A partir do 4 de febreiro e ata maio, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros levaranse a cabo 60 sesións de contacontos e de diversas actividades infantís dirixidas a nenas e nenos menores de 12 anos.
A hora do conto é unha actividade que se desenvolve ano tras ano como consecuencia do seu recoñecido valor lúdico e educativo, que reside, fundamentalmente, no incentivo á lectura dos máis pequenos. Realizarase a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Haberá sesións dirixidas especificamente para nenas e nenos de 1 a 4 anos, outras para idades de 5 a 10 anos e tamén para un público infantil de 3 a 10 anos en función das características de cada contacontos.

Os obradoiros e as actividades infantís programadas son moi diversas: creación de fósiles de dinosauros, papiroflexia, espectáculos de música e letras, xogos e espectáculos de maxia, monicreques nas mans, talleres de ilustración, poemas e contos musicados, etc.
Para todas as sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos de 1 a 4 anos e para todos os obradoiros é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades, isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente.
Paula Carballeira, Soledad Felloza, Raquel Queizás, Leo Leiño, Charo Pita, Teatro Babaluva, Larraitz, Ramiro Neira, Viravolta Títeres, Caxoto, Xandobela, Marisa Irimia, Pablísimo, Magín Blanco, Mau Marela, Gemola, Pavís Pavós e a Compañía Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca” narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación ou realizarán diferentes obradoiros para aprender e divertirse con distintas creacións artísticas ou manuais.
Os principais obxectivos que se desexan conseguir son fomentar o pracer pola lectura, que as nenas e os nenos se divirtan escoitando contos, que descubran a diversidade dos libros e que as nenas e os nenos aos que xa lles gusta ler afiancen e consoliden este hábito.
Tomando como punto de partida a narración de contos e historias, a relación pracenteira
cos libros, o xogo cos personaxes de ficción, resáltase o valor da palabra xunto coa articulación de diferentes disciplinas artísticas, por isto ademais dos contacontos tamén se propoñen outras actividades e obradoiros infantís relacionados coa plástica, a ilustración, a música, a expresión corporal, tendo en conta que en todas as historias aparece un mundo de imaxes, un mundo sonoro e un mundo de xestos e accións. Para as nenas e nenos pequenos a palabra oída exerce unha gran fascinación. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outros nenos e nenas, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa e fomentando a súa creatividade. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenas e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.
Podes atopar toda a info na túa biblioteca, na web municipal www.oleiros.org, o blog das bibliotecas municipais http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es e en twitter @bibloleiros