Artistas en cuarentena é unha iniciativa da confederación de museos europeos L’Internationale, entre os que está o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. 16 artistas de diferentes partes do mundo reflexionarán, desde os seus balcóns, sobre os efectos da pandemia.
As-os artistas conversarán sobre os seus actuais espazos de traballo, as relacións que se plantean entre o público e o privado en tempos de confinamento ou sobre como exercer, nas actuais circunstancias, a solidariedade e a crítica.
As súas intervencións iranse publicando, unha a unha, a partir de hoxe 21 de abril e a través das web dos museos de L’Internationale e das redes sociais, incluidas as do Reina Sofía (Facebook, Twitter e Instagram). Colgaranse os martes e xoves das tres próximas semanas.
Fonte: masdearte.com
Podes ler esta interesante reflexión sobre a arte no libro "Dios salve el arte contemporáneo: descubre los más sorprendentes pecados cometidos por los artistas de nuestro tiempo" de Óscar García García, en GaliciaLe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario