27/10/17

Ler conta moito e actividades infantís: de 30 de outubro a 3 de novembro 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdfTodas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 30 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638) 
ARTISTA: Pakolas
ESPECTÁCULO: “As parábolas de Pakolas”


Biblioteca Central Rialeda. Perillo 
Xoves 2 de novembro
Para nenas-os a partir de 4 anos 
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511) 
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Se eu digo vai... contos da tía María”
Venres 3 de novembro
Para nenas-os a de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)      
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: “Contos encantados”

Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 27 outubro 2017

https://youtu.be/5hI2z2Uh-d0
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1082102- Infantil (menos de 6 anos):

El jersey nuevo, de Oliver Jeffers
Andana

Os Huguis eran moitos, co mesmo aspecto e pensaban igual ata que Ruperto tivo a idea de tecerse un xersei novo: ser diferente comezaba a estar de moda.


Oliver Jeffers (1977), formouse en Irlanda e actualmente vive nos Estados Unidos. Ilustrador e escritor, ten participado en diversas campañas publicitarias para empresas e no ámbito da literatura infantil publicou, entre outros, títulos como Cómo atrapar a una estrella, De vuelta a casa, El misterioso caso del oso e El corazón y la botella.

- Mozos/as e adultos/as:

Galicia en guerra: espías, batallas, submarinos e volframio: do desfile da Wehrmacht en Vigo á fuxida dos criminais nazis, de Eduardo Rolland
Xerais

A participación de Galicia na 2ª Guerra Mundial é unha apaixoante historia oculta: o volframio galego alimentou á industria de Hitler, unha rede de espías alemáns e aliados operaban nos portos galegos mentres os submarinos U-Boot se abastecían en Vigo e Ferrol. Un estudo detallado deste xornalista vigués de plena actualidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Samaín na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/manuel-maria-oleiros
"Samaín... Samhuin, Sammonios, Sammas... a noite máis perigosa do ano, as ánimas dos defuntos andaban vagamundas"
(Rafael López Loureiro)

Perde o medo e achégate á Biblioteca "Manuel María" de Oleiros onde che esperan arrepíos e pesadelos para celebrar a noite máis escura.

24/10/17

Exquisiteces para celebrar o día da biblioteca, 24 de outubro

https://www.mecd.gob.es/cultura/areas/libro/mc/observatoriolect/redirige/destacados/2017/octubre/mundo-bibliotecas/dia-biblioteca-2017.html
A Biblioteca Central Rialeda presenta Exquisiteces para celebrar o 24 de outubro, día da biblioteca

24 propostas de lectura para satisfacer os gustos máis esixentes. Unha cata a cegas de literatura con vocación de deixar pegada. Ven e proba!