12/6/15

Recomendacións en Radioleiros: 12 de xuño

 http://www.ipernity.com/doc/284673/38577772/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116688- Infantil e xuvenil (a partir de 10 anos):

O meu pesadelo favorito, de María Solar. Ilustracións de María Lires
Galaxia

Manuel estaba enfermo, tiña febre e seu pai chamou polo veterinario porque en toda a vila non había ningún médico. Receitoulle un xarope para cans, pero que lle ía ben aos nenos. Mais Manuel non se poñía ben e tiña moi mala cara, así que volveron a chamar ao veterinario que, desta volta, lle receitou un xarope para gatos para controlarlle a febre.  Sería polos xaropes ou sería pola febre, o caso é que Manuel non paraba de soñar...

Presenta personaxes que nos farán rir, pero tamén nos fala do respecto aos que son diferentes. Divertida, tenra e orixinal obra que achega a ciencia ao mundo infantil, que cuestiona diversos roles e que presenta distintas realidades baixo outras miradas. 

Premio Lazarillo de creación literaria 2014.

- Mozas/os e adultas/os:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115876
Hombres buenos, de Arturo Pérez-Reverte
Alfaguara

A finais do século XVIII, dous membros da Real Academia Española viaxan a París para mercar a Encyclopédie que estaba prohibida en España, pero unha serie de intrigas de persoas que non queren que esta obra chegue a España, converterán esta viaxe nunha auténtica aventura chea de sobresaltos.

Ao longo da obra o autor mestura ficción e historia, invención e datos verídicos. Segundo nos vai presentando o relato, tamén nos vai explicando como se documentou: que obras e mapas utilizou, a onde viaxou para coñecer de cerca os distintos lugares, quen o informou, etc. Neste aspecto tamén hai que aclarar que algunhas das fontes documentais que di que consultou son tamén ficticias.

Pérez-Reverte sabe que na biblioteca da Real Academia Española existe unha colección completa da Encyclopédie. A partir deses datos históricos, o autor constrúe esta novela como unha homenaxe á institución da que é membro, pero tamén ao racionalismo e á Ilustración.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/6/15

Tertulia literaria en Rialeda: valoración final dos títulos da tempada 2014-2015

Unha vez rematada a tempada de Tertulias literarias na Biblioteca Central Rialeda, facemos balance das propostas literarias que fomos ofrecendo ao longo dos pasados meses.
En total léronse 17 títulos de autores/as galegos/as, españois e internacionais, dos que os mellor valorados polas/os participantes foron:

Grupo A:

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21652.pdf
1º) Las baladas del ajo, de Mo Yan
Tragedia rural ambientada nunha aldea chinesa a finais dos anos oitenta do século pasado. Os ventos da modernidade empezan a soprar nas cidades pero aínda certos usos e costumes perduran nun campesinado que se ve obrigado a producir en masa unha colleita de allo baixo a promesa da súa compra a bo prezo por parte da administración. Mo Yan foi Premio Nobel de Literatura en 2012.
 
2º) Olive Kitteridge, de Elizabeth Strout
Premio Pulitzer 2009. Son trece relatos unidos por un nexo común, a profesora retirada Olive Kitteridge ofrece a súa óptica particular sobre a vida cotiá dunha pequena vila mariñeira do condado de Maine. Elizabeth Strout tamén gañou o National Book Award con este título.
 
3º) Las buenas personas, de Nir Baram
En 1938 e tras abandonar unha prometedora carreira nunha empresa estadounidense, Thomas Heiselberg decide traballar para os nazis en Polonia. Mentres, en Leningrado, Aleksandra Weissberg, filla dun intelectual xudeu, implícase co Comisionado do Pobo para Asuntos Internos de Stalin. Thomas e Aleksandra resolven sobrevivir a calquera prezo.
 
4º) 84 Charing Cross Road, de Helene Hanff 

5º) Cometas en el cielo, de Khaled Hosseini
Conmovedora historia de dous pais e dous nenos, da súa amizade e de cómo a oportunidade pode converterse en fito inesperado do noso destino. Co pano de fondo da vida que se desenvolve en Kabul, no inverno de 1975, con total intensidade, forza e cor dunha cidade confiada no seu futuro...
 
Grupo B:

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20417.pdf
1º) 84 Charing Cross Road, de Helene Hanff
En 1949, unha nova escritora neoiorquina envía unha carta a unha librería londinense. Apaixonada e maniática, a moza reclámalle ao libreiro volumes dificilmente atopables que tranquilizarán a súa sede de descubrimentos. Vinte anos máis tarde continúa a súa correspondencia e a familiaridade convertese nunha intimidade case amorosa. 


2º) El libro de arena, de Jorge Luis Borges
Trece relatos curtos e un epílogo dun estilo llano, case oral, e dun argumento imposible. Contos que nos sitúan nunha dimensión onírica onde non está clara a barreira entre a realidade e o soño e onde as paradoxas temporais, as reflexións sobre o infinito e unha visión particular de certos feitos históricos, entre outros temas, revélannos o universo inimitable do Nobel arxentino.
 
3º) La firma de todas las cosas, de Elizabeth Gilbert
Alma Whittaker é filla dun explorador botánico audaz e dunha estrita holandesa de boa familia. Independente e cunha sede de coñecementos insaciable, penétrase no mundo das plantas e da ciencia. Con todo, o home a quen ama camiña no sentido contrario, cara ao mundo do espiritual e o máxico. As súas contrastadas personalidades únense, pese a todo, nun desexo de coñecer como funciona o mundo. 
 
4º) El ruido de las cosas al caer, de Juan Gabriel Vásquez
“El ruído de las cousas al caer” é a historia dunha amizade frustrada. Pero é tamén unha dobre historia de amor en tempos pouco propicios, e unha radiografía dunha xeración atrapada no medo, unha investigación chea de suspense no pasado dun home e dun país, Colombia. 
 
5º) Olive Kitteridge, de Elizabeth Strout

A finais de setembro abrirase de novo o prazo para inscribirse na próxima temporada desta actividade. As sesións comezarán a principios de outubro na Biblioteca Rialeda e serán os mércores, ás 17:30 horas.
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz comezarán a mediados de outubro e terán lugar os luns ás 18:30 horas.