Queremos informar aos/ás nosos/as usuarios/as do calendario no que as bibliotecas municipais de Oleiros non abrirán ao público durante o Nadal 2015.
Aproveitamos para transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.
Biblioteca Central Rialeda: pechará os días 24, 26, 31 de decembro e 2 de xaneiro.
Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz: pechará os días 24, 26, 31 de decembro e 2 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros: pechará de 21 a 31 de decembro.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera: pechará os días 21 a 26, 31 de decembro e 2, 5 a 8 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda: pechará os días 24, 28 a 31 de decembro e 2, 4 a 8 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós: pechará de 24 a 31 de decembro e 4, 5 e 11 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé: pechará os días 24, 28 a 31 de decembro e do 4 a 8 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Federico García Lorca. Montrove: pechará os días 24, 28 a 31 de decembro e 4 a 7 de xaneiro.
Desculpen as molestias. Felices Festas!
22/12/15
Biblioteca de Santa Cruz 30 aniversario: mostra dos primeiros libros
Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Horario:
Foron mercados no ano 1985 polas persoas que formaban parte da Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz e forman parte dos libros que serían o fondo bibliográfico fundacional para a creación desta biblioteca.
Principalmente, tratan áreas temáticas referentes á muller: movementos feministas, políticas de igualdade, dereitos, traballo, saúde, psicoloxía, coeducación, arte, desenvolvemento, pacifismo, situacións de violencia contra as mulleres, biografías, etc.
Horario:
- Mañás: martes a venres, de 10 a 13 h.
- Tardes: luns a venres, de 16 a 20 h.

Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes (exposición fotográfica)
- Mañás: martes a venres, de 10 a 13 h.
- Tardes: luns a venres, de 16 a 20 h.
Invitamos a contemplar as fermosas fotografías antigas expostas na sala de actividades baixo o título Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes nas que se inclúen imaxes de veciñas e veciños, oficios, costumes, eventos, así como da espléndida paisaxe desta localidade.
Permanecerá aberta ata o día 22 de xaneiro.
18/12/15
“De libros e ilusións”: 260 recomendacións de libros, dvd e cd para o Nadal 2015
As Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboraron para este Nadal unha guía titulada "De libros e ilusións", formada por 260 recomendacións de libros, DVD e CD. Presentan esta selección cun dobre obxectivo: mostrar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visión e lembrar que un libro, un CD, ou un DVD son tamén un bo agasallo.
Esta escolla foi realizada por todo o persoal das bibliotecas, polo que nela poderán atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.
Son 260 libros, CDs e DVDs que temos nas bibliotecas e que poden levar en préstamo para as súas casas.
Os libros figuran clasificados por idades, para as que se considera que son máis axeitados. A idade para a que se recomenda cada obra é só de forma orientativa, xa que cada nena ou neno ten un grado de desenvolvemento mental que se debe respectar.

Animamos a todas as persoas que vaian facer algún regalo por estas datas de Nadal ou
Reis, a que obsequien aos seus seres queridos cun libro, ao mesmo tempo que lles lembramos da importancia da lectura na formación integral da persoa. A facultade lectora non é innata, vaise adquirindo pouco a pouco, por este motivo gustaríanos espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura dun bo libro.
Esta guía repartirase ao alumnado de ensinanza primaria dos centros de ensino público deste Concello, así como nas bibliotecas municipais.
Cos bos libros desta guía, desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade, que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións convertidas en realidade.
Recomendacións en Radioleiros: 18 de decembro
- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos):
"¿Cuando se irán estos?" de Ute Krause, en Juventud.
Os protagonistas son seis irmáns que teñen que afrontar unha situación nova, estraña e confusa: a do divorcio dos pais. Este desconcerto aínda se agrava máis cando un día chegan á casa do seu pai e alí vive máis xente, unha princesa coas súas princesiñas e princesiños. Utilizando todos os trucos posíbeis conseguen botar aos invasores, pero eles non contaban coa tristura do pai…

