A horta de Simón, de Rocío Alejandro
Kalandraka
X Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados 2017
Chegou a primavera, e Simón, como todos os anos, plantou as súas cenorias: construíu un valado, preparou a terra, sementounas e pouco a pouco foron medrando. Ao cabo dunhas semanas estaban listas para ser recollidas. Pero ao velas os seus amigos déronlle ideas para plantar leitugas, tomates, berenxenas, millo... Ao principio a horta é só de Simón, pero despois compartiraa cos demais.

Fermoso e ecolóxico álbum, ilustrado en tons ocres, que lles ensina aos nenos e ás nenas a importancia da amizade, de compartir e a convivir coa natureza. Recomendámolo para a súa lectura e tamén como un bo agasallo de Reis.
- Mozos/as e adultos/as:
Volver a casa, de Yaa Gyasi
Salamandra
Premio Pen ao mellor debut de ficción
Unha novela que nos fala de colonialismo e de escravitude, de como era a vida na Costa do Ouro en África, da trata de escravos levada a cabo polos británicos, da situación dos escravos e dos inmigrantes negros en Estados Unidos e do racismo que tiveron que soportar.
Consta de dúas partes e desenvólvese na costa suroccidental de África (a actual Ghana) e en Estados Unidos, desde o século XVIII ata a actualidade.
Consta de dúas partes e desenvólvese na costa suroccidental de África (a actual Ghana) e en Estados Unidos, desde o século XVIII ata a actualidade.
Effia e Esi son dúas irmás que nunca chegarán a coñecerse. Son fillas da mesma nai, pero de pais diferentes e pertencentes a dúas etnias distintas. Effia é obrigada a casarse cun gobernador inglés e a residir nunha fortaleza na costa de Ghana. Pola contra, Esi é capturada e enviada como escrava ao sur de Estados Unidos.
A narración da vida destas dúas mulleres e da súa descendencia estrutúrase en torno a doce personaxes. Cada capítulo leva por título o nome dun deles, cun fondo histórico distinto, ata chegar á actualidade. Con Effia veremos a forma de vida nesta zona de África. Como diversas etnias colaboraban no comercio dos escravos cos británicos. Con Esi coñeceremos a situación dos escravos e dos inmigrantes negros en Estados Unidos.
Asistiremos a importantes acontecementos históricos como as guerras tribais entre distintas etnias africanas, á chegada dos misioneiros a África, ao nacemento do movemento de independencia na Costa do Ouro, pero tamén, á loita polos dereitos civís en Estados Unidos, ao renacemento de Harlem nos anos vinte e ao problema da heroína nos anos setenta.
Unha obra moi interesante na que a autora soubo condensar, mesturando intimismo e historia, tres séculos de acontecementos sociais e políticos de dous países distintos. Sen dúbida unha boa elección para agasallar no día de Reis.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.