26/3/10

Recomendacións en Radioleiros



Títulos recomendados o venres 26 de marzo:
- Infantil (nenos-as menores de 6 anos)
"La ovejita saltarina" de Klaartje van der Put editado por Bruño.
Para os-as máis pequenos-as e pertencente á colección "Librodedos". Pensado para potenciar o enfoque lúdico da lectura traballando co tacto, usa os animais como motivo, neste caso unha ovella.
- Mozos-as e adultos-as:
"Epistolario a Fernández del Riego" de Ricardo Carballo Calero en Galaxia
Desde os anos trinta ata mediados dos anos oitenta, Carballo Calero e Fernández del Riego mantiveron un frecuente trato epistolar que é un percorrido pola historia contemporánea galega, desde a II República ata finais do século XX, pasando por todas as vicisitudes laborais, políticas e familiares acontecidas durante o franquismo. Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


25/3/10

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera: venres 26 de marzo

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera o venres 26 de marzo ás 18:30 para escoitar a Rato Pillo da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "Historias de ratiños: O baño, Nubes, Rato vello, A viaxe"

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 25 de marzo


Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 25 de marzo ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Mamá Ratiña da Compañía Trinke Trinke contará: “Piratas de xabrón”, "Buh!". Para os-as maiores de 6 anos Pablísimo contará: "Pequerrecho, pequerrechiño”, "O pescador e a súa muller".

24/3/10

"Feirantes" no Teatro As Torres: 24 de marzo


Perto de 60 alumnos-as do IES María Casares (4º ESO e 1º Bacharelato) participaron no Teatro As Torres de Santa Cruz na actividade "Feirantes" sobre a obra "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro, representada por Artestudio Teatro. Esta actividade enmárcase dentro dos programas das Bibliotecas Municipais e a promoción da lectura cos centros de ensino do Concello.

23/3/10

Hora do conto na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: mércores 24 de marzo

Ola: espérote na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz o mércores 24 de marzo ás 18:30 para escoitar a Fran Insua na hora do conto. Os títulos serán: "Os narices do rei", "Por se non cho dixen", "Que fai un crocodilo polas noites?"

Hora do conto na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: martes 23 de marzo

Ola: espérote na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove o martes 23 de marzo ás 18:30 para escoitar a Pablísimo na hora do conto. Os títulos serán: "Pequerrecho, pequerrechiño", "O pescador e a súa muller"

Tertulia Literaria en Rialeda: 24 marzo 2010 (Grupo A)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)

Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "La ternura de los lobos" de Stef Penney

Consulta e descarga a nosa documentación

Obras de Stef Penney nas nosas bibliotecas

22/3/10

Encontro co escritor Rubén Ruibal: 23 de marzo

Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Hora: 10,30 h.
Destinado ao alumnado de 2º de Bacharelato do I.E.S. María Casares

Rubén Ruibal (Ribadeo, 1970) traballou como actor, axudante de dirección e director nas compañías Teatro de Aquí, Teatro Cachuzo e Centro Dramático Galego entre os anos 1994 e 2004. Formouse no mundo do teatro durante os dez anos que colaborou con Roberto Vidal Bolaño na compañía Teatro do Aquí. En 2000 formou, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que levou á escena os seus textos teatrais Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003). Patatín & Patatán Superproductions representou as súas obras Trafic, arroz mubi (2004) e ¡Triumfadores! (2005). Logo do peche da compañía Teatro do Aquí, tras a morte de Roberto Vidal Bolaño, dedicouse a escribir, logrando o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2005 con Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) (Xerais, IGAEM, 2006, Premio Nacional de Teatro, 2007). Con Peter Buckley, un firme traballador da derrota, escrito xunto con César Candelas, recibiu o Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega no ano 2009. Os seus textos máis recentes: Estigma (escrito xunto con Jacobo Paz e Vanesa Sotelo), Delimvois (Xerais 2009), ¿Onde andas, Karl? e Cambios de destino foron estreados polo Centro Dramático Galego, a Oficina de Guimaraes, a Escola de Teatro de Narón e Teatro en Punto. Actualmente é o coordinador da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña.
(fonte: Xerais)

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 22 de marzo

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 22 de marzo ás 18:30 para escoitar a Pablísimo na hora do conto. Os títulos serán: "Pequerrecho, pequerrechiño", "O pescador e a súa muller"