7/3/14

Recomendacións en Radioleiros: 7 de marzo

http://www.ipernity.com/doc/284673/30931223/in/album/594169
- Infantil (a partir de 6 anos): 


Titiritesa é unha princesa que vive no reino de Trasantonte. A Titiritesa lle encanta montar a cabalo, máis a súa nai no quere que teña cabalos, senón que se comporte como unha princesa como deus manda e espere un príncipe con quen casar. Titiritesa atristurada decide irse das súas terras, e co burro Bufaldino ao que atopa no camino chega as terras do rei Godofredo que está vivindo unha gran traxedia : a súa filla Wendolina foi secuestrada por un monstro terrible Paposete Dumbocado, asi que Titiritesa e Bufaldino deciden ir en busca de Wendolina a quen conseguen librar do monstro, agasallandoo cun fermoso xersei azul e animándoo para que se faga vexetariano. No longo camino de volta as dúas princesas decátanse de que entre elas hai algo moi especial. 

- Moz@s e adult@s:


O título desta obra é parte dun soneto de Lope de Vega que non pode estar máis dacordo coa temática amorosa e histórica do texto, amar leva consigo moita felicidade pero tamén moitas desgrazas.

A primeira parte a obra está narrada por Berenguela, que desde o estrado da Santa Inquisición narra a historia de Bárbara e Diego, desde a oscura noite en que chegan os dous nenos ao hospicio onde traballa Berenguela ata trece anos despois que ela perdlles a pista. Na segunda parte a historia está narrada pola propia Bárbara que nos conta a historia que a levou ás mazmorras do Santo Oficio en Toledo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

6/3/14

Día da Muller nas Bibliotecas Municipais de Oleiros


Co obxectivo de conmemorar o Día da Muller as Bibliotecas Municipais de Oleiros desenvolverán un amplo programa de actividades.

Presentación do libro “La maternidad acompañada: una reflexión sobre la función de las doulas en el cuidado de las madres a cargo de Nuria Otero e Susana Prieto.
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz
Xoves, 13 de marzo, ás 19 h.
Xunto coa presentación do libro, falarase sobre o que son as doulas, unha figura incipiente no acompañamento á maternidade, cal é o seu papel, analizando e reflexionando sobre a súa realidade actual e as posibilidades de futuro.

Contacontos dirixida a nenas e nenos a partir de 3 anos, baixo o título “Contado en feminino: contos sobre a igualdade” por Ana Hermida, da Asociación Cultural Lisístrata.
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro en Santa Cruz
Mércores 19 de marzo, ás 18:30 h.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de dinamización á lectura denominado Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Concerto “Na língua que eu falo”, dedicado á figura de Rosalía de Castro, a cargo de Najla Shami, cantante galego-palestina.
Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Xoves 20 de marzo, ás 20 h.
Najla Shami é unha cantora e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, medrou entre Galicia e Kuwait. Estudou música moderna e educación musical afondando na técnica vocal e na súa pedagoxía, actividade que a levará a países coma Noruega, Estados Unidos, Xordania, Kuwait, India, Inglaterra, Portugal e España.
No disco Na lingua que eu falo afonda na obra da escritora Rosalía de Castro, cunha selección de dez temas que reúnen sete poemas da autora galega con música orixinal, dúas novas creacións e unha revisión do clásico Negra Sombra. Un traballo no que a compositora galego-palestina procura o diálogo entre as súas orixes e as súas referencias actuais. Cunha sonoridade influenciada por estilos como o jazz, funk, world music e a música galega, Najla Shami tráenos unha proposta con sons que percorren latitudes que van desde Galicia até o Brasil ou África.

Mes do Movemento para ler Libros escritos por Mulleres
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz
Durante todo o mes de marzo.
Nesta biblioteca hai unha sección especial de libros escritos por mulleres, pero durante todo este mes tamén se poderá atopar unha especial mostra bibliográfica con recomendacións de libros escritos por mulleres. A partir do 8 de marzo, dedicaremos un espazo do blog das bibliotecas municipais para falar da biografía e outras referencias de diferentes escritoras, así como das obras escritas por mulleres que se irán recomendando.

