16/2/24

Hora do conto: 19 a 23 de febreiro de 2024

Hora do conto: 19 a 23 de febreiro de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Luns 19 de febreiro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Sabela e o paxaro máxico”
CONTACONTOS: Tarabelos

Martes 20 de febreiro, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “O coelliño branco”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro


Mércores 21 de febreiro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
ESPECTÁCULO: “A miña historia”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Xoves 22 de febreiro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Con certo aire musical”
CONTACONTOS: Fran Amil

Xoves 22 de febreiro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “Cantares gallegos ao ukelele”
CONTACONTOS: Antón Ke

Venres 23 de febreiro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Rosalía pequena”
CONTACONTOS: Ramiro Neira
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 16 febreiro 2024

"El sapo que se enfadó con su mejor amigo" de Soyung Lee- Infantil (crianzas ata 6 anos): 
"El sapo que se enfadó con su mejor amigo" de Soyung Lee. En SM.
Un fermoso álbum ilustrado que trata sobre a amizade e os celos.
Había unha vez dous sapos, Sapo Branco e Sapo Vermello, que vivían xuntos ao lado dunha poza e que se coñecían desde sempre. Eran bos amigos pero moi diferentes. Sapo Branco era moi sociable, en cambio Sapo Vermello prefería estar só. 
Sapo Branco escribíalle a moitos amigos de diferentes lugares e soñaba con dar unha gran festa para xuntalos a todos.
Sapo Vermello quería estar tranquilo. Detestaba esas saídas nas que tiña que xogar con outros.
Un día Sapo Blanco invitou a Gorrión á casa e Sapo Vermello púxose furioso. A partir dese momento ambos discutían por calquera cousa. A Sapo Vermello parecíalle que Sapo Branco nunca pensaba nel e Sapo Branco pensaba que Sapo Vermello estaba sempre enfurruñado. Ata que un día Sapo Branco decidíu que xa non quería xogar máis con el e que se marchaba da casa na que vivían xuntos...
Un libro ben editado, de formato grande e cunhas preciosas e coloridas ilustracións.
Móstranos a importancia de saber compartir cos demáis e de tolerar os gustos das outras persoas que nos rodean.
"Ninguén queda" de Brais Lamela
- Mocidade e persoas adultas:
"Ninguén queda" de Brais Lamela. En Euseino? Editores.
Premio da Crítica de narrativa Galega en 2022
Premio El Ojo Crítico de Narrativa 2023
Narra experiencias de desarraigamento en lugares tan diversos como Nova York, a Terra Chá e Negueira de Muñiz. 
Está dividida en dúas partes: 1.- Os que marchan. 2.- Os que volven.
Preséntanos un mozo galego que vive en Nova York onde está realizando a súa tese doutoral sobre a arquitectura dos territorios de colonización do franquismo. Fálanos das súas amizades, familia, etc. Tamén da súa relación con Mariana, a vida con ela, etc. Dinos que ela traballa nun museo e leva meses preparando unha mostra de artistas emerxentes que presentan obras sobre o desarraigamento. Mariana é tamén emigrante, pero xa ten certo vencello fixo e seguro con Nova York, mentres que o protagonista (ao mesmo tempo que narrador) ás veces ao espertar precisa un tempo para lembrar quen é, onde está e que é o que fai. 
Paralelamente vainos describindo a súa tese sobre os asentamentos de colonización da Terra Chá levantados pola ditadura na década de 1960. Investiga en arquivos de fundacións privadas de EEUU. Pero tamén en documentos denominados cadernos do maioral, unha especie de libros de rexistros que un día serviron para ter conta dos territorios de colonización e con entrevistas gravadas que lle realizou aos propios labregos en Galiza.
En función da documentación vai establecendo varias proposicións e presentando os seus argumentos, afondando no que significou a apertura dun plan de colonización da Terra Chá con persoas arrincadas da súa contorna por mor do asolagamento das súas terras en Grandas de Salime e o obrigado despoboamento de lugares como Negueira de Muñiz, coa posterior ocupación que se produciu nos anos oitenta. 
Suso de Toro opina que non é ficción senón que é literatura. Di que o autor escribe sobre a existencia dunha literatura que “no canto de imaxinar, quere levantar acta da existencia de quen escribe”. E pregúntase pola razón de que un escritor tan novo coma Brais Lamela teña necesidade de escribir unha obra na que a fantasía e “as historias imaxinadas” acaben substituídas por outro tipo de relato propio dun tempo no que a xente gusta de “ler as súas propias vidas”. 
Estamos ante un novo e suxestivo escritor que mostra unha reflexión sobre o proceso do desarraigamento, os mecanismos do poder e o trauma da emigración laboral.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 19 a 23 de febreiro 2024

Actividades de promoción da lectura: 19 a 23 de febreiro 2024
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 19 a 23 de febreiro:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 19 de febreiro:
- 10:30 e 11:40 alumnado de 6º de EI do Colegio Hijas de Cristo Rey (Oleiros).
"Familias diversas" con Trinketrinke Teatro.
Venres 23 de febreiro:
- 10:15 alumnado de 5º EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"A miña historia" con Trémola Teatro.


Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Xoves 22 de febreiro:
- 10:15 alumnado de 5º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"A miña historia" con Trémola Teatro.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 20 de febreiro:
- 10:15 e 11:30 alumnado de 1º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Non teño medo" con Galeatro.