15/3/14

Hora do conto: de 17 a 21 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 17 de marzo
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “O galo Quirico”, “Os tres desexos”, “Hansel e Gretel”, “O neno que foi buscar o vento nordés”, “Hora de cear”
 

Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 18 de marzo
CONTACONTOS: Avoa Violeta da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: “Unha praia particular”: “A mosca”, “O homiño da chuvia”, “Ola, ola, ola!”


Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 20 de marzo
CONTACONTOS: Marta Ríos
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/hora-do-conto-de-17-21-de-marzo.htmlTÍTULOS: “Mundos contados”: “Zogloboló”, “O longo inverno”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 21 de marzo
CONTACONTOS: Marta Ríos
TÍTULOS: “Mundos contados”: “Zogloboló”, “O longo inverno”

(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. As sesións celebraránse ás 18:30)

14/3/14

Recomendacións en Radioleiros: 14 de marzo

http://www.ipernity.com/doc/284673/31089049/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110546- Infantil:

"Los zancos rojos" escrita e ilustrada por Éric Puybaret, en Edelvives



Un magnífico álbum ilustrado, de gran formato, que nos fala da importancia da solidariedade e da colaboración entre as persoas.


Marespuma é unha cidade edificada sobre a auga. Os seus habitantes para camiñar sen mollarse utilizan zancos. Os que se desenvolven ben neles chegan á altura das farolas, os outros rozan a superficie da auga. De todos, destacan os zancos de Leopoldo, que foran tallados en madeira dun álamo vermello, a árbore máis alta e sólida do país. Grazas a eses zancos tan altos camiñaba sobre os tellados, por encima de todos os demais habitantes. A súa única amiga era unha pega pouco faladora, pero el era feliz así. 


Un día todos os habitantes estaban realizando os preparativos para a gran festa, que se celebraba unha vez ao ano, na noite máis longa do inverno, pero aconteceulles un problema...
Un libro moi ben editado, cunhas fermosas ilustracións e un texto excelente no que o autor nos fala da soidade, da necesidade da sociabilidade, de colaborar cos demais e de compartir.
Recomendámolo para todos os nenos e nenas a partir de 6 anos.


- Mozos/as e adultos/as:


"A lúa da colleita" de Anxos Sumai, editado por Galaxia.
XXV Premio García Barros de novela



Unha obra que trata sobre a identidade e a maneira de percibir a realidade de cada persoa.
Estamos en agosto de 1992, a historia transcorre nun apartamento dunha praia da Ría de
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109351
Arousa,  no que a protagonista, Nuria, unha muller duns 30 anos, decidiu (dunha maneira precipitada) pasar as vacacións para lembrar o tempo da súa primeira mocidade. Chega sen equipaxe, o que precise irao mercando. Estaba cansa de viaxar case cada semana de Madrid a Lisboa, de espertar uns días no pequeno piso madrileño e outros na pensión portuguesa. Necesitaba descansar, parar e pensar,  pero vaise atopar con revelacións que a farán sufrir,  con feitos que non lembra e con persoas que a recoñecen, dubidará de si mesma e reencontrarase co seu pasado.

É unha novela que ten ao lector en tensión, que causa desasosego de si o que está a acontecer é real ou non. A protagonista regresa a un lugar no que aconteceu algo, pero que ela non lembra e precisa saber se é verdade ou non.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Ler para saber A CIENCIA: 14 de marzo

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 14 de marzo ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral. 

Teremos un encontro científico con Francisco Armesto Ramón, biólogo e director técnico de proxectos dos Museos científicos coruñeses, titulado “Imos falar de ovos: a reproducción ovípara dos animais".

Traballa nos Museos científicos coruñeses desde o ano 1986. Participou na creación de numerosas exposicións científicas. Ganou o V Premio de Divulgación Científica Estudi General (1999) e é coautor de libros de divulgación científica como por exemplo: “L’enigma de l’esfinge” publicado na editorial Bromera, “Supervivencia o suicidio: hacia el futuro de la humanidad” en Alianza editorial ou “10 xpriments kn ¡¡¡pelos!!!” editado en Afortiori editorial. Escribiu máis de douscentos artigos de divulgación para diferentes medios. Membro da Real Sociedad Española de Historia Natural e da Asociación Española de Periodismo Científico.

Seleccionamos para ti libros e dvd para esta charla científica

Nota importante: durante a celebración da actividade interrumpiráse o servizo de ordenadores e internet do 2º andar da biblioteca. Pregamos desculpen as molestias.