Rosalía é mundial (exposición bibliográfica)
Na Biblioteca Central RialedaUnha escolma da obra rosaliana dos fondos das bibliotecas municipais de Oleiros.

Contacontos "Príncipas e Princesos" con Pablísimo.

Na Biblioteca Central Rialeda en Perillo, na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros e na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz.
Durante todo o mes de marzo.
Divertidos relatos a favor da igualdade, espectáculos de narración oral interactivos con contos tradicionais e contemporáneos. Estas actividades están dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria dos centros de ensino público do Concello de Oleiros.

Contos contados con todas e todos, con Caxoto.
Teatro "As Torres" de Santa Cruz
7 de marzo, ás 10,20 h.
Para alumnado de 1º curso de ensinanza primaria do CEIP Luis Seoane de Mera.
Un contacontos no que se tratan os relatos desde un punto de vista non sexista, desmontando moitos mitos adquiridos e facendo reflexionar a todas as nenas e os nenos. As personaxes comprenden a importancia da igualdade de xénero, desempeñan roles non moi usuais ... e ensinan que todas e todos debemos ter as mesmas oportunidades.

Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda
O 5 de marzo ás 17,30 h. entregaranse ás/os participantes do grupo A os exemplares da obra “El tren pasa primero” da escritora Elena Poniatowska, galardoada co Premio Cervantes no ano 2013, libro que se se comentará o día 19. No grupo B, o día 12 comentarase a obra “La vida de las mujeres” da escritora Alice Munro, galardoada co Premio Nobel de Literatura no ano 2013.

Con todas estas actividades, organizadas desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros, deséxase conmemorar o Día da Muller e reivindicar a igualdade da muller co home na sociedade actual.

Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz

Na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz, celebramos no mes de marzo, coincidindo coa conmemoración do 8 de marzo (Día Internacional da Muller) como o Mes do Movemento para ler libros escritos por mulleres, que facemos extensiva, por suposto, a todo o ano 2014. Asimesmo adherímonos a #ReadWomen2014, da que podedes atopar información nesta páxina de internet.

Como xa sabedes, temos unha sección especial de libros escritos por e para mulleres, pero tamén, unha mostra bibliográfica onde recomendamos libros escritos por mulleres que non podes deixar de ler.

Durante este mes de marzo, desde a Biblioteca Rosalía de Castro aconsellámosvos que só leades libros escritos por mulleres, ou polo menos a maioría, tal e como se recolle no hashtag de twitter #ReadWomen2014.

Cada día a partir do 8 de marzo, dedicaremos unha sección deste blog para falar da biografía e outras referencias de diferentes escritoras, así como das obras escritas por mulleres que iremos recomendando e que se poden atopar no Sistema de Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Aproveitamos para deixarvos algúns comentarios, que non teñen desperdicio sobre o “mal” hábito que algunhas mulleres colleron a través da historia: o de ler, co cal volvéronse certamente perigosas, tal como recolle Stefan Bollman na súa obra Las mujeres que leen son peligrosas , na que rende unha homenaxe ás mulleres e confirma o poder que confire a lectura.

Consellos do humanista Juan Luis Vives para pais e maridos:
En 1523, o humanista español Juan Luis Vives aconsellaba a pais e maridos que non permitiran que a súas fillas e mulleres leran libremente. «Las mujeres no deben seguir su propio juicio», escribe, «dado que tienen tan POCO».

Motivos do pedagogo Karl G. Bauer para “non” ler, sobre todo ás mulleres,
“La falta total de movimiento corporal durante la lectura, unida a la diversidad tan violenta de ideas y de sensaciones”, según la afirmación hecha en 1791 por el pedagogo Karl G. Bauer, solo conduce a “la somnolencia, la obstrucción, la flatulencia y la oclusión de los intestinos con consecuencias bien conocidas sobre la salud sexual de ambos sexos, especialmente el femenino”.

