31/1/25

Recomendacións en Radioleiros: 31 xaneiro 2025

Recomendacións en Radioleiros: 31 xaneiro 2025
"Spy X family" de Tatsuya Endō- Infantil:
"Spy X family" de Tatsuya Endō. En Editorial Ivrea.
Spy X family é un manga, un cómic xaponés creado por Tatsuya Endō, que combina a acción, a cotiandade e o humor e que está recomendado para nenas-os a partir de 12 anos. Esta obra conta a historia da peculiar familia Forger, aparentemente unha familia normal e feliz, pero na que cada un dos seus membros agocha un segredo e unha identidade oculta. 

"¿Cuánta tierra necesita un hombre?" de Lev Tolstói- Mocidade e persoas adultas:
"¿Cuánta tierra necesita un hombre?" de Lev Tolstói. En Nórdica.
Dispoñible en eBiblio (noutra edición)

Este conto, dunha gran sinxeleza, é unha parábola sobre a inesgotable ambición do ser humano. Preséntanos a un campesiño que no seu afán por progresar, chega a un pacto cuns habitantes dunha afastada rexión, segundo o cal, el quedará con tanta terra como poida percorrer nun día, ata que o Sol se poña.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/1/25

Bernardino Graña (1932-2025), foise o poeta do mar e do amor

Bernardino Graña (1932-2025), foise o poeta do mar e do amor
Foise Bernardino Graña (1932-2025), o poeta do mar e do amor.
Expo bibliográfica adicada a Bernardino Graña na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Parafraseando un verso do escritor de Cangas, ¿Como habemos vivir mañá sen a luz túa?
Visita as exposicións bibliográficas (para público infantil e adulto) da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) adicadas ao poeta, narrador, dramaturgo e autor de obras dirixidas ás crianzas e á mocidade.
"Dinme que nacín
preto dun peirao,
na beira do mar
da Ría de Vigo:
Cangas do Morrazo,
pobo mariñeiro,
é o meu lugar.
Gustei de xogar,
e agorta o meu xogo
é xuntar historias
xuntando palabras
con algo de ritmo,
pois non son tan vello."
De si mesmo en "Oso mimoso"

Obras de Bernardino Graña en Bibloleiros
Dispoñibles en Galicia Le

Hora do conto e actividades infantís: 7 de febreiro 2025

Hora do conto e actividades infantís: 7 de febreiro 2025
- Aforo limitado: reserva a túa praza a través de oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización.

Venres 7 de febreiro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Pipo, o paxaro que non sabía voar”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

26/1/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (28 a 29 xaneiro 2025)


 Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 28 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "No te veré morir" de Antonio Muñoz Molina.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "A nosa cinza" de Xabier Alcalá.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 29 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Los reyes de la casa" de Delphine de Vigan.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz.