Con todas estas actividades, organizadas desde as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, deséxase conmemorar o Día da Muller e reivindicar
a igualdade da muller co home na sociedade actual.
- Actividades da Hora do conto, dirixidas a nenas e a nenos, que promoven a igualdade entre a muller e o home ou de temática feminista:
Mércores 4 de marzo, para nenas-os a partir de 4 anos, Olga Abad con “A viaxe de Maruxa", na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
Xoves 5 de marzo, para nenas-os a partir de 4 anos, Anxo Fariña con “Dulcinea, a nena cabaleira", na Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
Venres 6 de marzo, para nenas-os de 1 a 3 anos, Charo Pita con "Eu nena, ti neno” , na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera.
Martes 10 de marzo, para nenas-os a partir de 3 anos, Trinke Trinke con "Aprendendo a querer", na Biblioteca Pública Municipal Manuel María. Oleiros.

- Nos Clubs de Lectura de Rialeda vanse ler e comentar libros escritos por mulleres con temas feministas como:
Grupo A: La flor púrpura de Chimamanda Ngozi Adichie (comentarase o 11 de marzo).
Grupo B: Madres e hijas. Relatos recompilados por Laura Freixas (comentarase o 18 de marzo).
- Nas actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino están programados actos con temática feminista ou pola igualdade da muller e o home, como por exemplo:
A favor da igualdade, a cargo de Caxoto. Na Biblioteca Rialeda, o 5 de marzo, ás 10 h. Dirixida a alumnado de 2º de primaria do Colexio Juana de Vega de Nós.
Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán, a cargo de Soledad Felloza. Na Biblioteca Rialeda, o 4 de marzo, ás 9:40 e ás 10: 50 (son dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores.
Emilia Pardo Bazán foi unha muller que, no século XIX, loitou pola igualdade da muller e o home, reivindicando o dereito das mulleres a acceder a todos os niveis da educación.
- Exposicións bibliográficas sobre a muller en todas as bibliotecas:
Biblioteca Central Rialeda, en Perillo: "Abrimos camiño: 25 novelas protagonizadas por mulleres, reais ou imaxinadas". Exposición dirixida a moz@s e adult@s, nas que a ficción literaria inspírase na vida e profesións de mulleres pioneiras como a pintora Leonora Carrington, a poeta Tahiri Quarratu'l-Ayn, a sobrevivente do Holocausto Liana Millu, a escritora Silvina Ocampo, a física e química Maria Salomea Skłodowska, a pintora e escritora Carmen Mondragón, a aviadora Beryl Markham, etc. para crear marabillosos relatos de mulleres singulares, auténticas mulleres-espello no que mirarse, excelsas mulleres-luz que alumean sendeiros hoxe transitables grazas a elas.
“Abrimos camiño: exposición de libros de científicas e artistas que cambiamos o mundo” dirixida a un público infantil e xuvenil. Con títulos como: “Supermujeres superinventoras: ideas brillantes que transformaron nuestra vida”, “Meiga nova, metade anxo, metade marisco: Pequena biografía de Maruja Mallo”, “Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo”, etc.

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz e na Biblioteca Pública Municipal Manuel María, en Oleiros: a exposición titulada “Só 15 mulleres Premio Nobel de Literatura”. Con obras de escritoras que recibiron o Premio Nobel, acompañadas dunha ficha de cada unha das autoras. Exporanse libros como por exemplo: Una bendición de Toni Morrison, O que ocorreu despois de que Nora abandonara o seu home ou os piares das sociedades de Elfriede Jelinek, ou La vida de las mujeres de Alice Munro, etc.
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso, en Dorneda: “Con nome de muller”. Formada por obras procedentes de diversos fondos (ensaio, novela, poesía, cine, cómic…) escritas, debuxadas, dirixidas, por mulleres e que falan sobre mulleres.
Haberá libros de autoras coma Alice Munro, Antía Yáñez, Emma Pedreira, Maria Reimóndez, Chimamanda Adichie, Montse Fajardo, Marta Sanz, Carme Adan, Jenny Nordberg, Diane English, Marjane Satrapi, Penelope Bagieu, Adela Turin, Asa Lind, Kathryn Bigelow, Helena Villar Janeiro, ou Claire Bretécher.
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado, en Mera: “Escritoras galegas de onte e de hoxe que tes que ler”. Escolma de obras dalgunhas das máis destacadas escritoras galegas de todos os tempos. Iniciamos un apaixonante percorrido que parte de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, ata chegar a Senlleiras de Antía Yañez, sen esquecernos de escritoras galegas tan importantes como Concepción Arenal, Francisca Herrera, Emilia Pardo Bazán e Sofía Casanova entre outras.
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole, en Nós: “Miscelánea sobre a muller”. Mostra na que se aborda a temática desde distintas perspectivas, pero sempre tendo presente o paulatino empoderamento da muller na nosa sociedade. Dar visibilidade á muller e á igualdade de xénero entre mulleres e homes. Avanzamos moito, pero aínda queda un longo camiño no que temos que participar activamente todas e todos. É unha miscelánea que intenta achegar o papel da muller de todo os xeitos posibles. Faranse dúas mostras: unha dirixida para público infantil e outra para adult@s .
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño, en Lorbé: “Esencia de muller: Mulleres esenciais na configuración do noso coñecemento”. Presentaranse obras que falen de científicas, literatas, políticas, etc. e outras escritas por elas.