- Mozos-as e adultos-as:
"A vinganza do defunto" de Carlos G. Reigosa, editado por Xerais.
Nova aventura do detective Nirvardo Castro e o xornalista Carlos Conde que demostra que non se xubilaron e gozan de boa saúde. Ambientada entre 1938 e 1945 ten como fío condutor as investigacións para aclarar a morte de Eliseo Sandamil Bentraces, empresario galego, quen tras citalo na súa casa de Puerta de Hierro (Madrid) lle pide a Nivardo Castro que «investigue a súa morte cando se produza, non importa cando sexa nin en que condicións chegue. En calquera caso, vostede deberá indagala como se sospeitase que se trata dun asasinato». O comercio de volframio, a espionaxe de británicos e alemáns, a fuxida de xudeus cara a América polo porto de Vigo enchen a trama detectivesca.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
15/12/15
11/12/15
Contacontos de Nadal na Biblioteca de Santa Cruz: 17 de decembro
Este Nadal poderás gozar de dúas sesións de Contos de Nadal na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. Xoves 17 de decembro, a cargo de Soledad Felloza.
Haberá dúas sesións:
- Ás 18:00 h. sesión para nenas e nenos de 1 a 4 anos (para esta sesión o aforo está limitado a 30 participantes. É imprescindible reservar praza na Biblioteca de Santa Cruz ou chamando por teléfono ao 981 626 338 a partir do luns 14 de decembro ás 16:00 h.)
- Ás 18:30 h. sesión para nenas e nenos maiores de 4 anos.

Contos de Nadal para viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación e soñar cos momentos especiais destas festas tradicionais.
ESPERÁMOSTE!!
BO NADAL e FELICES FESTAS a todas/os!!
BO NADAL e FELICES FESTAS a todas/os!!
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
19:46
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Santa Cruz,
Hora do Conto,
Nadal 2015
Tertulia literaria en Rialeda: 16 de decembro (Grupo B)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "La fórmula preferida del profesor" de Yoko Ogawa.
Documentación
Obras de Yoko Ogawa nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "Canadá" de Richard Ford.
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "La fórmula preferida del profesor" de Yoko Ogawa.
Documentación
Obras de Yoko Ogawa nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "Canadá" de Richard Ford.
Tertulia literaria en Santa Cruz: 14 de decembro
Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro
Hora: 18 a 20 h.
Comentario da obra "Las viudas de los jueves" de Claudia Piñeiro.
Obras de Claudia Piñeiro nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "Festina lente" de Marcos Calveiro.
Recomendacións en Radioleiros: 11 de decembro
A fuxida, de Berta Dávila, ilustrado por Inma Doval
Biblos
Unha triste e fermosa historia protagonizada por Nadia, unha nena que -sempre abrazada ao seu osiño- non acaba de entender o motivo que impulsa a súa familia á fuxida. É a historia do que significan a familia e o fogar, o que máis queremos e o que nos fai sentir seguros de quen somos, converténdose na “negra sombra” que nos embarga cando un conflito bélico pon a nosas vidas e a das nosas familias en peligro.
- Mozos/as e adultos/as:

Las buenas intenciones, de Amity Gaige
Salamandra
En pleno divorcio Erik e Laura entablan unha desagradable loita pola custodia da filla de seis anos. O pai decide aproveitar o día de visitas coa nena para levala sen autorización a realizar unha excursión polos lagos de Vermont, feito que rematará con Erik na cárcere. Desde alí escríbelle unha longa carta á súa exparella intentando xustificar o seu comportamento. Según vai transcurrindo o relato atopámonos co autoretrato dun personaxe realmente fascinante e trastornado, o que converte a narración nunha novela de carácter psicolóxico.
Salamandra
En pleno divorcio Erik e Laura entablan unha desagradable loita pola custodia da filla de seis anos. O pai decide aproveitar o día de visitas coa nena para levala sen autorización a realizar unha excursión polos lagos de Vermont, feito que rematará con Erik na cárcere. Desde alí escríbelle unha longa carta á súa exparella intentando xustificar o seu comportamento. Según vai transcurrindo o relato atopámonos co autoretrato dun personaxe realmente fascinante e trastornado, o que converte a narración nunha novela de carácter psicolóxico.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
10/12/15
Xosé Neira Vilas: exposicións da súa obra en Bibloleiros
A Biblioteca Central Rialeda e a Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) adican senllas exposicións bibliográficas ao escritor galego Xosé Neira Vilas, falecido na súa casa de Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) aos 87 anos en plena actividade literaria e a piques de estrear a adaptación teatral da súa obra Querido Tomás, prevista para o próximo 8 de xaneiro en Santiago.
A súa morte pon fin á prolífica carreira literaria dunha das principais figuras das letras galegas, cuxa obra quedou eclipsada polo boom de vendas de Memorias dun neno labrego, unha novela social, de denuncia do caciquismo da época, editada en Arxentina en 1961, que se converteu no libro máis lido da literatura galega e que foi traducida a numerosos idiomas (español, portugués, inglés, francés, italiano, alemán, chinés, ruso e checo, entre outras) ademáis do esperanto e braille. O bestseller acadou o pasado mes de xullo a edición número 35, con 600.000 exemplares vendidos, coincidindo coa entrega da Medalla de Ouro de Galicia ao seu autor.
A actividade literaria de Neira Vilas foi parella ao seu activismo social. Fundador das Mocedades Galeguistas, emigrou en 1949 a Arxentina, onde se relacionou con ilustres galeguistas do momento como Dieste ou Seoane e casou coa tamén escritora Anisia Miranda, falecida en 2009.
Antes de trasladarse a Cuba, en 1961, fundou a editoral Follas Novas. O matrimonio regresou a Galicia en 1992 para gozar da xubilación na súa vila natal. Alí puxeron en marcha a Fundación Xosé Neira Vilas que se converteu en principal dinamizadora da comarca.
Foi membro numerario da Real Academia Galega (RAG), Doutor Honoris Causa polas universidades de A Coruña e de La Habana, Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). Tamén obtivo a Medalla Castelao e foi nomeado Fillo Predilecto do Concello de Viladecruces, entre outros recoñecementos.
A diáspora e a infancia no rural galego marcaron a súa obra. Neira Vilas deixa ao neno de aldea que non comprende o mundo dos adultos na memoria de numerosas xeracións de galegos. Atrapounos coa lectura da primeira liña de Memorias dun neno labrego:
“Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre”.
O Concello de Oleiros sempre lembrará as vivencias que desde o ano 1989 tivo ocasión de compartir e gozar con el e a súa compañeira, Anisia. O IESP situado en Perillo, leva o seu nome.
O Concello de Oleiros sempre lembrará as vivencias que desde o ano 1989 tivo ocasión de compartir e gozar con el e a súa compañeira, Anisia. O IESP situado en Perillo, leva o seu nome.
Fontes: texto, Cristina Huete (elpais.com); foto: Óscar Vázquez (www.lavozdegalicia.es)
DESTA TERRA
Auga, pedra, sol e vento,
aquí a ledicia é tanta
que todo rebule e canta
e o Ulla vaise contento.
Teño nesta terra asento
e un sentimento profundo,
un amor vivo e rotundo
polo val onde nacín,
levo a Gres dentro de min,
son deste anaco do mundo.
Auga, pedra, sol e vento,
aquí a ledicia é tanta
que todo rebule e canta
e o Ulla vaise contento.
Teño nesta terra asento
e un sentimento profundo,
un amor vivo e rotundo
polo val onde nacín,
levo a Gres dentro de min,
son deste anaco do mundo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)