Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz.
De 18,30 a 20 horas.
- Comentario de "La geometría del amor" de John Cheever.
- Entrega de "Nosotras que nos queremos tanto" de Marcela Serrano.
Obras de John Cheever nas bibliotecas do Concello de Oleiros.
26/10/12
Recomendacións en Radioleiros: 26 de outubro
- Infantil (a partir de 4 anos):
Entrañable álbum ilustrado sobre a vida dunha árbore.
Fálanos dunha árbore que vivía feliz nun bosque, ata que un día todo cambiou. Con fermosas ilustracións a toda cor, que ocupan a totalidade das páxinas e moi pouco texto, vainos mostrando como vivía esta árbore, os cambios que se producían nela nas distintas estacións, como era feliz no medio doutras árbores...
Un conto sobre o ciclo da vida, que ensina aos nenos e nenas a amar a natureza e a importancia de respectala, coidala e conservala.
- Mozos-as e adultos-as:
Simpática novela que trata dun científico, o doutor Alfred Jones, membro do Centro Nacional para o Fomento da Piscicultura, ao que lle encargan a introdución do salmón en Iemen, proposta que, inicialmente, el rexeita rotundamente debido as características naturais que necesitan estes peixes: de auga, temperatura, etc.; pero detrás dese proxecto está un “jeque” árabe que, custe o que custe, quere levar ao seu país natal esta pesca deportiva. Todo se complica co asesor do Primeiro ministro que ve unha maneira de proxectar o seu futuro político e segundo di el, de mellorar a imaxe do Reino Unido en Oriente Medio. Convénceo de que ese proxecto comprende moitos aspectos positivos: ecoloxía, vínculos deportivos cun país árabe aínda non suficientemente alineado cos intereses británicos, tecnoloxía occidental laica que aporta melloras a un país islámico, etc.
No Centro ameázano, ou se encarga do proxecto ou o despiden, polo que o encargo ponse en marcha e o científico ten que reconsiderar o seu informe. Para levar a cabo este desexo hai que construír un hábitat artificial nos ríos iemenís e trasladar eses peixes alí desde as frías augas de Escocia, Islandia,... Este traballo, con todos os seus avatares, farao cambiar persoalmente así como a relación coa súa muller.
Ao ir lendo vemos que todo está contado con diferentes formas: cartas, correos electrónicos, notas internas, o diario do propio doutor, actas de sesións, etc, incluso algún texto de Al-Qaeda que considera a implantación do salmón contraria ao espírito do Islam.
Divertida obra que nos presenta con humor unha historia de amor, xunto cunha crítica política ao mesmo tempo que nos fala dos encantos da pesca deportiva do salmón. Unha narración que engancha e que nos obriga a seguir lendo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
23/10/12
Conmemoración do Día da Biblioteca (24 de outubro) nas Bibliotecas Municipais de Oleiros
O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros realizará, desde o 19 ao 30 de outubro, unha serie de actividades para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro).
Nas oito Bibliotecas Municipais de Oleiros, o día 24, agasallaremos cun libro aos/ás novos/as socios/as e tamén a todos/as os/as usuarios/as que leven, ese mesmo día, algún fondo bibliográfico (libro, DVD, CD) en préstamo.
Actividades nas que podes participar:
1. Xoves, 25 de outubro: CONTACONTOS con Pavís-Pavós. Narrarán “A vaca que puxo un ovo”, “Oh!”, “Tío Lobo”, “Rei e rei”, “A granxa” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
2. Exposicións bibliográficas: "Ana María Machado, Premio Iberoamericano SM de LIJ 2012” e "Kalandraka Editora, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
4. Tertulias Literarias (para mozos/as, adultos/as), o mércores, 24 de outubro de 17.30 a 19.30 h. Entregarase a obra de Philip Roth, “La mancha humana”.
Na Biblioteca Pública Municipal Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro, Santa Cruz:
1. “Cantos máis da casa me leron”, escolla de libros infantís, xuvenís e de adultos/as, aos que se lle incorpora unha lapela para que todas as persoas da casa ou amigos que os lean escriban o seu nome. Ten como finalidade acercar o fondo a novos/as usuarios/as e posibles socios/as que estean relacionados dalgún xeito con persoas que normalmente utilizan o préstamo.
