Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.20/5/22
Hora do conto e actividades infantís: 26 de maio 2022
- Todas as sesións serán ás 18:30 h.
- Aforo limitado:
chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa
praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de
cada unha das sesións.
Xoves 26 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Solidariedade Internacional de Galicia
TÍTULO: “Irene nos Andes" Biblioteca Pública Central Rialeda (Perillo)
Xoves 26 de maio
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Marcos Escudero
TÍTULO: “Debuxando coa area"
AVISOS
Recomendacións en Radioleiros: 20 maio 2022
- Infantil (a partir de 10 anos):
Os peloteiros, de Patricia Mallo; ilustracións Dani Padrón
Galaxia
Os peloteiros, de Patricia Mallo; ilustracións Dani Padrón
Galaxia
Os Peloteiros Fútbol Club son o peor da historia deste deporte, sendo optimistas… pero todo ten remedio. Humor para rapaces e rapazas a partir de dez anos.
- Mozas/os e adultas/os:
Beleza vermella, de Arantza Portabales
Galaxia
Versión dixital en Galiciale
Un crime en Santiago de Compostela aparece representado como unha instalación artística. Intriga e odio nunha familia acomodada nun caso asignado ao comisario Abad e a súa axudante Ana Barroso.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
18/5/22
Inesquecible Domingo Villar
As Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros amosan o seu pesar polo recente falecemento de Domingo Villar. O escritor vigués, autor das celebradas novelas negras "Ollos de auga", "A praia dos afogados", "O último barco" (protagonizadas polo inspector Leo Caldas) xunto co libro de relatos "Algúns contos completos" editado o pasado ano, foi un revitalizador do xénero policial adaptándoo con gran éxito á nosa particularidade galega. A súa aceptación polas lectoras e lectores trascendíu as fronteiras galegas, sendo adaptada a súa segunda obra "A praia dos afogados" ao cine, con Carmelo Gómez no papel de Leo Caldas.
As súas obras foron lidas por moitas e moitos estudantes dos centros de ensino galegos, ao seren incluídas dentro do currículo desde hai varios anos.
O 29 de abril de 2008, tivemos o pracer de recibilo na Biblioteca Central Rialeda nun encontro literario a raíz da lectura da obra "Ollos de auga" nas Tertulias Literarias de Rialeda. Con bo humor, desbordando simpatía e deleitando tamén coa súa faceta de xornalista culinario, deixou un recordo imborrable.

Grazas polas lecturas e os bos momentos, Domingo!!!
Epístola de Aldaolado ás neofalantes: xoves 19 de maio ás 20:30 no Teatro As Torres (Santa Cruz)
Hora: 20:30
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
As poetas Lucía Aldao e María Lado válense da retranca que as caracteriza para poñer sobre a mesa unha reflexión sobre a situación actual da lingua galega e o seu futuro.
A combinación de recital de poesía, música en directo, xogos co público e improvisación é sempre característica dos espectáculos de Aldaolado. Nesta ocasión achégannos unha proposta na que unen emotividade e risas, e na que, dunha maneira desenfadada, se permiten rir de todo para facernos reflexionar sobre o que realmente importa.
Desde unha perspectiva crítica e comprometida co idioma, as dúas poetas artellaron este espectáculo onde a poesía, a música e sobre todo o humor -presente na narración oral que o envolve todo- están orientados a reafirmar a nosa lingua como unha lingua moderna, síntoma de coñecemento e cultura e, sobre todo, con moitas primaveras por diante por obra e graza das persoas neofalantes.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e a música destas poetas.

Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
9:45
No hay comentarios:
Etiquetas:
Día das Letras Galegas,
Letras Galegas,
Teatro As Torres
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 18 maio 2022 (Grupo A)
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17:30 a 19:30 h.
Comentario de Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo
Coa colaboración da profesora xubilada de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño.
Documentación
Seguinte lectura: Una educación, de Tara Westover

Suscribirse a:
Entradas (Atom)