15/5/21

Letras Galegas 2021: Xela Arias, “Do xeito en que me sinto quen de amarte parte un vagalume”

Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003): Poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento.
Algunhas das súas obras foron: "Denuncia do equilibrio" (1986); "Tigres coma cabalos" (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil; "Darío a diario" (1996); "Intempériome" (2003).
Realizou numerosas traducións, labor pola que recibiu recoñecementos como: Medalha do Prêmio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro.
A súa voz poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra.

*13 de maio, ás 20 h., no Teatro As Torres  (Santa Cruz)
“Xela Arias: viaxe a unha mesma” a cargo da poeta Yolanda Castaño.
A poeta Yolanda Castaño contaranos a vida de Xela Arias e mostraranos como xa na infancia da escritora se albiscaban os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións, e non deixarse guiar por modelos de segunda man...
A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma.

En todas as bibliotecas:
*Exposicións e mostras bibliográficas, con libros escritos pola autora homenaxeada e outros sobre a súa biografía e a súa produción literaria, así como obras traducidas por ela.
*Encrucillados e xogos sobre Xela Arias para un público infantil.
*Contacontos para nenas/os maiores de 6 anos.

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
*Club de lectura virtual (Grupo A) sobre a obra Feliz idade de Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020.
*Club de lectura virtual (Grupo B) sobre a obra Amor de tango de Mª Xosé Queizán.

Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz (Santa Cruz):
*Marcapáxinas conmemorativo.
*Tríptico bibliográfico.
*Mural bibliográfico interactivo.
*Exposicións de libros de autores/as galegos/as.
*Club de lectura virtual (Grupo A) sobre a obra As rulas de Bakunin de Antón Riveiro Coello.
*Club de lectura virtual (Grupo B) sobre a obra Os vellos non deben de namorarse de Castelao.

Na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda):
*O recuncho de... Xela Arias”: carteis informativos con datos biográficos e bibliográficos da autora homenaxeada.

Na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros):
*Mural de Xela Arias con fragmentos da súa obra Darío a diario.

“Do xeito en que me sinto quen de amarte
parte un vagalume”

...
“Denuncia do equilibrio”


Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 19 maio 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Feliz idade, de Olga Novo
Coa colaboración da catedrática de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Última lectura: La impaciencia del corazón, de Stefan Zweig

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 18 maio 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao
Coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.
Documentación

Última lectura: Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout

Hora do conto: 18 a 21 de maio 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Contacontos para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 18 de maio
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “En busca dos monstros"

 

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 19 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Trasnadas”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 20 de maio
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “En busca dos monstros"

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 20 de maio
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Tigres e cabalos”

Venres 21 de maio 
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “A princesa rebelde e outros contos"                                                     

AVISO

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

14/5/21

Hora do conto na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) 14/05/2021

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 14 de maio, ás 18:30
AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
Podes velo (desde as 18:30 do 14/05 ata as 18:30 do 16/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeAna! 
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Eu non quero"  

Recomendacións en Radioleiros: 14 maio 2021

- Adolescentes (a partir de 12 anos):
"A pintora libertaria" de Pepe Carballude. Editado por Galaxia.
Unha interesante novela xuvenil que trata o tema da falsificación de obras de arte.
No concello de Vila do Pazo están restaurando a antiga escola, construída no ano 1906 pola emigración cubana, para convertela nun museo da emigración, idea do escritor Neira Vilas, e que o alcalde e os/as concelleiros/as consideraron acertada polo que decidiron levala a cabo. O edificio é de baixo e piso. Antigamente na planta baixa estaba a escola propiamente dita, e no 1º andar situábanse as vivendas dos mestres. Debido a que a restauración non dá acabado antes das eleccións municipais, deciden facer a inauguración só da planta baixa instalando nela unha exposición con obras da gran pintora galega Maruja Mallo. A maioría dos cadros foron prestados polo propio construtor que fai a restauración, Roberto Moreira, e a maiores hai cinco que prestou a Xunta de Galicia. O comisario da exposición, e autor do catálogo razoado da mesma, é o profesor Carlos Caramés que ven á inauguración acompañado de tres alumnos de arte de 2º de bacharelato. Pero ao día seguinte deste acto, sae unha noticia no xornal que fala de que hai cadros falsos, que a maioría das obras expostas ofrecen serías dúbidas de autenticidade...
 
O autor, Pepe Carballude, é un coleccionista de pintura galega, unha persoa que sabe moito de arte, o que queda ben reflectido no libro. Estamos ante un texto que provoca a reflexión sobre esta temática, pero que tamén trata outras como a da emigración, a relación entre Alberti e Maruja Mallo ou entre Maruja Mallo e Miguel Hernández, ao mesmo tempo que se vai desenvolvendo o misterio coa denuncia de se as pinturas son falsificacións ou non. Unha entretida novela cunha lectura moi áxil, con capítulos curtos que se len rapidamente e unha suxestiva intriga por resolver.
 
