9/4/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 9 de abril:
- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos)
"Caperucita roja" de Kveta Pacovská editado por Kókinos.
Conto tradicional ilustrado por esta artista checa que traballa a cabalo das vangardas con influencias de Kandinsky,Klee ou Miró.É un experimento enlazando imaxe e texto,con debuxos,pinturas e collages.
- Mozos-as e adultos-as:
"120 anos de ciclismo galego" de Xerardo González Martín en Galaxia.
Percorrido polo mundo da bicicleta en Galiza desde finais do XIX até aproximadamente mediados dos anos corenta do século XX. Parece que no 1878 o médico Ángel Durán trouxo á Coruña o primeiro biciclo e arredor de 1880 chegou a Vigo, cidade que no 1887 coñece as primeiras probas que fan do ciclismo un deporte de masas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós: venres 9 de abril

Ola: espérote na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós o venres 9 de abril ás 18:30 para escoitar a Caxoto na hora do conto, baixo o título: "Contos de ratiños"

8/4/10

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 8 de abril


Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 9 de abril ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke contará: “Historia dun ourizo”, "O ourizo e a lebre", "A carreira das tartarugas". Para os-as maiores de 6 anos Soledad Felloza contará: "La sopera y el cazo”, "Alicia en el País de las maravillas" (versión cómic).

7/4/10

Biblioteca de Lorbé: Exposición Premio Hans Christian Andersen


Na biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé celebramos o Día do Libro Infantil cunha exposición de libros dos autores/as e ilustradores/as que gañaron o Premio Hans Christian Ándersen.

Anímate a contarnos cales son os teus libros infantís e xuvenís favoritos e por qué.

Biblioteca de Mera: "Un libro espera por tí, búscao!"



Cada ano, o 2 de abril, o IBBY (International Board on Books for Young People) celebra o Día Internacional do Libro Infantil, con motivo do nacemento do escritor dinamarqués Hans Christian Andersen.

Este ano, a sección de España distribúe o cartel da ilustradora Noemí Villamuza e a mensaxe do escritor Eliacer Cansino, gañadores do concurso que convocou a OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) para conmemorar este día. O lema deste ano é: "Un libro espera por ti, búscao!".

Na biblioteca de Mera sumámonos a esta celebración cunha mostra bibliográfica dos libros que temos dispoñibles de Hans Christian Andersen e das posteriores adaptacións da súa obra.
Estará ubicada na sala infantil ata o 16 de abril.

LER PARA SABER: 9 de abril

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18,30

Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

"Qué é a biodiversidade?"
Gonzalo Valdés Vázquez e Adrián Villadóniga Fernández, alumnos do CEIP A Rabadeira realizarán unha introdución sobre "Os dinosauros no planeta" previamente á charla a cargo de Elvira Sahuquillo Balbuena, vicedecana da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.
Podemos destacar as súas obras:

Trigos de cultivo tradicional en Galicia: caracterización botánica y agronómica, escrita en colaboración con Mª Isabel Fraga Vila e publicada pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Guía das orquídeas de Galicia, escrita en colaboración con Carlos Cortizo Amaro e publicada na editorial Baía.
Con esta guía pretenden dar a coñecer ese pequeno tesouro da natureza galega que son as orquídeas. Expoñen aspectos como a súa morfoloxía, bioloxía ou distribución que permitirán adquirir unha visión global sobre elas, así como fichas de cada especie, cunha completa selección de fotografías.

6/4/10