Luisa Villalta no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
Luísa Villalta Gómez naceu n'A Coruña no ano 1957. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e alí licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-Portuguesa. Dedicou parte da súa vida profesional á docencia da Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario. Era tamén titulada superior en violín, ou violino (como ela lle chamaba sempre a este instrumento). Formou parte da Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela.
Foi unha escritora prolífica e versátil, autora de poesía, narrativa, ensaios, pezas dramáticas e textos xornalísticos en lingua galega. A súa escrita foi premiada varias veces: no certame de relatos curtos Modesto R. Figueirido (1990), por A taberna do holandés; co XIII Premio Espiral Maior (2004), polo seu poemario En concreto; postumamente, co Premio da Crítica Galega á Creación Literaria (2005) tamén por En concreto, etc.
A súa experiencia musical, sen dúbida, influíu na súa creación literaria. Diso deixou constancia no ensaio O outro lado da música, a poesía (1999) e en artigos como A Música e Nós (2002), Poética sobre un certo estado de conciencia (2002) ou A língua dos sons (2003), onde fala da relación entre a palabra e a música e da súa experiencia persoal nos momentos de creación.
Paralelamente á súa traxectoria como autora, desenvolveu unha intensa actividade cultural. Participou en seminarios, en recitais de poesía, deu conferencias e colaborou nunha chea de publicacións periódicas, como Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave, Página abierta, etc. En moitas destas colaboracións podemos percibir a personalidade de Luísa Villalta e a súa consciencia social, de modo particular nos artigos publicados entre os anos 2002 e 2004 en A Nosa Terra, compilados no Libro das colunas.
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/Formou parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, coordinou a área de revisión histórica e análise crítica da cultura no Foro da Cultura Galega, participou no Foro Negro, foi membro activo da Mesa pola Normalización Lingüística e comprometeuse en favor dos dereitos lingüísticos do pobo galego. Na súa obra tamén estivo presente a consciencia de ser muller, de vivir nunha sociedade onde os homes e as mulleres están marcados de maneira moi diferente polo feito de selo. A morte chegou para Luísa Villalta dun modo inesperado, o 6 de marzo de 2004. Tiña unha vida chea de ocupacións, proxectos e esperanzas.
Desde o momento da súa morte sucedéronse iniciativas que lembran o seu nome e o seu labor: desde o ano 2004 no I.E.S. Isaac Díaz Pardo de Sada (onde ela foi profesora) convócase anualmente o Certame Literario “Luísa Villalta”; igualmente desde 2004, no contexto da comunidade universitaria convócase o Premio “Luísa Villalta” a Iniciativas Normalizadoras, para a promoción do uso do galego nas tres universidades galegas.
Obras de Luisa Villalta en Bibloleiros que podes levar en préstamo:
"O Don Hamlet de Cunqueiro", "Música reservada", "Ruído", "Teoría de xogos", "As chaves do tempo", "En concreto", "O outro lado da música, a poesía: relación entre ambas artes na historia da literatura galega", "Libro das colunas".
Enlace ao documental:  "Luísa Villalta: paixón e compromiso", sobre a poeta galega e profesora do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, realizado por “Gallaecia Filmes”, produtora de audiovisuais do instituto:
http://youtu.be/-9VGSdsO-ww
Información tomada da web culturagalega.org

13/3/14

Susan Sontag no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/Susan Sontag (1933-2004) comezou a súa carreira literaria en 1963, coa publicación dunha novela "El benefactor". Posteriormente, a partir do recoñecemento internacional dos seus ensaios reunidos en "Contra la interpretación", consolidouse como unha das máximas figuras dos movementos intelectuais dos anos sesenta,  participando nos grandes problemas sociais e políticos contemporáneos.  Nas súas  publicacións, traducidas a máis de vinte idiomas, destacan a novela "El amante del volcán" (1995), "En América" (2002), pola que recibiu o National Book Award en 2000, o ensaio "Ante el dolor de los demás" (2003), e a recompilación de "Cuestión de énfasis", así como contos e  obras de teatro. No 2001 recibiu o Premio Xerusalén polo conxunto da súa obra e en 2003 o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio da Paz concedido polos libreiros alemáns. 
Obras de Susan Sontag que podes levar para casa:

