- Infantil (maiores de 8 anos):
"Operación Frankenstein" de Fermín Solís. En El Patito Editorial.
Boris, Víctor e Elsa son tres irmáns moi listos e moi despertos, nunca se aburren, porque cando non están a estudar, axudan nas tarefas da casa e sempre teñen tempo para empregar a inventiva e a fantasía. Os seus inventos son ben coñecidos no barrio. Sacar o lixo un día e atopar os restos dun manequín, ademáis da película de Frankenstein son suficiente material para convertilos en científicos por un día.
- Mozas-os e adultas-os:
"Mujeres excelentes" de Barbara Pym. En Gatopardo.
Nun barrio do Londres da posguerra vive a protagonista e narradora, Mildred Lathbury, unha xove que vive soa desde que seu pai, vicairo anglicano, morrera. Ten o seu traballo e tamén ocupa o seu tempo en diversas tarefas da parroquia. A sensación que tes cando les os primeiros capítulos é de que a autora pretende que consideremos a protagonista como unha muller solteira, intelixente e observadora pero ao mesmo tempo tímida e insegura, que ten asumido o seu papel de solteira na sociedade, aínda que non descarta atopar algún día o amor da súa vida… pero realmente este concepto cambia radicalmente segundo a lectura avanza, a autora desenvolve o papel da protagonista, faina evolucionar e convértese nunha Mildred capaz de escoitar, de colaborar e sobre todo de solucionar.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.