21/9/18

Ler conta moito e actividades infantís: 24 a 28 de setembro 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdf
Todos os actos serán ás 18:30 agás a sesión na Biblioteca "Rosalía de Castro" (Santa Cruz) que terá lugar ás 17:30!!!

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Luns 24 de setembro     
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
MONITORADO: Teatro Babaluva
OBRADOIRO: “Obradoiro de ilustración”

 
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Martes 25 de setembro     
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Carmen Domech
TÍTULO: “Orellas de trapo”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 26 de setembro     
Para nenas-os a partir de 6 anos   Aforo completo!!!
MONITORADO: O faiado de Nin
OBRADOIRO: “Deseño de mochilas para lectoras-es”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 27 de setembro 
Para nenas-os de 1 a 3 anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Pablo Díaz
TÍTULO: “Cantacontos para bebés”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 27 de setembro  
Para nenas-os a partir de 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Leo Leíño
TÍTULO: “A maxia de Mary Poppins”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera) 
Venres 28 de setembro 
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Migallas
TÍTULO: “Canta connosco!”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós) 
Venres 28 de setembro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Tarabelos
TÍTULO: “Debulendo lendas... galegas”

Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.gal/gl/recursos-para-profesionais/ler-conta-moitoda Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 21 setembro 2018

https://www.ivoox.com/28818614https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1438057- Infantil:
"Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés" de Mem Fox. Ilustracións de Helen Oxenbury. En Kalandraka.
Con frases curtas Mem Fox constrúe un relato para lembrarnos que todas-os somos iguais a pesar das apariencias externas. Con exemplos procedentes de diferentes zonas xeográficas, razas e sexos distintos e un ritmo propicio para a lectura ás-aos cativas-os, Fox tráenos esta mensaxe axudada polas magníficas ilustracións de Helen Oxenbury. Un texto perfecto para ler en voz alta cunhas imaxes moi expresivas que forman un conxunto do máis afortunado para estas primeiras idades.
- Mozas-os e adultas-os:
"Una vida prestada" de Berta Vias Mahou. Editado por Lumen.
Vias Mahou tráenos esta nova aportación ao mundo da novela biográfica co seu estilo característico e https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1421887&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20vida%20prestada
a calidade habitual. Nesta ocasión a escollida é Vivian Maier (1926-2009), fotógrafa norteamericana descoberta de xeito póstumo que traballou coidando nenas-os durante décadas en Nova Iorque e Chicago mentras facía fotos de xeito amateur que nunca deu a coñecer. O seu legado de arredor de 150.000 fotografías mostra a vida diaria dos barrios destas cidades a partir dos anos cincoenta até os oitenta, retratando persoas, animais, edificios, tendas, interiores de autobuses, cinemas, campañas políticas xunto a un feixe de autorretratos, sumando o que hoxe se considera unha das principais obras desta disciplina do século XX.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/9/18

37 sesións de actividades de promoción da lectura e Ler conta moito de setembro a decembro!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdf
Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas, nenos e adolescentes. Nos meses de setembro a decembro, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 37 sesións de diferentes actividades infantís para fomentar á lectura e animar a que as nenas, nenos e adolescentes visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Xa que o aforo é limitado é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades, isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente.
Realizarase a programación de Ler conta moito, de contacontos para nenos/as de 1 a 3 anos, da Hora do conto dirixida a partir de 3 anos e de diversos obradoiros para distintas idades.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
A hora do conto é unha actividade tradicional nas Bibliotecas Municipais de Oleiros na que se levan a cabo diferentes sesións de narración de contos dirixidos a nenas e nenos menores de 11 anos. Nárranse ou dramatízanse un ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a creatividade, como unha invitación a viaxar a un mundo máxico de imaxinación e fantasía.
Tamén se levarán a cabo obradoiros de maxia, ilustración, realización de bolsas e mochilas,  deseño de superheroes ou superheroinas,  construción de pequenos foguetes espaciais, ecoloxía, libros ilustrados, como facer debuxos animados, etc.
Con todas estas actividades as nenas, nenos e adolescentes poderán fomentar a creatividade, divertirse e aprender con sinxelos experimentos, gozar e escoitar  cos contacontos ou entreterse con talleres de maxia.
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28720.pdf

Os obxectivos que se intentan conseguir son a promoción da lectura, pero tamén que os/as participantes se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
Preténdese introducir ás nenas e aos nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén se divirten e pasan momentos agradables cos libros.
Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais, pero tamén se distribuirá nas escolas infantís e nos colexios públicos de ensinanza primaria de Oleiros.
Na semana do 17 ao 21 de setembro terán lugar as seguintes actividades:
 
Todos os actos serán ás 18:30 agás a sesión na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera que terá lugar ás 17:30!!!
 
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 17 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Migallas
TÍTULO: “Os contos do chupete”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 18 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Elefante Elegante
TÍTULO: “O xigante”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 19 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)     
MONITORADO: Leo Leíño 
OBRADOIRO: “Maxia e libriños”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 20 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 4 anos  Aforo completo!!!     
ARTISTA: Paco Nogueiras
CONCERTO: “Radio Bulebule”

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Xoves 20 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)     
CONTACONTOS: Pallaso Piruleta
TÍTULO: “A aventura máxica na biblioteca”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 21 de setembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)     
MONITORADO: O faiado de Nin
OBRADOIRO: “Deseño de bolsas/mochilas para lectoras/es”

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 21 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)     
CONTACONTOS: Pablo Díaz
TÍTULO: “Cantacontos para bebés”

Algúns destes actos están incluídos
http://rbgalicia.xunta.gal/gl/recursos-para-profesionais/ler-conta-moitono programa da Rede de Bibliotecas de Galicia