A expo "23 álbums ilustrados para ti" viaxa á Biblioteca de Santa Cruz

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/23AlbumsIlustradosParaTiViaxaABibliotecaMunicipalRosaliaDeCastroSantaCruz?authuser=0&feat=directlink
"23 álbums ilustrados para ti: exposición dos mellores álbums ilustrados da editorial Juventud" que durante os pasados meses estivo na Biblioteca “María José Ruso” de Dorneda trasládase agora á  Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro” de Santa Cruz. Podes contemplar esta exposición de libros infantís que destacan polos seus textos e unhas fermosas ilustracións. Ao carón de cada libro, (que podes levar en préstamo para casa; consulta a dispoñibilidade clicando nos títulos que ofrecemos a continuación) está exposta a cuberta e un breve comentario sobre o mesmo. Estes son os títulos que conforman a exposición: "Otto, el oso de libro", "El perro y la liebre", "¿Quién es como yo?", "Veo, veo una cosa de color... azul", "Qué leen los animales antes de dormir", "¡No interrumpas, Kika!", "Manualidades ecológicas para niños", "Cola, papel y tijeras", "La señora de los libros", "Cuentos por teléfono", "Tres gallinas y un pavo real", "Adivina en qué país ...", "Los tres cerditos", "Mío, mi pequeño mío", "El gran viaje de Darwin", "El gran libro de las emociones", "Biblioburro", "Un paseo con el señor Gaudí", "¿Cuándo se irán estos?", "Cuenta animales", "Delante de mi casa", "El globo amarillo", "El libro que se sentía solo".

12/3/14

María Reimóndez no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
María Reimóndez Meilán naceu en Lugo.  É tradutora e intérprete de profesión. O seu primeiro libro publicado é o poemario "Moda Galega" (Edicións Positivas, 2002). No ano 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con "O caderno de bitácora" (Edicións Positivas 2004). En 2005 quedou finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con "Usha" (Edicións Xerais, 2006) e do Xerais con "O club da calceta" (Xerais 2006), obra galardoada co Premio San Clemente e que foi traducida ao italiano e ao castelán, adaptada ao teatro por Teatro do Morcego e ao cine por Ficción Producciones.

Tamén ten publicados seis libros infantís sobre as comarcas galegas en Editorial Everest. En época máis recente publicou para o público infantil "Lía e as zapatillas de deporte" (Xerais 2008), Premio Frei Martín Sarmiento 2010 e "O monstro das palabras" (Xerais 2009) e "Pirata" (Xerais 2009) para público adulto. Reimóndez ten tamén unha longa carreira como tradutora literaria, sobre todo de literatura infantil con máis de doce títulos traducidos, ademais do poemario "Teatriños" de Erín Moure e a obra teatral "Kvetch" levada a escena por Teatro do Morcego . En 2011 publica "Despois da medianoite" da autora támil Salma. En 2009 recibiu o premio Plácido Castro de tradución pola súa versión de "A historia de Mary Prince, unha escrava das Illas Occidentais". En 2012 verá a luz “En vías de extinción“ editado por Xerais.

En abril de 2013  sae do prelo o seu primeiro volume como ensaísta en colaboración con Olga Castro, o libro "Feminismos", no que fai un percorrido ameno e divulgativo sobre os feminismos no mundo, xa en 2010 publicou un capítulo sobre a violencia simbólica contra as escritoras por parte da crítica literaria en Galicia no volume "Violencias visibles, violencias invisibles" co Feminario de Investigación Feminismos e Resistencias. (Icaria 2010). 
Tamén en 2010 foi escritora convidada na Universidade de Bangor (Gales, Reino Unido) onde impartiu diferentes conferencias sobre tradución, escrita e literatura, ademais de facer unha lectura de "Pirata" en Londres. 
Por outra banda subliñar que María Reimóndez  leva dende o ano 1994 traballando no campo da cooperación ao desenvolvemento. Comezou o seu traballo como voluntaria en Karnataka (India) e máis adiante, en 1998 e tras adquirir contactos e experiencia de traballo con organizacións locais, fundou Implicadas no Desenvolvemento, que é unha organización que entende a pobreza como unha cuestión política na que se vinculan o neocolonialismo, o patriarcado e o capitalismo. María Reimóndez foi a súa presidenta ata hai pouco tempo, cargo ocupado actualmente por Ania Piñeiro, pero segue axudando como a persoa directamente encargada de colaborar na planificación e seguimento dos proxectos no Sur. Así, ten traballado na India, en Etiopía, etc.. Este traballo  está estreitamente vinculado co seu traballo de activista  feminista e poscolonial, algo  que a levou a impartir diferentes conferencias en eventos como o Mundos de Mulleres (Madrid 2008) ou na conferencia Transnational Feminisms (Frankfurt 2010), ademáis de impartir innumerables cursos e conferencias.
 

Dende o feminismo ten participado en numerosos proxectos tanto de teoría como de activismo, como o da reclamación da entrada das mulleres na Real Academia Galega a través da iniciativa “O Xogo das Cadeiras” ata o apoio á Asociación Nós Mesmas de mulleres bisexuais e lesbianas. Na defensa do galego une os seus esforzos aos da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística ou a iniciativa Sermos Galiza para poñer en marcha un medio de comunicación en galego.
 
O último traballo do que temos coñecemento é o de poñerse tras a cámara para dirixir un proxecto audiovisual con Luís Tosar e a poeta e cineasta támil Kutti Revathi,  un documental que narra as historias de dez mulleres tamiles e que se titula “Cambia de papel”, dicir que Tamil Nadu, é un pais do extremo sudeste da India cerca de Sri Lanka. E un novo libro, "Presente continuo" obra na que, ante todo e sobre todo, pode a mensaxe, a capacidade de subverter, de revolucionar en positivo o que as palabras agochan.
 

11/3/14

13 de marzo: Presentación do libro "La maternidad acompañada" en Santa Cruz

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz
Xoves 13 de marzo, ás 19 h.

Presentación do libro “La maternidad acompañada: una reflexión sobre la función de las doulas en el cuidado de las madres” a cargo de Nuria Otero e Susana Prieto Mori.

Xunto coa presentación do libro, falarase sobre o que son as doulas, unha figura incipiente no acompañamento á maternidade, cal é o seu papel, analizando e reflexionando sobre a súa realidade actual e as posibilidades de futuro.

Tertulia literaria en Rialeda: 12 de marzo (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Dos arquivos do trasno" de Rafael Dieste.
Documentación
Obras de Rafael Dieste nas nosas bibliotecas.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

A seguinte obra programada é "La vida de las mujeres" de Alice Munro

Rosa Aneiros no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, "Eu de maior quero ser" á que seguiron "Corazóns amolecidos en salitre" (2002), "Resistencia" (Xerais, 2003, Premio Arzobispo San Clemente, 2003), "O xardín da media lúa" (2004), "Veu visitarme o mar" (Xerais, 2004), "Ás de bolboreta" (Xerais 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro Xuvenil, 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2010, "Sol de Inverno" (Xerais, 2009 Premio Xerais de Novela 2009 e Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada adultos, 2009), "Ámote Leo A. Destino Xalundes" (Xerais, 2013) e "Ámote Leo A. Estación de tránsito" (Xerais, 2014).
Libros de Rosa Aneiros que podes atopar no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros:
"Resistencia", "Ámote Leo A.","Ao pé do abismo", "Os ourizos cachos e o gran río gris", "Sol de inverno", "Ás de bolboreta", "Veu visitarme o mar", "Corazóns amolecidos en salitre", "Eu de maior quero ser", "Narradio", "O xardín da media lúa", "Contos de colonias escolares, belas adormecidas, atentados e tiburóns", "De soños e memorias".

12 de marzo: Yolanda Castaño na Biblioteca Rosalía de Castro

http://www.yolandacastano.com/comezo.htm
Obradoiro infantil de poesía a cargo da poeta Yolanda Castaño na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz para alumnado do CEIP Luís Seoane.

Ás 10 h. para o alumnado de 6º Primaria A, e ás 11:45 para 6º Primaria B.  


Consulta a dispoñibilidade das obras de Yolanda Castaño nas nosas bibliotecas.

10/3/14

Adela Turin no Mes do "Movemento para ler libros escritos por mulleres" na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/Adela Turin (Italia, 1939) e o seu movemento “Dalla parte delle bambine” = “A favor das nenas”.
Pioneira na investigación da Literatura Infantil e Xuvenil dende unha perspectiva de xénero, Adela Turin leva máis de tres décadas traballando para erradicar as actitudes sexistas e discriminatorias dos libros dirixidos á infancia. Historiadora da arte e escritora, afincada en Francia, é unha das persoas que nos anos 60-70 acaso máis contribuíu á reflexión e á análise dos sesgos sexistas na literatura infantil. Formou parte, en Milán, do grupo Rivolta, vinculado ao movemento feminista. Co obxectivo de combatir a discriminación de xénero desde o ámbito da familia patriarcal, decidiu crear a colección “Dalla parte delle bambine” (“A favor das nenas”) que, entre 1975 e 1980, publicou máis dunha veintena de títulos. Non podemos esquecer a Nella Bosnia, ilustradora de moitos dos seus contos.

Máis tarde Adela Turin, trasládase a París onde, con Silvie Cromer,  funda a asociación “Du côte des filles”, creada en 1994, co obxectivo de establecer un programa para eliminar o sexismo no material educativo, promover representacións antisexistas na educación, producir e difundir ferramentas de sensibilización para as editoriais, as creadoras e creadores, os fabricantes de xogos e xoguetes, os usuarios e usuarias e os poderes públicos. Todos os libros escritos por Adela Turin nos 60-70 conservan a frescura e actualidade na defensa dunha educación máis igualitaria para nenas e nenos, mulleres e homes, en pleno século XXI.
Contos que podes atopar no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros:
"Artur e Clementina", "Arturo y Clementina", "A historia dos bonobos con lentes", "Historia de los bonobos con gafas", "Planeta Mary año 35: (2019 de la era cristiana)", "Los gigantes orejudos""Violeta querida: Minidrama de nuestros tiempos difíciles", "El jardinero astrólogo", "Rosa caramelo", "Una feliz catástrofe", "La herencia del hada ", "Cañones y manzanas", "La chaqueta remendada", "La mano de Milena", "Por una igualdad de sexos a través de la literatura infantil"
Ligazóns que visitar :
http://medull.webs.ull.es/actividades/conferencia_adela_turin/informacion.pdf
http://www.kalandraka.com/ga/autores/detalle/ficha/turin/
http://www.educacionenvalores.org/_Adela-Turin_.html
Vínculo a un fragmento do conto "Arturo y Clementina" :
http://issuu.com/kalandraka.com/docs/arturo-y-clementina_c/1?e=0

Hora do conto: de 10 a 14 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 10 de marzo
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULOS: “Contos para a igualdade”: "Anxeliños negros"
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 11 de marzo
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: "Pan sen sal", "O moucho aburrido"
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 12 de marzo
Para nenos-as de 1 a 4 anos (ás 17:00, imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338):
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Bebecontos”
Para nenos-as de 5 a 10 anos (ás 18:30):
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Nada é o que parece”: “Os fantasmas teñen medo”, “Bruto! “, “A cova escura “
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/hora-do-conto-de-10-14-de-marzo.html

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Mércores 12 de marzo
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: “Aventuras na cociña”: "O xarrón do fondo da auga", "A leiteira"
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 13 de marzo
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Érase dos veces Cenicienta”, “Tres pequeños sueños”, “Un lugar legendario, o misterioso, o fascinante...”
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 14 de marzo
CONTACONTOS: Caxoto Contacontos
TÍTULOS: “A figueira”, “A ratiña que quería durmir”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 14 de marzo
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULOS: "Contos de seres de lenda en Galicia"
(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. A sesión para nenos-as de 1 a 4 anos se realizará ás 17:00, e as demáis ás 18:30)

11 a 14 de marzo: Pablísimo con "Príncipas e Princesos" na Biblioteca Manuel María de Oleiros

http://www.pablisimo.es/
Actividade dirixida a alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP Rabadeira de Oleiros, a cargo de Pablísimo.
“Príncipas e Princesos” é unha divertida reflexión sobre a igualdade. Espectáculo de narración oral interactivo con contos tradicionais e contemporáneos contados con kamishibai, monicreques de variña e música.
Martes 11 de marzo:
- 10,15 h.- 3º Primaria A + B
- 11,30 h.- 3º Primaria C
Mércores 12 de marzo:
- 10,15 h. - Educación Infantil 3 anos A + C
- 11,30 h. - Educación Infantil 3 anos B
Xoves 13 de marzo:
- 10,15 h. - Educación Infantil 4 anos A + B
- 11,30 h. - Educación Infantil 3 anos C
Venres 14 de marzo:
- 10,15 h. - Educación Infantil 5 anos A + B
- 11,30 h. - Educación Infantil 5 anos C

11 de marzo: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Rialeda

http://www.trinketrinke.com/site/
A Biblioteca Central Rialeda terá o pracer de recibir a Lilí Gruyère, a máis grande artista de todos os tempos de Lonxedetodo: ven de regresar de París, cidade da luz e do amor. Despois de amosarnos algúns dos números artísticos cos que trunfou nos mellores cabarets e teatros, imos descubrir que Lilí......ven namorada!
A Compañía Trinke Trinke vai poñer en escena esta espectáculo titulado "Viaxe a París" o martes 11 de marzo para alumnos-as do CEIP Valle-Inclán de Perillo, en dúas sesións: ás 10:15 H 1º A + B de Primaria e ás 12:00 H, 1º C + 2º A de Primaria.