21/10/16

Ler conta moito e actividades infantís: de 24 a 27 de outubro 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-24837.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 24 de outubro
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
MONITORADO: Efervesciencia
ACTIVIDADE: “Biotecnólogos na biblioteca”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 26 de outubro
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
MONITORADO: Teatro de Marionetas Trécola
ACTIVIDADE: “As tres raíñas magas”


Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 27 de outubro
Para nenas-os de 1 a 4 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
 
TÍTULO: “Pum!”
Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

Recomendacións en Radioleiros: 21 de outubro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43491844/in/album/863040
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1168114- Infantil - xuvenil (nenas-os de 8 a 10 anos):
"Cama e conto", texto de Gonzalo Moure. Ilustracións de Lucía Serrano, traducido por Fran Alonso. En Xerais.
"Cama e conto" narra a historia de Malva, unha nena moi esperta e chea de imaxinación que devece porque chegue o momento do día en que a súa nai lle lea un conto antes de durmir. Con cada historia, Malva, é quen de imaxinar mundos de maxia e fantasía onde todo é posible. O momento en que a súa nai lle di: “Malva, cama e conto” supoñía para ela o mellor instante do día. Pero Malva faise maior. Cando cumpríu os seis anos as cousas cambiaron e xa non houbo “cama e conto". Desde entón, a nai de Malva cre que ela xa pode ler os contos soa, o que a rapaza lle pareceu unha traizón. Mais Malva tivo unha gran idea
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=McDermott%2C+Alice&idx=ti&q=alguien&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda para mudar a súa vida. Unha idea estupenda, que fará pensar a calquera nai ou pai con fillas-os nesas idades en que queremos que collan autonomía e fagan cousas por elas-es soas-sós.

- Mozas-os e adultas-os:
"Alguien" de Alice McDermott, editado por Libros del Asteroide.
MacDermott narra a vida de Marie Commeford, unha nena de nai e pai irlandeses que observa atenta todo canto acontece tras os cristais dos seus lentes.
A narración vai seguindo as lembranzas aparentemente dispersas e desordenadas de
Marie: a súa peculiar infancia, o seu despertar sexual, a súa primeira ruptura amorosa que a levará ao seu primeiro traballo, a relación co seu irmán solteiro, a maternidade, os cambios que acontecen no barrio, naquel Brooklyn, uns anos antes da Gran Depresión.
Escenas que van encaixando cunha naturalidade pasmosa, ata compoñer unha poderosa historia: a historia dunha vida real e intensa, como tantas outras.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

In Itinere: no camiño, on the road, sur la route, unterwegs

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-shelves.pl?viewshelf=1580&sortfield=title

17/10/16

Inicio 1º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-25004.pdfBiblioteca Central Rialeda. Perillo
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre coa seguinte programación:

- "Tantos días felices" de Laurie Colwin
- "Adiós, Hemingway" de Leonardo Padura
- "O coitelo en novembro" de Marilar Aleixandre
- "Canadá" de Richard Ford

Datas:
- Outubro: día 26
- Novembro: días 9 e 23
- Decembro: día 21

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

Inicio 1º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-25006.pdfBiblioteca Central Rialeda. Perillo
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre coa seguinte programación:

- "Alguien" de Alice McDermott
- "Izan o da saca" de Xabier Quiroga
- "Tantos días felices" de Laurie Colwin
- "Las reputaciones" de Juan Gabriel Vásquez
- "Soy Pilgrim" de Terry Hayes

Datas:
- Outubro: día 19
- Novembro: días 2, 16 e 30
- Decembro: día 14

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

Inicio 1º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEioGJ8_1SA9UO00Y7gixDofmktjwCHtoFRCGuIot2j-L3BD54QYGCMWkgZhnEwDiN09kbWe9n_FXlhh1HqiOMkTTTQ0R2KgFssVjYtVaDsx_KVQcLcGKejoFwleAhskCPS0kNS700okJAQ/s1600/logo+SC.JPG
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-25007.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre coa seguinte programación:

- "Un paraíso inalcanzable" de John Mortimer
- "El lector" de Bernhard Schlink
- "Charlotte" de David Foenkinos
- "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz

Datas:
- Outubro: día 17
- Novembro: días 7 e 21
- Decembro: día 12

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.