8/4/16

Hora do conto e obradoiros infantís de 11 a 15 de abril de 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23314.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 11 de abril
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
MONITORADO: Leo Leíño
ACTIVIDADE: “Maxia cómica”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 12 de abril
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Ratiña Carolina de Trinke Trinke
TÍTULO: “O caracol namorado”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 13 de abril
Para nenas-os de 5 a 10 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Magín Blanco
TÍTULO: “Libros En-cantados”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 14 de abril
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyère de Trinke Trinke
TÍTULO: “Contos de primavera”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 14 de abril
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULO: “Ese queixo queixolán”

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 15 de abril
Para nenas-os maiores de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
MONITORADO: Viravolta Títeres
ACTIVIDADE: “Obradoiro de marionetas de papel”

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

Recomendacións en Radioleiros: 8 de abril 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/41602376/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1203699&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20nena%20mar- Infantil (nenos-as de 10 a 12 anos):
"Nena e o mar", texto de Érica Esmorís e ilustracións de Dani Padrón, en Xerais.
Premio Merlín de Literatura Infantil 2015.
Porto Balea é unha vila mariñeira na que a maioría dos seus habitantes decidiron non volver a pescar ao mar. Só Otto segue a saír mentres deixa a súa filla, orfa de nai, ao coidado duns veciños, pero un día non volve debido a que naufragou cerca da Illa das Sereas. Por ese motivo, a súa filla decide embarcar nun pequeno bote e saír a buscalo...
Unha fermosa obra de aventuras, esperanza e valentía.

- Mozos-as e adultos-as:
"Cactus" de Rodrigo Muñoz Avia, editado por Alfaguara.
Agustín ten 37 anos, e perdeu o traballo, a parella e a casa, polo que decide marcharse durante o verán á Universidade de Stanford, en California, para asistir a un curso sobre
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1201217
cactos. El non sabe nada dese tema, pero con tal de cambiar de aires, elixe irse.
Di o autor que é unha novela “sobre como buscarlle sentido á existencia, cando se perdeu todo, pero sen dramas, porque é unha historia para rirse”. Un libro que no que o seu protagonista intenta fuxir da súa realidade con humor e ironía.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/4/16

Tertulia literaria en Santa Cruz: 4 abril 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.alohacriticon.com/literatura/escritores/elizabeth-gilbert/Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "La firma de todas las cosas" de Elizabeth Gilbert.

A seguinte obra programada é "Una casa en Amargura" de Elisa Vázquez de Gey.

Inicio 3º trimestre na Tertulia Literaria de Rialeda (grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-23627.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 3º trimestre coa seguinte programación:

- "La buena reputación" de Ignacio Martínez de Pisón
- Obra poética de Manuel María
- "Alguien" de Alice McDermott
- "Soy Pilgrim" de Terry Hayes

Datas:
- Abril: días 13 e 27
- Maio: días 11 e 25
- Xuño: día 8

Nestes intres o grupo está completo. Non se admiten novas inscricións durante esta tempada.

Inicio 3º trimestre na Tertulia Literaria de Rialeda (grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23626.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 3º trimestre coa seguinte programación:

- "Adiós Hemingway" de Leonardo Padura
- Obra poética de Manuel María
- "Un paraíso inalcanzable" de John Mortimer
- Última lectura pendente de decidir

Datas:
- Abril: días 6 e 20
- Maio: días 4 e 18
- Xuño: día 1

Nestes intres o grupo está completo. Non se admiten novas inscricións durante esta tempada.

Inicio 3º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias

Datas:
- Abril: días 4 e 18
- Maio: días 2 e 23
- Xuño: día 6

Nestes intres o grupo está completo. Non se admiten novas inscricións durante esta tempada.

"Libros en libros": exposición en Rialeda para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil

http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php
Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil deste ano confeccionamos a exposición bibliográfica "Libros en libros" para nenos-as de 4 a 12 anos que podes visitar na sala infantil-xuvenil da Biblioteca Central Rialeda.

Porque cada libro pode ser unha pequena biblioteca que conteña outros dentro de si. Historias que nos falan de títulos que fascinan aos-as protagonistas e personaxes que poboan os libros. 

Autores-as que se sinten engaiolados-as por aqueles contos que escoitaron ou leron e queren amosárnolos a nós. 
Moitos mundos dentro dun só mundo ou cando os libros falan de si mesmos: "Libros en libros".