- Infantil (a partir de 6 anos):
A crebeira Marabillas, de Olaia Sendón
Xerais
Marabillas é crebeira. Unha crebeira apaña as cousas que o mar trae á praia. Ás veces o mar trae tesouros, por iso ser crebeira é tan fabuloso...
- Mozas/os e adultas/os:
Los ingratos, de Pedro Simón
Espasa
Versión dixital en eBiblio
Audiolibro en eBiblio
Nos anos 70, a un pobo da España que comeza a baleirarse, chega a nova mestra coa súa familia.
A señorita Mercedes vese na necesidade de contratar a Emérita para coidar dos seus fillos, dúas nenas e o pequeno David. Coa súa xenerosidade e entrega Emérita vai cambiar a vida desta familia e moi especialmente a de David co que ten unha relación moi especial.
Novela emotiva e tenra que nos invita a reflexionar sobre o que somos e todo o que temos por detrás e o agradecemento a quenes nos quixeron e nos acompañaron ata aquí sen pedir nada a cambio.
Premio Primavera de Novela 2021
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.