30/4/21
Hora do conto en maio en Bibloleiros: 16 sesións onde atoparás animais, tesouros, cores, trasnadas, monstros, poesía...
Contacontos para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.
- Luns 3 de maio, Ramiro Neira con “Preparados... listos... xa!” na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda).
- Martes 4 de maio, Lía Magalia con “Contos de aquí" na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros).
- Mércores 5 de maio, Trémola Teatro con “A gran aventura dos animais” na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Xoves 6 de maio, Gemola con “Poesía son eu” na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé).
- Xoves 6 de maio, Ana Carreira con “Contos de primavera” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
- Venres 7 de maio, Ramiro Neira con “Contos de aquí para todo tipo de orellas" na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera).
- Mércores 12 de maio, Carmen Domech con “Contos de libros contentos” na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Xoves 13 de maio, Lía Magalia con “Contos de animais" na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
- Venres 14 de maio, Ana Carreira con “Eu non quero" na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós). AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
- Martes 18 de maio, Trémola Teatro con “En busca dos monstros” na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros).
- Mércores 19 de maio, Ana Carreira con “Trasnadas” na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Xoves 20 de maio, Trémola Teatro con “En busca dos monstros" na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé).
- Xoves 20 de maio, Paula Carballeira con “Tigres e cabalos” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
- Venres 21 de maio, Lía Magalia con “A princesa rebelde e outros contos" na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera).
- Luns 24 de maio, Ana Carreira con "Contos de tesouros" na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda).
- Venres 28 de maio, Ramiro Neira con “Contos de cores" na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós). AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.
Recomendacións en Radioleiros: 30 abril 2021
"Niñas que imaginaron lo imposible (y lo consiguieron)" de Tony Amago e Nuria Rodríguez. En Algar.
Álbum ilustrado que recolle as historias de 19 mulleres de todo o mundo que loitaron por facer posible o seu soño, e conseguírono. Aviadoras, navegantes, almirante de flota, motoristas, zoólogas, naturalistas, pilotos, cosmonautas, alpinistas, xornalistas, etc.
Cada muller ven descrita a dobre páxina. Na da esquerda figuran ilustracións, curiosidades e algunha anécdota da súa infancia e na da dereita unha breve biografía, a explicación dalgunha das súas proezas e datos sobre as súas viaxes ou fazañas.
A máis antiga é Isabel Barreto de Castro. (1567-1612). Almirante de flota galega. A 1ª muller almirante dunha flota de barco expedicionario.
Por antigüidade séguenlle, Sacagawea (1787-1812). Guía e exploradora estadounidense da tribo shoshone. Tradutora e guía da expedición de Lewis e Clark, unha das viaxes máis importantes de exploración do territorio de Norte América.
Ida Pfeiffer (1797-1858). Exploradora e escritora austríaca. Pioneira en facer como forma de vida as viaxes e as exploracións a outras culturas e países.
Marianne North (1830-1890) Pintora e naturalista inglesa. Máis de 830 pinturas certifican a súa dedicación. A súa obra pode ser visitada na Marianne North Gallery ubicada no Xardín Botánico de Kew en Londres. Moitas especies vexetais foron catalogadas e pintadas por ela por 1ª vez. Algunhas levan o seu nome.
Nellie Bly (1861-1922). Xornalista estadounidense. Para moitos, inventora do xornalismo encuberto. O seu 1º traballo importante foi un artigo sobre un asilo psiquiátrico de Nova York. Ingresou no centro, facéndose pasar por unha paciente. O seu impresionante relato sacou á luz prácticas inhumanas e as terribles condicións ás que se sometía aos pacientes, incluída ela mesma. Tras o éxito da novela de Julio Verne “La vuelta al mundo en 80 días”, o seu editor pensou nela para intentar emular a xesta descrita no libro. Aceptou e deu a volta ao mundo en 72 días establecendo un novo récord mundial.
Genevra Delphine Mudge (1881-1964). Piloto de coches estadounidense. Foi a 1ª muller que obtivo a licencia de conducir. Aconteceu en Nova York en 1898.
...
Por citar só algunhas.
Un libro moi interesante, atractivo e fácil de ler, que presenta inquedanzas e proezas que conseguiron algunhas mulleres que nos precederon.
"Feliz Idade" de Olga Novo. Editado por Kalandraka.
Premio Nacional de Poesía, ano 2020.
Premio Gala do Libro Galego, ano 2020.
O xurado do Premio Nacional de Poesía destacou que se trata dun relato vitalista que “celebra o amor e a existencia máis alá do tempo”. Tamén resaltou a súa gran potencia que conxuga autenticidade e verdade.
Comeza cunha preciosa carta limiar dirixida a súa filla Lúa. Escrita seis anos despois da súa concepción e un ano despois da morte do avó, na que lle di textualmente que o libro “foi vivido” ao longo de sete anos, un ciclo de existencia na que se atopan ela e o seu avó. A súa concepción coincidiu co inicio da enfermidade do avó, polo que mentres a nena avanzaba medrando, o avó ía empeorando. Nela dinos que “a poesía é un acto radical de vida”.
A partir desta carta, o libro está dividido en sete partes.
Parte I, titulada “Fogonazo” formada por poemas que nos falan da concepción da filla.
Parte II, “Poesía en posición fetal”, dedicada a Xosé Maceda.
Parte III, “A Lúa su o negrillo”, dedicada á filla.
Parte IV, “Zona Tigre”, dedicada a seu pai.
Parte V, “Da beleza indómita”.
Parte VI, “Amor es”.
Parte VII, “Harmonía fractal”.
Estamos ante un magnífico libro, que presenta unha continuidade vital, unha memoria agraria e unha parte da cultura tradicional galega.
É un canto ao amor e á busca da “felicidade cada día”.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 29/04/2021
29/4/21
Hora do conto na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) 28/04/2021
27/4/21
Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 28 abril 2021 (Grupo B)
Comentario de Tierra de Campos, de David Trueba
Documentación
Seguinte lectura: Amor de tango, de Mª Xosé Queizán
26/4/21
Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: 27 abril 2021 (Grupo A)
Comentario de La vegetariana, de Han Kang
Documentación
Seguinte lectura: As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello
Hora do conto: 28 a 30 de abril 2021 #bibliotecasegura #culturasegura
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 28 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Como escoitar e gozar dunha sesión de contacontos”
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 29 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Contos de cores”
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 30 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos de miúdos"
AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.