2. Mércores, 24 de outubro: CONTACONTOS con Andrea Bayer que contará “As xirafas non saben bailar”, “Os tres porquiños”, “Panatas non sabe nadar”, “O home do saco ten medo á escuridade” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
3. “Sopa de títulos”, actividade de carácter lúdico, dirixida aos usuarios/as que asisten diariamente á biblioteca, e que consiste na búsqueda de títulos de libros recentes, nos paneis que se colocarán na entrada da biblioteca.
4. Mostras bibliográficas: "Ana Maria Machado, Premio Iberoamericano SM de LIJ 2012”; "Editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”, “Jane Goodall e o mundo dos chimpancés”
1.Taller de creación de marcapáxinas conmemorativos do Día da Biblioteca.
2. Venres, 19 de outubro: CONTACONTOS con Ramiro Neira. Narrará “O concurso de beleza”, “O pozo da mentira”, “Engurras”. (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
3. Exposición bibliográfica: "Ana Maria Machado, Premio Iberoamericano SM de LIJ 2012”
1. Un encrucillado infantil para a xente miúda.
2. Propostas de debuxos co tema da lectura e dos libros, para usuarias/os de educación infantil e primaria.
3. Exposición de libros para adultos/as considerados de gran calidade, literaria, científica, etc.
5. Selección de libros da editorial galega Kalandraka, recoñecida co “Premio ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012”.
6. Elaboración de carteis alusivos á celebración.
7. Venres, 30 de outubro: CONTACONTOS con Pablísimo e os seus “Contos frikis” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
Na Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca", Montrove
1. Martes, 23 de outubro: CONTACONTOS coa Avoa Violeta da Compañía do Trinke Trinke, que contará “O bidueiro de prata “, “Aínda nada?” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
2. Pasatempos: Encrucillados e Sopa de Letras.
3. Exposición bibliográfica: “Contos de biblioteca”.
4. Exposición: "Libros da editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
1. Pasatempos: Encrucillados, sopa de Letras, baixo o lema “A Biblioteca e o seu contido”.
2. Exposicións bibliográficas: "Ana Maria Machado, Premio Iberoamericano SM de LIJ 2012”, "Editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
3. Luns, 29 de outubro: CONTACONTOS con Soledad Felloza, e os Contos de Magosto “El esqueleto ladrón”, “La pelusa asesina”, “Tuma la catumba”(Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
1. Venres, 26 de outubro: CONTACONTOS a cargo de Marisa Irimia cos títulos “O paraugas máxico”, “O pirata naufragado”, “Chocolata” (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos)
2. Obradoiro de marcapáxinas.
3. Exposición bibliográfica: "Fondos da editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
1. Mércores 24 de outubro: CONTACONTOS con Marisa Irimia que narrará "A avoa Pepa e o coco...", "Un cuíño independente" (Actividade para nenas e nenos menores de 10 anos).
2. Exposición bibliográfica: "Editorial Kalandraka, Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural 2012”.
3. Pasatempos baixo o lema: “Como te ves na biblioteca”, sopas de letras, escribe a túa opinión sobre a biblioteca, concurso de debuxo.
22/10/12
Geronimo Stilton no Teatro "As Torres" de Santa Cruz: 22 de outubro
Este especial encontro foi organizado polo CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz: realizouse un contacontos co rato máis famoso e misterioso do momento, Geronimo Stilton, no Teatro "As Torres" de Santa Cruz.
Esta actividade foi posible grazas a unha promoción do grupo editorial Planeta que foi ofrecida a este centro xa que a alumna Sabela Lage de 4º curso gañou un sorteo para celebrar os 100.000 socios do “Club de Geronimo Stilton”.
Asistiron os/as alumnos/as dos cursos de 3º, 4º e 5º de Primaria.
A serie de libros deste famoso roedor (creados pola escritora italiana Elisabetta Dami, que asina como o escritor ficticio Geronimo Stilton) narra as aventuras, historias e misterios do rato chamado Geronimo Stilton, escritor e director do xornal "El Eco del Roedor", que vive nunha illa ficticia denominada “Illa dos Ratos”. Stilton é un bibliófilo e melómano, amante da música clásica e da tranquilidade, aínda que as súas aventuras son sempre axitadas.
Stilton ten unha gran familia: Trampita, o seu curmá; Tea, a súa irmá; o seu sobriño Benjamín e Torcuato, o seu avó.
RATÓNIDOS SAÚDOS SR. STILTON!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)