3/12/21
Recomendacións en Radioleiros: 3 decembro 2021
Cocotibur, de Rafael Fernández Lorenzo con ilustracións de Esteban Souto
Xerais, 2021
Imaxinación e costumes populares mestúranse na desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega.
- Mozas/os e adultas/os:
Contrapaso. Los hijos de los otros, de Teresa Valero
Norma, 2021
No Madrid de 1956 dous xornalistas dunha revista de sucesos investigan un suposto suicidio.
Magnífico traballo de Teresa Valero, unha profesional colaboradora de Juanjo Guarnido e Juan Díaz Canales.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
1/12/21
Presentación do libro de Silvia Salgado "Si te vuelves invierno"
A autora, Silvia Salgado estará acompañada polo escritor e profesor Francisco Javier Varela Vázquez.
Contarase coa interpretación musical do saxofonista Jaime Faraldo.
“Si te vuelves invierno” preséntanos a Gabi, unha adolescente que vive en Mera, á que lle gusta ler e que quere ser escritora, pero que se sente fóra de lugar.
O ano que todo o cambiou, a causa da pandemia que encerra a toda a poboación nas súas casas, pasaron moitas cousas, pero tamén abriu un espazo á superación, á esperanza, ao perdón e ao amor.
Estamos ante unha novela tenra, emotiva, chea de música, libros, cine e que ten como escenario principal a fermosa vila de Mera.
Silvia Salgado é veciña do municipio de Oleiros, licenciada en Ciencias políticas pola UAB. Ten un posgrado en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Compaxinou o seu traballo en comunicación e recursos humanos coa súa paixón pola escritura. Esta é a súa cuarta novela, despois de “Mientras hilan las mariposas”, “La aldea” e “El intermedio que somos”.
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido para que gocen coa palabra e coa música.
Ana Carreira na Hora do conto na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 30/11/2021
Podes vela (ata as 16:30 do 03/12) clicando nesta ligazón: QueroContosDeAnaCarreira!
29/11/21
Almudena Grandes, na memoria
A súa primeira novela, "Las edades de Lulú" (1989), gañou o XI Premio La Sonrisa Vertical e foi levada ao cine polo director catalán Bigas Luna. Logo, "Te llamaré Viernes" (1991) e "Malena es un nombre de tango" (1994), tamén adaptada para a gran pantalla, así como "Los aires difíciles" (2006) e "Atlas de geografía humana" (2007). "Atlas de geografía humana" (1998), "Los aires difíciles" (2002), "Castillos de cartón" (2004), "El corazón helado" (2007) e "Los besos en el pan" (2015) continúan a súa obra novelística. En 2010 comezou a serie "Episodios de una guerra interminable" con "Inés y la alegría" (2010), título que mereceu varios premios como o da Crítica de Madrid, o Sor Juana Inés de la Cruz da Feria Internacional del Libro de Guadalajara ou o Premio Iberoamericano de novela Elena Poniatowska. O segundo título da serie foi "El lector de Julio Verne" (2012); o terceiro, "Las tres bodas de Manolita" (2014), e o cuarto, "Los pacientes del doctor García" (2017). A novelista publicaba en 2020 o quinto tomo da saga: "La madre de Frankenstein" construida sobre a figura de Aurora Rodríguez Carballeira, personaxe real que quixo dar á súa filla Hildegart a educación habitualmente reservada aos varóns. A nena acabou convertíndose na avogada máis nova de España, activista política e sindical e moi combativa pola reforma sexual, mais tivo un tráxico final.