Magda Szabó.

Actividades de fomento da lectura: de 18 a 20 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122549&name=DLFE-23410.pdf
Programa de actividades de fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 16 a 20 de maio:

Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Mércores 18 de maio:
- 1ª sesión: 10:15 h. - 5º e 6º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 2º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Manuel María: o vento da palabra", a cargo de Soledad Felloza

Xoves 19 de maio:
- 1ª sesión: 10:20 h. - 4 anos do CEIP Luís Seoane (Mera)
- 2ª sesión: 11:50 h. - 2º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"O caracol namorado", a cargo de Trinke Trinke 

Venres 20 de maio:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 3 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:10 h. - 4 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Riciños de ouro", a cargo de Trinke Trinke 

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros