9/5/14

Ler para saber A CIENCIA: 9 de maio

AVISO IMPORTANTE!!!
Por motivos de saúde, ANÚLASE a charla científica do arqueólogo Antón Fernández Malde A TORRE DOS MOUROS NOS TEMPOS DOS VIQUINGOS. A LUZ DA ARQUEOLOXÍA PARA ÉPOCA ESCURA que ía ter lugar este venres, 9 de maio, ás 18.30 horas na Biblioteca Central Rialeda en Perillo.
Desculpen as molestias.

Recomendacións en Radioleiros: 9 de maio

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=108825- Infantil:
"O refugallo" texto de Paula Carballeira e ilustracións de Dani Padrón, en Xerais.
Esta obra teatral obtivo o VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, cun texto en seis escenas e catro personaxes que tentan construír un barco a partir do refugallo do vertedoiro no que viven. Aparentamente “inocente”, O refugallo contén unha denuncia social, un alegato ecolóxico e unha aposta pola non violencia, pulando pola vontade para cambiar o mundo. Dani Padrón como ilustrador, supón un magnífico complemento estético ao traballo de Paula Carballeira.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"Orlando pendurado" de Goretti Fariña, editado por Xerais.
Orlando sofre un accidente laboral e mentres está pendurado dunhas correaxes de seguridade, ten tempo a repasar mentalmente todos os sucesos últimos da súa vida. Con ritmo preciso e áxil adxectivación, Goretti Fariña preséntanos unha historia con humor, crítica social e unha contraposición de universos como o rural e o urbano. Este texto foi
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=101129
Premio de Novela Curta “Cidade Centenaria de Riveira”.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/5/14

8 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz

http://craneomortem.blogspot.com/
Obradoiro de banda deseñada na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz a cargo de Manel Cráneo:

8 de maio:
- Ás 09:30 h. para alumnado de 6º B de Primaria do CEIP Parga Pondal.

O ilustrador Manel Cráneo achégase á Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz para amosar o proceso de creación dun álbum de banda deseñada. Se queres coñecer máis sobre el e a súa obra, accede aos seus blogs Cráneo Mortem e Planeta Mincha, ou descarga este folleto.

7 de maio: "Contos terribles" con Pablísimo na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.pablisimo.es/
Na Biblioteca de Santa Cruz haberá contos terribles, terroríficos, espantosos e horripilantes... contos de monstros, dragóns, lobos... unha sesión de risa para quitar o medo de enriba! Espectáculo de contacontos, lendas e tradicións populares con monicreques, láminas e obxectos, a cargo do contacontos Pablísimo, para alumnos-as do CEIP Parga Pondal:

- 10,20 h. - Educación Infantil 4 anos A e B.

- 12,00 h. - Alumnado de 3º A e B de Educación Primaria.

6/5/14

Tertulia literaria en Rialeda: 7 de maio (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El tren pasa primero" de Elena Poniatowska.
Documentación
Obras de Elena Poniatowska nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "El reflejo de las palabras" de Kader Abdolah.

6 de maio: Presentación do libro "Marxinados" de Pepe Carballude no Auditorio "A Fábrica"

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-17851.pdf
Martes 6 de maio
Ás 20 h. en A Fábrica de Perillo

Presentación do libro Marxinados de Pepe Carballude, actividade organizada polas Bibliotecas municipais de Oleiros en colaboración coa editorial Galaxia.

Pepe Carballude é escritor, tradutor e profesor de latín do Instituto Neira Vilas de Perillo. Aparte da súa traxectoria profesional na que destacan traducións de poetas latinos ou a obra A vida diaria dos romanos, ten un longo percorrido na literatura galega, podemos dicir que é un dos escritores principais de literatura infantil e xuvenil galega con títulos como:  Investigación 091, O talismán dos druídas, Xograres dun tempo novo, Miña avoa ten 13 anos, Andainas de Pedro Chosco, SOS, ¡Maldito DNI!, Paisaxe con fondo gris, Andrea quere ser maior, Romaxe de desventuras, A fraga misteriosa,  De como o Santo dos Croque se fai peregrino co que obtivo o Premio Barco de Vapor de literatura en galego no ano 2002, O deus desaparecido Premio Barco de Vapor de literatura en galego no ano 1990 ou Os gazafellos Premio Barco de Vapor en 1986, etc.

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111254Marxinados é unha historia fermosa e emotiva de nenos e adolescentes que viven nun centro de menores, fálanos dun mozo que destacaba como xogador de baloncesto pero que un día decide deixalo e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. Está alí para botar unha man a nenos e nenas que, coma el, foron excluídos por unha realidade que os puxo fóra: pais e nais atrapados na miseria, nas drogas... Pero tamén está alí a causa dunha historia de amor. Unha novela para pensar e reflexionar sobre as persoas que non poden facer nada por cambiar as cousas, pero tamén unha novela para pensar e reflexionar nas persoas que as cambian para mellor, todos os días. Un conmovedor libro que nos chega a todos ao corazón e que non deixa indiferente a ninguén.

Letras Galegas 2014: Homenaxe de Fuxan os Ventos a Xosé María Díaz Castro

http://www.pinterest.com/pin/520095456939714431/
Mentras o grupo Fuxan os Ventos prepara un novo traballo discográfico, vai sumarse á celebración do Día das Letras Galegas cunha pequena homenaxe a Xosé María Díaz Castro

O grupo ven de colgar na rede, de xeito gratuito, unha nova versión do poema máis coñecido e versionado do autor: Penélope, que recolle un recitado do propio Díaz Castro
Fuxan para esta ocasión contou coas colaboracións de Xosé Lois Romero no acordeón, Alejandro Masafret "Masa" no baixo e Roi Adrio na percusión. O vídeo foi dirixido e realizado por Melania Freire Vázquez e Hadrián Gómez Vázquez.
http://youtu.be/kQKUCvjHpTE

5/5/14

6 de maio: charla-coloquio sobre o escritor Xosé María Díaz Castro na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro

 http://www.pinterest.com/pin/520095456939714431/O día 6 de maio, ás 10:30 horas, terá lugar unha charla-coloquio sobre o escritor Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas 2014, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, situada no Centro Cultural As Torres de Santa Cruz, a cargo do profesor, escritor e crítico literario Armando Requeixo. Esta actividade, organizada polas bibliotecas municipais de Oleiros, está dirixida a alumnado de 3º e 4º de ESO do Instituto Neira Vilas e do Instituto Miraflores e nela participaran sobre 160 alumnos/as e 9 profesores/as destes centros.
 
Xosé María Díaz Castro foi un escritor e tradutor galego. A súa obra Nimbos, publicada pola editorial Galaxia, tivo moita influencia en poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e por tratar os problemas básicos do ser humano: a vida, a morte e o tempo. Un dos seus poemas máis coñecidos é o titulado Penélope, no que reflexiona sobre Galicia. A Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas deste ano coincidindo co centenario do nacemento do autor.

 O profesor, escritor e crítico literario Armando Requeixo realizou a tese doutoral sobre a “Obra completa de Xosé María Díaz Castro. Estudo e edición crítica”. 

Existen numerosos recursos na Rede que amosan a grande creatividade que existe en centros educativos de toda Galicia para dar a coñecer a biobibliografía de Xosé María Díaz Castro. Ofrecemos o seguinte:

6 de maio: Caxoto n' As Torres de Santa Cruz

http://gl-es.facebook.com/people/A-Trastenda-Dos-Contos/100003361568039
N' As Torres de Santa Cruz.
Ás 12:00 h.


 
O contacontos Caxoto celebrará unha sesión titulada "Un conto de tres noites", adaptación do conto de Xabier P. Docampo, para alumnado dos grupos A e B de 4º de Primaria do CEIP Parga Pondal.