E por último, no século XX, as lectoras solitarias e soas retratadas por Hooper nos seus cadros, 

“Las lectoras de Hopper no son peligrosas pero están en peligro, no tanto por su imaginación desbordante sino por la depresión. El mal del mundo moderno. Una incurable melancolía flota sobre la lectura y la lectora, como si el alegre caos engendrado por la fiebre lectora hubiera finalmente conducido a una apatía vertiginosa, la misma que expresan las mujeres lectoras de Hopper con esos impresos que hojean sin verdadero interés.”

7 de marzo: A favor da igualdade con Caxoto no teatro As Torres

Ás 10,20 h.
  
O contacontos Caxoto celebrará unha sesión titulada "A favor da igualdade: Contos contados con todas e todos", para alumnado dos grupos A e B de 1º de Primaria do CEIP Luis Seoane.

5/3/14

6 e 7 de marzo: Pablísimo en As Torres e na Biblioteca "Manuel María".

Actividade dirixida ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos Centros Públicos do Concello de Oleiros.
"Príncipas e Princesos": relatos a favor da Igualdade con Pablísimo.

Xoves 6 de marzo - Teatro "As Torres" de Santa Cruz.
- 10,20 h.- 2º Primaria A, B e C do CEIP Luis Seoane.
- 12,00 h. - Educación Infantil (3 anos) A e B do CEIP Luis Seoane.

Venres 7 de marzo - Biblioteca "Manuel María" de Oleiros.
- 10,15 h. - 2º Primaria A e B do CEIP A Rabadeira.
- 11,30 h. - 2º Primaria C do CEIP A Rabadeira.



Tertulia literaria en Rialeda: 5 de marzo (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El proyecto esposa" de Graeme Simsion
Documentación
Obras de Graeme Simsion nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "El tren pasa primero" de Elena Poniatowska.

3/3/14

De que te vas disfrazar?


Unha socia das bibliotecas enviounos esta fermosa fotografía da súa filla disfrazada de Max, o protagonista da obra Onde viven os monstros. Un disfrace orixinal e totalmente distinto. 

Como nos gustou tanto e nos autorizou a publicala neste blog, aproveitámola para invitar a todas as persoas que queiran disfrazarse a que veñan ás bibliotecas municipais a buscar ideas para os seus disfraces, onde poderán atopar infinidad de recursos: personaxes dos contos da literatura infantil e xuvenil,  personaxes doutras obras literarias levadas ao cine, libros de disfraces e manualidades, etc.

Como tampouco nos queremos esquecer da promoción da lectura (a nosa principal función) queremos  aproveitar esta imaxe para recomendar a lectura deste magnífico libro:

Onde viven os monstros escrito e ilustrado por Maurice Sendak
Excelente obra considerada, hoxe en día, un clásico da literatura infantil que nos presenta os temores, inseguridades e os desexos da infancia.

Max é un neno que se disfrazou de lobo e comezou a facer trasnadas pola casa adiante, polo que súa nai o mandou para a cama sen cear. Esa mesma noite, xurdiu na súa habitación un bosque e un océano cun barco para el só, no que marchou navegando ata chegar ao lugar onde viven os monstros...

Neste libro o autor preséntanos a un neno que fai trasnadas, con medos e inseguridades como todos os nenos e nenas, cunhas espléndidas ilustracións de Maurice Sendak, un autor referente da literatura infantil universal, galardoado co Premio Hans Christian Andersen de ilustración polo conxunto da súa obra en 1970 e o Premio Internacional de Literatura Infantil en Memoria de Astrid Lindgren en 2003.

Tamén dispoñible en español baixo o título Donde viven los monstruos publicado polas editoriais Alfaguara e Altea. Ademais temos a película.
 
Esta obra recibiu varios premios, entre os que destacamos a Medalla Caldecott, o Boston Globe-Horn Book Award

Recomendámola para nenas e nenos a partir de 6 anos.