- Mozas-os e adultas-os:

"Darío a diario" de Xela Arias. Ilustracións de Iván R. Limiar de Berta Dávila. En Xerais.
Nesta edición, publicada neste ano 2021, os poemas veñen acompañados de ilustracións de Iván R.  
Hai unha edición anterior, que é do ano 1996, na que a cuberta ten unha fermosa fotografía de Darío espido suxeito polas mans da nai.
 
Deliciosa obra de poesía formada por 24 poemas breves dedicados ao seu fillo Darío, na que ofrece unha visión desmitificada da maternidade pero ao mesmo tempo tenra, fonda e entrañable. Abrangue desde que o neno é feto, que mide só uns centímetros, ata que dá algúns pasos e di ma-ma-má.
 
En palabras da propia poeta: “Darío a diario non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca”.
 
Fálanos dunha relación co fillo non como pertenza senón como un proxecto de acompañar a un individuo na conquista da súa liberdade, preocúpase porque sexa autónomo. Acompañar e non impoñer.
A voz poética de Xela Arias está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra. Cunha linguaxe clara e uns fermosos poemas, temos ante nós un libro especial que trata unha temática moi especial como é a maternidade.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Mes das Letras 2021: Comparte lecturas, goza da lingua

  Achegámoste dúas guías de lectura (Infantil - Xuvenil e Mozas/os e Adultas/os) para convertir o noso Mes das Letras nun fervedoiro lector. Decenas de propostas para todas as idades e preferencias, cun especial acercamento á obra de Xela Arias, poeta a quen se dedica o Día das Letras Galegas 2021.

Achégate, escolle, comparte e desfruta. Mil primaveras máis para a nosa lingua!

Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 13/05/2021

Gravación do espectáculo “Contos de animaisque puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 13 de maio a cargo de Lía Magalia.
 
Podes velo (ata as 10:15 do 16/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeLía!

13/5/21

13 de maio en As Torres (20 h.): "Xela Arias, viaxe a unha mesma" con Yolanda Castaño

Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Día e hora: xoves 13 de maio ás 20 h.
Entrada libre (ata completar capacidade permitida)

A poeta Yolanda Castaño contaranos a vida de Xela Arias e mostraranos como xa na infancia da escritora se albiscaban os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións, e non deixarse guiar por modelos de segunda man...
A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma.

“Do xeito en que me sinto quen de amarte
parte un vagalume”
...
"Denuncia do equilibrio" Xela Arias


Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003): Poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento.
Algunhas das súas obras foron: Denuncia do equilibrio (1986), Tigres coma cabalos (1990) en colaboración co fotógrafo Xulio Gil, Darío a diario (1996), Intempériome (2003).
Realizou numerosas traducións, labor pola que recibiu recoñecementos como: Medalha do Prêmio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro.
A súa voz poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra.

Yolanda Castaño: Escritora, tradutora, crítica literaria e unha activa dinamizadora cultural. Biógrafa de Xela Arias na obra titulada Xela quixo ser ela: biografía de Xela Arias, publicada por Edicións Xerais, na colección Merlín.

En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte a COVID-19, a presentación terá capacidade limitada e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
Invítase ás persoas que desexen asistir ata completar a capacidade permitida.


Hora do conto na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) 12/05/2021

Gravación do espectáculo “Contos de libros contentosque puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) o 12 de maio a cargo de Carmen Domech.
 
Podes velo (ata as 10:15 do 15/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeCarmen!

12/5/21

Cita con dona Emilia: 16 voces para tecer unha homenaxe

O 12 de maio de hai cen anos falecía Emilia Pardo Bazán, figura esencial para a nosa cultura, intelectual cunha traxectoria literaria e académica importantísima e un referente esencial para o feminismo do noso país. 
 
Hoxe homenaxeámola desde a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), situada no nº 17 da rúa que leva o seu nome e ben preto do castelo de Santa Cruz, restaurado pola súa familia que o vai converter na súa residencia de verán, cun video colectivo de catorce lecturas doutros tantos fragmentos da súa obra. 
 
A Biblioteca Municipal de Santa Cruz agradece a colaboración das dezaseis persoas que nos prestaron as súas voces para tecer esta homenaxe. 
 
Agardamos que vos guste!

10/5/21

Conmemoración do centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán

A figura de Emilia Pardo Bazán é esencial para a nosa cultura. Foi unha intelectual cunha traxectoria literaria e académica importantísima e un referente esencial para o feminismo do noso país.

Este ano celébranse 100 anos do seu pasamento (12 de maio) e por ese motivo desde a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística organizáronse distintas actividades para homenaxear esta destacada muller.


Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 12 maio 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Amor de tango, de Mª Xosé Queizán
Coa colaboración da catedrática de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: La habitación de invitados, de Helen Garner

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 11 maio 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello
Coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.
Documentación

Seguinte lectura: La lotería, de Shirley Jackson

Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) 07/05/2021

Gravación do espectáculo “Contos de aquí para todo tipo de orellasque puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) o 7 de maio a cargo de Ramiro Neira.
 
Podes velo (ata as 12:00 do 12/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeRamiro!