23/9/22

Ler conta moito, Hora do conto e Obradoiros para público infantil: 26 a 30 de setembro 2022

- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.
 
Luns 26 de setembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Obradoiro cinetífico para pequenos heroes”
MONITORADO: Heroes para a Ciencia

Martes 27 de setembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Papelarte"
MONITORADO: "Pedras de papel"

Mércores 28 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
ESPECTÁCULO: “O traxe novo do rei”
CONTACONTOS: Tarabelos

Xoves 29 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “1º Galicia ilusiona coa maxia”
CONTACONTOS: 1, 2, 3 o mago Pedro Bugarín
 
Venres 30 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Radio Bulebule”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras
 
Venres 30 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “A orquestra de camarote”
CONTACONTOS: Solovoz
 
                                                       AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Reinicio: expo de lecturas para un novo outono

Ás 01:04 do venres 23 de setembro comezou o outono. É a estación da volta ao curso escolar, a venda de coleccionables nos quioscos e, o tempo no que o Sol está por riba do horizonte, diminúe case tres minutos ao día. Imos vencer ese devalar da luz con lecturas estimulantes. 

Imos iniciar este novo ciclo que é o de regreso. 

Imos estrear o reinicio: expo de lecturas para un novo outono, no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Recomendacións en Radioleiros: 23 setembro 2022

- Infantil- Xuvenil: 
"Coraje" de Raina Telgemeier. En Maeva.
Unha noite, Raina desperta con dores de estómago e ganas de vomitar. O que parece ser un virus, revelarase como outra cousa. Tras varias visitas médicas que testemuñan que goza dunha saúde física perfecta, os seus pais deciden levala a unha psicóloga infantil coa que comenzará unha terapia. Alí Raina aprenderá moitas cousas, sobre todo, a atopar estratexias que a axuden a non perder o control.

- Mozas-os e adultas-os:
"Sibila" de Rosa Aneiros. Editado por Xerais.
Sibila, unha neurocientífica duns corenta anos, decide voltar ao seu lugar de orixe, unha illa declarada "lugar gaia", ou sexa, de acceso restrinxido. Regresará de incógnito e agochada das autoridades para levar a cabo unha importante misión. A pouca veciñanza que alí vive, parece acollela con agarimo, pero tamén garda un segredo que terá que ocultar tanto de Sibila como dos vixiantes da illa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

20/9/22

14 obradoiros para público infantil en Bibloleiros de setembro a decembro 2022!!!

Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros, durante os meses de setembro a decembro, levaranse a cabo 14 obradoiros creativos e sesións de divulgación científica con actividades prácticas e lúdicas, promovendo a ciencia creativa, realizando sinxelos e divertidos experimentos, ou construíndo pequenos obxectos con materiais de reciclaxe, para incentivar a creatividade e a curiosidade.

Están dirixidos a público infantil a partir de 6 anos.
A hora de realización en todos será ás 17:30 h.
 
Debido a que o aforo é limitado é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha dos obradoiros. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización de cada un deles.

Observar, pensar, experimentar e crear, son os principios en que se van basear.
O monitorado que os impartirá forman parte dos equipos de: Ciencia Divertida, A Nube de Artear, Pedras de Papel, Heroes para a Ciencia e Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais, ademais tamén se contará  co Mago Albert.
Destes obradoiros, uns son totalmente municipais e outros forman parte do programa Ler conta moito promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros, para dinamizar a lectura nas bibliotecas públicas.
Poden solicitar a información en calquera das sete bibliotecas municipais.