21/3/15

A luz dos teus versos: celebramos o día da poesía en Bibloleiros!

 https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/ALuzDosTeusVersos21DeMarzoDiaDaPoesia2015EnBibloleiros?authuser=0&feat=directlink
O 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía. Na Biblioteca Central Rialeda queremos conmemorar esta data con versos "donados" polos-as nosos-as lectores-as.
Escríbenos ese verso que cega como un raio, un poema que ilumina, a rima que nunca palidece.
Acaso, existe luz máis potente que a que reflicte a poesía?
Imos proporcionarche unhas tarxetas nas que poderás escribir versos teus, prestados dos-das teus/túas autores/as favoritos/as; na lingua que ti escollas. Se dispós de tempo, preferímolos manuscritos, aceptarémolos igualmente feitos a ordenador. Eses singulares lóstregos poéticos decorarán a biblioteca e publicarémolos no blog. Escríbeos na propia Rialeda ou envíanolos a: biblioteca.rialeda@oleiros.org, asunto "A luz dos teus versos".



Celebración do Día da Poesía na Biblioteca Rosalía de Castro

http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=1027
Desde a Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro,  para conmemorar o Día da Poesía e relacionado tamén co Día da Muller que acabamos de celebrar,  queremos facer referencia a unha muller labrega e case analfabeta, que pode ser considerada como unha das primeiras “escritoras” galegas contemporáneas. Deixou escritos uns exquisitos versos que apenas se coñecen. Chamábase Nicolasa Añón Paz, naceu un 28 de febreiro de 1810 en Boel, aldea da parroquia de San Pedro de Outes, nunha acomodada familia de labregos, irmá maior do precursor do Rexurdimento Francisco Añón.

Sendo muller e labrega sabía escribir o seu nome e pouco máis, sen embargo “imaxina”, como ela mesma di, versos como quen non quere a cousa mentras debulla o millo ou coida as vacas. As súas poesías de carácter oral foron recollidas no ano 1885 nun manuscrito polo mestre Jacobo Lema Fernández de Olveira (Dumbría) onde tamén era párroco o fillo maior da poeta. Son poesías de tema relixioso, maiormente dedicadas á Virxe do Rial (venerada na freguesía de Santo Ourente de Entíns, no concello de Outes), que se plasma na totalidade das coplas en castelán e mais nun dos textos en lingua galega; o outro poema galego trata da primeira visita do rei Afonso XII a Santiago de Compostela.

Información extraída do Álbum de mulleres de www.culturagalega.org

16/3/15

Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino público: de 16 a 19 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
As Bibliotecas Municipais de Oleiros, na semana do 16 ao 19 de marzo, levarán a cabo as seguintes actividades de promoción da lectura dirixidas a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros:  
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, o día 17 de marzo, ás 10:15 horas, o contador de contos Caxoto relatará “Un conto de tres noites” baseada nunha adaptación da obra  do escritor Xabier P. Docampo. Dirixirase a alumnado de 4º de primaria do Colexio Luís Seoane de Mera.
 
Tamén na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, o día 18 de marzo, ás 10:15 e ás 12 horas, levaranse a cabo dúas sesións de contacontos: “Bailar nas nubes” a cargo da actriz Soledad Felloza, dirixidas a alumnado de 1º e 2º de primaria do Colexio Luís Seoane de Mera.

Tertulia literaria en Rialeda: 18 de marzo (Grupo A)


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21229.pdfhttps://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjJ74bFiVU9uezIuRjQn0BQF7HiDvEYIT3WvN9k5S-wvhoQDZY-cjoRmaM_Jy_X2CdGuHB0W-crj48iRXDu0u1Nb0RwO-dCVNnha43Jk20F517JE-VZMA76xK4-MBIajq4svmqz12FvFuc/s1600/logo+grupo+A_pq.JPGNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Las viudas de los jueves" de Claudia Piñeiro
Documentación
Obras de Claudia Piñeiro nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Las buenas personas" de Nir Baram.