9/10/15

Hora do conto e Ler conta moito: de 13 a 16 de outubro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-22713.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Para nenas-os de 3 a 10 anos
Martes 13 de outubro
CONTACONTOS: Trinke Trinke
TÍTULO: “A raíña de Turnedó”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 14 de outubro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
ACTIVIDADE: “Contos para bebés”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 15 de outubro
Para nenas-os de 10 a 12 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “O meu profe é un monstro”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 15 de outubro
Para nenas-os de 3 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
MONITORADO: Xandobela
ACTIVIDADE: “Pan e auga? Sopas!”

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
Venres 16 de outubro
CONTACONTOS: Leo Leíño
TÍTULO: “Maxia cómica”

Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/ da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 9 de outubro

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=77556- Infantil (maiores de 6 anos):
"El príncipe de los enredos", texto de Roberto Aliaga e ilustracións de Roger Olmos, en Edelvives.
Un texto poético, presentado dun xeito simple e cunhas ilustracións magníficas ás que o ilustrador dá un toque persoal tanto ao cruel e malvado corvo protagonista, enredador nato que con rumores malintencionados arrastra ao abismo como á outra protagonista do conto, a marabillosa aciñeira que vive placidamente no medio dun campo, ata que a ave se cruza no seu camiño e con trampas faise rei da paraxe.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"El olvido que seremos" de Héctor Abad Faciolince, editado por Seix Barral.
Un relato desgarrador sobre o asasinato da persoa que máis fixo en Colombia pola saúde
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=olvido+que+seremos&idx=ti
pública e os dereitos humanos, Héctor Abad Gómez, testemuña da violencia que nese país xerou o paramilitarismo. Narrado en primeira persoa polo escritor que perdeu así á persoa máis importante da súa vida, seu pai.
Ademáis de toda esta parte pública da súa vida, Héctor Abad Gómez era un pai amoroso, que educou aos seus fillos a base de apertas, de amor protector, de caricia permanente e tolerancia, interesante cando se dá no medio dunha sociedade atravesada pola violencia política, institucional e histórica. 

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/10/15

Xoves 8 de outubro: presentación da obra “Cadros dunha exposición” n'As Torres de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-22840.pdf
O xoves, 8 de outubro, ás 19 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, organizado polas Bibliotecas Municipais do Concello de  Oleiros e a editorial Kalandraka, realizarase a presentación do libro titulado “Cadros dunha exposición" e a lectura da adaptación da suite de Modest Mussorgsky.
Contarase coa intervención do autor do libro José Antonio Abad e o ilustrador Xosé Cobas, creador das ilustracións que acompañan ao texto.
 
José Antonio Abad é psicólogo e pedagogo, especialista
 http://www.kalandraka.com/ga/autores/detalle/ficha/abad/en proxectos educativos. Durante máis de dez anos foi director e psicólogo do centro de Educación Infantil Pino Montano de Sevilla e ao trasladarse a Galicia  dirixiu o Departamento de Divulgación da Música na Orquesta Sinfónica de Galicia. Organizou o Programa Municipal “Descubrir a música” do Concello de A Coruña, os “Domingos con música” do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa e levou a cabo diferentes concertos didácticos para as familias en varias cidades españolas. É autor de varios libros infantís como: "Hércules e Crunia", "As catro estacións", "O carnaval dos animais", "O oso fabuloso", "Timoteo", "El amigo fiel",  "El abuelo saxo", etc..  Actualmente goza da súa xubilación escribindo “contos con música” para nenas, nenos, mozas e mozos.
  
Xosé Cobas é pintor, deseñador gráfico e ilustrador. Expuxo por vez primeira en 1977, na cidade da Coruña. A partir de 1980 compaxinou a pintura co deseño gráfico e a ilustración, e desde 1988 centra a súa actividade de ilustrador na literatura infantil e xuvenil. Ten traballadohttp://www.xosecobas.es/ con autores de prestixio como os galegos Juan Farias, Xabier P. Docampo ou Fina Casalderrey (os tres contan co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Estado Español). Desde 1991 traballa como deseñador gráfico para a Deputación da Coruña.
Ao longo da súa traxectoria ilustrou máis dun cento de libros de diversos xéneros e recibiu varias distincións: Premio FETEN ao mellor libro de teatro ilustrado (2002), Gourmand World Cookbook Awards (Estocolmo, 2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en lingua española, Premio Isaac Díaz Pardo (2008) e Premio Xosé Neira Vilas (2014). Ademais, foi incluído en dúas ocasións na lista The White Ravens da Biblioteca Internacional de Munich.
No argumento do libro pasearemos con “Ocazul, unha gansa noviña que nun despiste abandona o grupo das súas compañeiras e entra no Museo Hermitage de San Petersburgo. Alí, ao ritmo da música de Mussorgsky (que tamén escoitaremos nesta presentación), contempla as pinturas de Hartmann. A súa curiosidade fai que os cadros alí expostos cobren vida coa súa presenza, deste  xeito temos nós o privilexio de gozar co percorrido polos salóns do Museo de San Petersburgo. Os cadros toman vida, facendo desta visita unha experiencia inesquecible, a medio camiño entre a realidade e a fantasía. Un libro-disco para espertar a curiosidade artística e a imaxinación”.
Esta presentación está dirixida a nais/pais e docentes sobre como desenvolver nos nenos e nenas o afecto pola audición musical.
Segundo as propias palabras do autor José Antonio Abad «Valorar a linguaxe universal da música: “oír-escoitar-entender”. Este é o esquema sobre o que se deben traballar as manifestacións sensoriais, afectivas e mentais do neno/a, tendo en conta, sobre todo, que é entre os 5-9 anos cando se produce o espertar da sensibilidade sensorial. Con este xeito de presentar “Cadros dunha exposición”, asociando conto e música, intento vencellar a nais/pais e docentes á actividade pedagóxica da escoita e desenvolver nos nenos/as o afecto pola audición musical».
Invitamos a todas as persoas que o desexen a asistir a esta presentación!!!

7 de outubro: Inicio da tempada na Tertulia Literaria en Rialeda (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-22833.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo B.


Programación:
- "El palacio azul de los ingenieros belgas" de Fulgencio Argüelles
- "La muerte de Iván Ilich" de Lev Tolstói
- "Morgana en Esmelle", de Begoña Caamaño
- "El loro de Flaubert" de Julian Barnes
- "La fórmula preferida del profesor" de Yoko Ogawa
- "Canadá" de Richard Ford

Datas:
- Outubro: días 7 e 21
- Novembro: días 4 e 18
- Decembro: días 2 e 16

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.

Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera.