- Infantil e xuvenil (nenas-os a partir de 6 anos):
Debido a que hoxe, 24 de febreiro, se conmemora o Día de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal, autora fundamental e indispensable do panorama literario galego, en homenaxe ao día do seu nacemento, a obra que recomendamos está baseada nun poema seu, "Parece unha rosa" de Rosalía de Castro. Ilustracións de Isabel Pintado, editado por Espiral Maior.
Este fermoso libro reproduce a primeira parte do seu coñecido poema “Vente rapaza” publicado orixinalmente en Cantares Gallegos.
Estamos ante unha coidada edición, cunhas fermosas e delicadas ilustracións da pintora, ilustradora e gravadora Isabel Pintado.
“Parece unha rosa” pretende achegar a poesía da querida autora galega ao público infantil, dar a coñecer este poema, e segundo a presentación da editora “unir o elemento literario e lúdico da expresión poética cunha vontade de adquisición e aprendizaxe da linguaxe”.
Un harmonioso e sonoro poema, cun intenso ritmo, como unha boa maneira de facilitar a difusión da poesía galega entre os máis pequenos.

Vente, rapaza,
vente, meniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche senón
polo demo do dente.
¡Qué auga tan limpa!
¡Qué rica frescura!
Vente a lavar,
que é un primor, criatura.
vente, meniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche senón
polo demo do dente.
¡Qué auga tan limpa!
¡Qué rica frescura!
Vente a lavar,
que é un primor, criatura.
...
- Mozas-os e adultas-os:
"Ardiente secreto" de Stefan Zweig. En Acantilado.
Un relato curto, publicado por primeira vez en 1911, e que agora editou Acantilado, que nos fala principalmente de tres personaxes:
Unha fermosa dama que, acompañada do seu fillo de 12 anos (Edgar), vai descansar uns días a un hotel-balneario.
Por outra banda, vemos un barón novo que estará uns días de vacacións no mesmo lugar. El ao chegar ao hotel o primeiro que solicita é a lista de hóspedes. Ensínanlla e contraríase porque non hai ninguén coñecido. Pensa que posiblemente non escolleu ben o lugar e que se vai aburrir, pero ve á fermosa dama e pensa en seducila para entreterse. Para chegar a ela, decide utilizar o fillo.
Cunha delicada narración, coidando os detalles, e explicando as distintas emocións, o autor vai falando da alegría que experimenta Edgar ao ver que lle presta atención un adulto, o que o fai sentirse maior e importante. Como, confiado o adolescente, sente afecto por el e lle ofrece a súa amizade. Pero cando o barón consegue entaboar amizade coa nai, desenténdese do adolescente, de forma que este comprende que lle mentiu e que o enganou, que o utilizou para chegar á nai polo que imos asistir aos celos e ao odio que o abrangue.
Obra escrita cunha boa prosa e excelentes descricións tanto dos lugares, como da paisaxe, dos sentimentos e dos conflitos internos das persoas, que demostran un profundo coñecemento da natureza humana do autor.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.